lunes, 30 de abril de 2018

ESPECIAL RADIOFÓNICO: CIENCIA SOLIDARIA

Ciencia e solidariedade nun mesmo programa? Correcto, en Ciencia Solidaria celebramos os dez anos de Monferosolidario cunha das responsables, Yolanda Castro. Ademais, pasaron polo cole Margarita Vidal e Antonio Quintela, ACNUR para contarnos o seu labor humanitaria. E ciencia por que? Porque aproveitamos a semana da ciencia coa visita da profesora da UDC, Ana González e Lucía Mato, doutoranda. E, por suposto, os experimentos que fixemos da man e voz das nosas reporteiras invitadas Ariadna, Nerea e Andrea. Un programa feito polo alumnado de 4º de Primaria. Todo isto e máis en:

http://www.radioitinerantecreativa.blogspot.com

 

sábado, 28 de abril de 2018

OBRADOIRO SOBRE DROGODEPENDENCIAS PARA 2º ESO


A escola ten un papel importante á hora de fomentar nos adolescentes hábitos de vida saudables.
Desde o CPI Plurilingüe Virxe da Cela, co fin de desenvolver no alumnado a capacidade de asumir unha posición responsable ante o consumo de diferentes substancias e así poder adoptar libremente estilos de vida saudables, solicitamos a colaboración de Cruz Vermella de Betanzos, que durante catro sesións do mes de abril, o 3 e o 24, formou aos rapaces e rapazas de 2º de ESO sobre este tema.

Unha das actividades con máis éxito foi o “rosco de pasapalabra”.




VISITA A FP INNOVA GALICIA 2018


O 25 de abril visitamos o Congreso de Innovación na Formación Profesional que organiza a A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria na Cidade da Cultura de Galicia.
O alumnado de 2º, 3º e 4º de ESO puido gozar dunha magnífica ocasión para coñecer as posibilidades que ofrece a formación profesional a través da visualización en directo de diferentes proxectos de innovación e de proxectos empresariais de mini-empresas que institutos de secundaria e centros integrados de FP puxeron en marcha.

Ademais puideron experimentar en primeira persoa as novas tecnoloxías, coa participación nos obradoiros que se desenvolven de robótica (robótica colaborativa), impresión 3D (montaxe e funcionamento de impresoras 3D), electrónica, fabricación de drons, madeira, artes gráficas, estética, hostalaría ou industrias alimentarias.




martes, 24 de abril de 2018

WONDER: LA LECCIÓN DE AUGUST

August “Auggie” Pullman es un niño nacido con malformaciones faciales que, hasta ahora, le han impedido ir a la escuela.
El protagonista cuenta con el apoyo de sus padres y debe afrontar y superar el temor que siente. Con este filme, el director Stephen Chbosky, nos acerca el movimiento inclusivo que promueve que en la escuela se acepte la diversidad como algo normal y cotidiano, evitando la discriminación y facilitando la integración.




                                  Haz click en la imagen para descargar la ficha de trabajo

lunes, 23 de abril de 2018

XORNADA DE FORMACIÓN CME PARA PROFESORADO

Sábado 21 abril 2018. XORNADA DE FORMACIÓN CME PARA PROFESORADO












viernes, 20 de abril de 2018

A OUTRA CARA DA MOEDA


A outra cara da moeda é unha acción desenvolvida polo alumnado de 3º e 4º da ESO durante o último obradoiro da Campaña Mundial pola Educación (venres 20 de abril de 2018)

AGRADECEMENTO COCIÑA ECONÓMICA



ÚLTIMO OBRADOIRO CAMPAÑA MUNDIAL POLA EDUCACIÓN






Con este obradoiro realizado o pasado venres 20 de abril finalizamos a formación no Proxecta "Campaña Mundial pola Educación".  A modo de conclusión o alumnado de 3º e 4º da ESO fixeron un percorrido por todos os contidos e actividades traballadas ata o momento, encamiñadas todas elas a reflexionar e valorar a educación como motor de cambio. Finalmente, en pequenos grupos, deseñamos e levamos a cabo unha pequena acción na que estes xóvenes de Monfero e Irixoa sensibilizaron, denunciaron e difundiron propostas a través de diferentes vías e formatos. O vindeiro xoves 3 de maio asistiremos, xunto co alumnado e profesorado doutros centros galegos participantes no Proxecta CME, a un acto de mobilización onde esixiremos aos nosos gobernantes un compromiso serio para mellorar e garantir a educación de todos e todas. E como punto final deixamos a continuación as cariñosas palabras de Roi Gutierrez, resumindo o seu paso polo noso centro e as súas impresións máis persoais. Moitas grazas, Roi, e ata pronto!!

O pasado venres día 20 de abril foi a miña última visita dentro da CME 2018. Persoalmente, esta foi a miña primeira vez no CPI Virxe da Cela de Monfero e non podía ser máis acolledora. En AGARESO  percorremos todos os anos diferentes centros en Galicia, e cada un ten unha cousa que o fai especial, no caso de Monfero creo que é a calor. Explícome, porque o primeiro día que fun, alá por febreiro, nevaba polo camiño! Pero a calor sentina dende que entrei e fixen a primeira parada na aula de profesores, onde Yolanda e Verónica encargáronse de facerme sentir como en casa: cómodo e a gusto.

No CPI Virxe de Cela estase a gusto, estano as profesoras e tamén o alumnado. E claro, neste ambiente as persoas desfrutan e participan. Así, dende a primeira sesión a actitude dos rapaces foi de escoita, de atención e tamén de facer bromas, cando tocaba, ou de poñernos máis serios, cando tocaba tamén. Porque nas tres sesións que fun traballamos no activismo dende a conciencia e na conciencia dende a empatía. E para isto hai que saber pensar(se) e escoitar(se) e esta rapazada xa viña aprendida nestes valores.

A educación ten moitísimo poder, tanto que pode mover o mundo. E ese mundo xa comezou a moverse alí, no IES de Monfero, grazas a enerxía que se xera cada día. A que xeran alumnado e profesorado. Por iso foi tan cálida a miña chegada alí. Incluso nun día que nevaba, sentín que nesa escola había un espazo onde aprender, e moito me aprenderon eses rapaces e rapazas a min en tres días… Ata a próxima!

Roi Guitián


martes, 17 de abril de 2018

NACHO PORTERO



Con moitísimo cariño queremos difundir este emocionante mini-documental do noso ex-alumno e ex-compañeiro Nacho. Parabéns polo teu empeño e esperemos que sexas moi feliz e te sintas realizado xogando ao fútbol. Abrazos de todos/as os teus profes e compañeiros/as do CPI Virxe da Cela.

jueves, 12 de abril de 2018

CHARLA DE EX-ALUMNOS SOBRE AS SALIDAS ACADÉMICAS E LABORAIS

Co obxectivo de axudar ao alumnado a tomar as súas propias decisións, de guialo no seu proceso de autocoñecemento e de proporcionarlle información sobre diferentes estudos, o departamento de orientación organizou o venres, 6 de abril, unha mesa de experiencias onde ex-alumnos: Antonio González (estudante de Historia na USC), Sergio García (estudante de 1º de Bacharelato no IES de As Mariñas), ex-alumnas: Lorena Varela (xa traballando despois de cursar o ciclo superior de automatización e robótica industrial), Anaís Buyo (estudante de Educación Infantil na UDC), Ana Pena (estudante de 1º de Bacharelato no IES As Mariñas) e Julián Gómez (mestre de primaria do CPI) relataron a experiencia do seu itinerario académico e profesional ao alumnado de 3º e 4º de ESO, cursos onde o alumnado comeza  a definir o seu proxecto dun modo máis ou menos claro.
Grazas aos participantes na mesa polo relato da súa experiencia persoal, porque aínda que “non son expertos” como di Lorena no seu comentario, as súas vivencias enriquecen e abren inquietudes nos alumnos e alumnas que están a piques de tomar decisións importantes.


Un pracer contar coa súa presenza de novo no centro.

"Sempre gusta voltar ao lugar onde un foi feliz... E isto digoo despois de que o venres pasado a varios dos meus ex-compañeiros do ''cole do Xestal'' e máis a min nos convidaran a falar cos actuáis alumnos de 3º e 4º da ESO, para contarlles como foi a nosa vida ao sair da secundaria. Non somos expertos nin podemos decidir o que cadaquén vai ser nesta vida, pero nunca está de máis coñecer a experiencia doutras persoas para afrontar esta etapa coa maior seguridade posible. Non hai que ter medo ao cambio nin a madurar, é bonito aprender e formarse, pero aínda o é máis ver como pouco a pouco vas conseguindo todo o que te propós. Espero que os que estivéstedes nesa mesa de ex-alumnos, sepades coller as cousas boas que vos intentamos transmitir e que vos sirva para os próximos anos".

Un saúdo dunha rapaza con moita morriña! . Lorena Varela


Lorena

Julián

Antonio
Anaís
Sergio
Ana



lunes, 9 de abril de 2018

O CPI PLURILINGÜE VIRXE DA CELA GAÑADOR AUTONÓMICO DO CONCURSO ESCOLAR ONCE


O noso centro foi seleccionado como gañador autonómico  na 34 Edición do Concurso Escolar ONCE que nesta ocasión e baixo o Lema “Reinventemos xuntos unha escola para tod@s” invitou a os docentes e alumnos/as a traballar e reflexionar sobre unha escola inclusiva que permita abordar e responder á diversidade das necesidades dos alumnos e alumnas a través dunha maior participación na aprendizaxe, das actividades culturais e comunicativas e reducir a exclusión dentro e fora do sistema educativo.
O vídeo dos alumn@s de 1º ESO titulado “Apostamos polo i” reivindica unha escola con “i” de igualdade, ilusión, innovación, identidade, inxenio e inclusión.
O noso centro pasará agora a representar a Galicia na fase estatal, cuxa resolución se coñecerá a mediados de mayo.
 Os ganadores absolutos desta edición, gozarán durante unha fin de semana en Madrid do  “ Campus Reinventa a Escola", no que vivirán momentos “cheos de actividades e experiencias innovadoras”, con visitas culturais e obradoiros.
Toca esperar á ultima fase. Mentras tanto.... parabéns e moita sorte.


lunes, 2 de abril de 2018

DEIXAMOS A NOSA PEGADA!. SEMANA DE ACCIÓN MUNDIAL POLA EDUCACIÓN (SAME 2018). 23-29 ABRIL

               
Este ano baixo o lema “A educación o camiño cara á paz. Deixa a túa pegada!”, queremos visibilizar a situación da educación en contextos de conflito e emerxencia, destacando o papel fundamental da educación como a única forma de acabar coa intolerancia e a violencia tanto nas contornas educativas como no conxunto da sociedade, e como ferramenta imprescindible para favorecer unha resolución pacífica dos conflitos e promover unha cultura de paz.
Nos últimos anos observamos un incremento masivo dos desprazamentos forzosos de persoas, principalmente por mor de graves situacións de conflito, como o caso de Siria, pero tamén por culpa de desastres naturais derivados do cambio climático, a situación económica dos seus países de orixe ou por razóns de persecución política e relixiosa. Estes desprazamentos forzosos chegaron a un récord mundial  alcanzando os 65,6 millóns de persoas, privadas de moitos dos seus dereitos, entre eles o dereito á educación, e afectando especialmente a menores,que representan o 51% da poboación refuxiada do mundo.
A educación, unha ferramenta para a construción de paz
A paz empeza por rexeitar a violencia como mecanismo de resolución de conflitos. É fundamental que as persoas se eduquen nunha serie de valores que promovan a resolución non violenta dos conflitos: xustiza, liberdade, cooperación, respecto, solidariedade, a actitude crítica, o compromiso, a autonomía, o diálogo e a participación. No caso das sociedades afectadas por situacións de conflito e post-conflito, o dereito á educación é esencial para: a construción de paz e a promoción de sociedades máis cohesionadas, a protección da infancia, a normalización da vida e a efectiva reconstrución das zonas afectadas por conflitos.
No caso de España, a educación é fundamental para que os menores sexan conscientes das realidades que vive a infancia noutros contextos, para que recoñezan e eviten actitudes como o racismo e a xenofobia e recoñezan o valor da diversidade mediante a comprensión e o coñecemento.  En definitiva, o acceso á educación constitúe unha poderosa ferramenta para construír sociedades capaces de resolver os seus conflitos de maneira pacífica, tanto naqueles países que xa ven afectados por este tipo de situacións como nos que, como España, convértense en lugares de acollida. 

Prepárate para ser activista!  Deixa A túa Pegada!
Aquí  podes atopar as unidades didácticas para traballar a Campaña deste ano.
file:///C:/Users/Yolick/Desktop/SAME%202018/Unidade%20Did%C3%A1ctica%20en%20Galego.pdf