martes, 20 de marzo de 2018

ELAN INCLUSIÓN

VISITA ACNUR

Marga e Antonio, ACNUR. Charla sensibilización para alumnado ESO, martes 20 marzo 2018 de 10:35 a 11:25












A migración dos seres humanos é un fenómeno mundial e está presente en todas as épocas da historia e en todas partes do noso planeta.

Calquera proceso migratorio implica dous conceptos:
Emigración é a saída de persoas dun país, lugar ou rexión, para establecerse noutro país, lugar ou rexión.
Inmigración é a chegada a un país ou lugar de persoas procedentes doutro país ou lugar.
O fenómeno demográfico da migración é moi complexo e pode deberse a diferentes causas, algunhas delas son por causas bélicas ou conflitos internacionais, como no caso de Siria, onde a magnitude da emerxencia humanitaria é alarmante; por causas de inestabilidade política ou socioeconómicas, como acontece na rexión do Sahel.
Para coñecer algo máis desde fenómeno, o alumnado da ESO comeza a Semana da Ciencia escoitando a Margarita Vidal Maceira, promotora de ACNUR (Alto Comisionado de Nacións Unidas para a atención ao Refuxiado), axencia da ONU que, desde 1950, brinda asistencia e protección a todos os civís inocentes cuxas vidas corren perigo ao desatarse conflitos bélicos nos seus países ou como consecuencia de persecucións por motivos políticos, relixiosos ou sociais.
Durante os últimos 67 anos, ACNUR converteuse na axencia de axuda humanitaria con máis millóns de persoas baixo o seu amparo, axudando a salvar a vida de máis de 60 millóns de persoas e sendo a única galardoada co Premio Nobel da Paz en dúas ocasións (1954 e 1981).
Esta organización persegue protexer os dereitos e o benestar das persoas que teñen que migrar de maneira involuntaria ou forzada. O seu esforzo vai dirixido a garantir que todos e todas poidan exercer o dereito para solicitar asilo e atopar refuxio seguro noutro Estado, pero tamén a que teñan a posibilidade de regresar aos seus fogares de forma voluntaria ou de vivir noutro país.


lunes, 19 de marzo de 2018

XORNADA FORMATIVA: PROMOVER A PARTICIPACIÓN DENTRO DUNHA ORGANIZACIÓN









    O castelo de Santa Cruz (Oleiros) foi o espazo idílico que acolleu o pasado sábado 17 de marzo de 2018 o módulo 2 do programa de formación-acción en participación enmarcado dentro do proxecto “Horizontes 2030: Construíndo liderados positivos para unha xuventude galega transformadora”.
 A xornada comezou ás 10 da mañá, repartíndonos en dous grupos de traballo: por un lado a Xunta Directiva de Solidariedade Internacional Galicia e por outra banda o profesorado. Este último grupo reuniuse co obxectivo de potenciar un traballo  conxunto co fin ultimo de deseñar colaborativamente unha proposta educativa para levar as aulas o próximo ano. Unha proposta educativa baseada no paradigma da educación para o desenvolvemento e con perspectiva de xénero.

Ás 12:00 da mañá deu comezo a charla-coloquio con Haydeé Castillo, Directora do Instituto de Liderazgos las Segovias, que é a contraparte de SIG en Nicaragua.  Despois do xantar participamos todos e todas das dinámicas ofrecidas por Ana Lorenzo e antes do remate fixemos unha reflexión e un compromiso individual para poñer xa en práctica o aprendido.



viernes, 16 de marzo de 2018

O CPI VIRXE DA CELA GAÑADOR DA FASE PROVINCIAL DO CONCURSO ESCOLAR ONCE


Parabéns aos alumnos e alumnas de 1º da ESO do CPI Virxe da Cela por ser os gañadores da Fase Provincial no 34 Concurso Escolar da ONCEReinventemos xuntos unha escola para tod@s”.
O noso vídeo Apostasmos polo i” pasa directamente á Fase Autonómica.  Moita sorte… e seguimos apostando por unha escola con “i” de igualdade, ilusión, innovación, identidade, inxenio, inclusión, en definitiva unha escola IDEAL.
Parabéns tamén aos nosos compañeiros do CPI As Mirandas de Ares polos traballos realizados a prol da inclusión.





3º OBRADOIRO CME (CAMPAÑA MUNDIAL POLA EDUCACIÓN)








       A educación é vital para construír un futuro mellor pero… que pasa con eses millóns de nenos e nenas que están privados dela? Poñámonos a pensar na cantidade de persoas que teñen que fuxir dos seus fogares por mor dunha guerra, un desastre natural, ou mesmo na procura dunha vida digna... Poden pasar semanas, meses e incluso anos, e no devenir de todo este tempo eses nenos e nenas convértense en adultos ser formación e, por tanto, con menos posibilidades para gañarse a vida e sacar adiante ás súas familias. Poñámonos na pel desas persoas, empaticemos con elas, e expresemos en voz alta o noso sentir… 
      Isto é o que fixeron os rapaces e rapazas de 3º e 4º da ESO no 3º obradoiro da CME (Campaña Mundial pola Educación) que tivo lugar o pasado venres 16 de marzo de 2018. O resultado o podedes comprobar escoitando os audios destas testemuñas ficticias pero á vez tan reais… Roi Guitián, reporteiro de AGARESO (unha ONG galega de reporteiros solidarios) e encargado de impartir este obradoiro, fixo ao alumnado reflexionar sobre o enfoque que algúns medios de comunicación fan cando abordan as problemáticas da inmigración. Tamén achegou novas ferramentas (app Podbean) para que os rapaces/zas traballen a denuncia social e se convertan en activistas para a paz e a xustiza.

lunes, 12 de marzo de 2018

REINVENTEMOS XUNT@S UNHA ESCOLA PARA TOD@S. 34 CONCURSO ESCOLAR ONCE


Baixo o lema “Reinventemos xunt@s unha escola para tod@s” os alumnos e alumnas do CPI Plurilingüe Virxe da Cela de Monfero e o CPI As Mirandas de Ares , uniron esforzos para elaborar e realizar  unha serie de vídeos para o Concurso Escolar Once.  Con esta proposta a Fundación ONCE pretende sensibilizar aos alumnos/as, pais e nais, profesores e profesoras e a todo o resto da sociedade sobre a importancia de crear unha escola na que todo o mundo teña un oco e un lugar, dunha forma dinámica e en equipo, unindo as nosas forzas e ideas para construila xuntos.

Aquí podedes ver os videos realizados e presentados ao concurso escolar. Parabéns aos rapaces e rapazas dos dous centros polos guións que realizaron.


                                              1º ESO. CPI Plurilingüe Virxe da Cela

                 

3º ESO CPI Plurilingüe Virxe da Cela
               



1º ESO. CPI AS MIRANDAS
                

ESO. 2º A. CPI AS MIRANDAS
                 

3º ESO. CPI AS MIRANDAS
                  



CAMPAÑA DE SENSIBILIZACIÓN X RASTRO SOLIDARIO E OPERACIÓN QUILO 2018

Venres 9 marzo. Un grupo de alumnos/as de 1º da ESO percorre as aulas do CPI Virxe da Cela para repartir as circulares ás familias e sensibilizar ao alumnado da importancia da súa implicación no X Rastro Solidario e Operación Quilo 2018.










jueves, 8 de marzo de 2018

JÓVENES EN MOVIMIENTO. LUCÍA ABARRATEGUI

Lucía Abarrategui. Jóvenes en movimiento. El país con tu futuro.

 

8 DE MARZO: DÍA INTERNACIONAL DA MULLER



       Me parece buena idea darle más repercusión al Día de la Mujer en una sociedad tan machista como la actual. Realmente es triste, incluso indignante, que tengamos que reclamar la igualdad entre hombres y mujeres mediante una celebración cuando debería estar más que asimilado el concepto de la igualdad de género. 
       Con este comentario quiero reivindicar los derechos de la mujer en todos los ámbitos sociales y culturales porque es inimaginable que en pleno 2018 estén cobrando menos las mujeres que los hombres con iguales puestos de trabajo, que se planteen más darle un puesto de trabajo a una mujer (dudando de sus capacidades) que a un hombre. 
        Pero este problema no pasa sólo en el trabajo, por ejemplo: si tú le plantearas a alguien que te diga el nombre de un o una deportista te responderá, y te lo digo con seguridad, algún futbolista popular, algún jugador de la NBA o algún luchador de la UFC o de boxeo. Es bastante improbable que te responda el nombre de una mujer, ya que nuestra sociedad machista le da más repercusión a eventos deportivos masculinos que a femeninos. 
       Aunque todo esto está cambiando lentamente esto no quita que tenemos mucho que aprender, pero, recordad, los pequeños cambios (inclusión de mujeres en videojuegos deportivos, más repercusión en eventos organizados por mujeres, en general más reconocimiento a las mujeres) pueden cambiar, poco a poco, una sociedad entera. Hugo Lucía Romero (1º ESO).

miércoles, 7 de marzo de 2018

VISITA FUNDACIÓN REPSOL E FUNDACIÓN AYUDA EN ACCIÓN

Fundación Repsol colabora co programa Aquí también de Ayuda en Acción que loita contra a pobreza infantil en España

      Para o noso centro, o CPI Plurilingüe Virxe da Cela (Monfero), é todo un honor recibir a visita da Fundación Repsol e a Fundación Ayuda en Acción, xa que a través dun convenio de colaboración que se está levando a cabo nos últimos anos con estas institucións o noso alumnado pode realizar saídas extraescolares e utilizar ferramentas on-line de grande utilidade pedagóxica como Glifing ou Smartick, que potencian as habilidades matemáticas e lingüísticas do alumnado. 

      Esta visita realizouse o mércores 7 de marzo de 2018, e entre os asistentes figuraban Ignacio Egea (Vicepresidente segundo de Fundación Repsol), Lola Zamarra (Directora del Área Social e Voluntariado de Fundación Repsol), Marta Marañón (Directora de Relacións Institucionais de Ayuda en Acción), Beatriz Varela (técnico de Ayuda en Acción) representantes dos Concellos de Monfero e Irixoa, así como o presidente da ANPA do CPI Virxe da Cela, Jorge Pena. Mª Camino Pereiro González, directora da nosa escola, exerceu de fantástica anfitriona guiando a comitiva polas instalacións do centro e amosando o traballo que se está levando nas aulas grazas en parte ao financiamento destas entidades. 

     Despois desta parte “oficial” pasamos a unha comida máis informal. Arredor dunha mesa no comedor escolar e acompañados dun bo xantar os convidados descubriron moito máis sobre os nosos proxectos nunha charla animada na que saíron diferentes debates sobre a educación, o papel das familias, as dificultades de día a día, as nosas motivacións, os novos retos, etc. 

    Como postre doce a esta xornada realizouse o visionado do documental elaborado pola cosa compañeira Yolanda Castro no que aparecían reflectidas as actividades froito da colaboración con estas fundacións e finalmente Lucía Abarrategui e Sergio Pascual (Laboratorio Radiofónico) prepararon un especial radiofónico “Visita Fundación Repsol e Fundación Ayuda en Acción”. Os rapaces/zas de 4º de educación primaria foron os encargados de guiar este espazo radiofónico tan emotivo que chegou incluso a arrincar algunha lágrima aos asistentes. Podedes escoitar o podcast no noso blogue Monferosolario!!







 .








 O mércores 7 de marzo Ignacio Egea, Vicepresidente de Fundación Repsol, visitou varios centros educativos aos que apoia a Fundación en Galicia. Fundación Repsol contribúe á sustentabilidade  do programa  Aquí también de  Ayuda en Acción, co obxectivo de dar apoio á infancia e familias, que viven en condicións de vulnerabilidade e en risco de exclusión en España.

A visita comezou ás 9 da mañá no centro escolar de Meicende. Ao mediodía a comitiva trasladarase até A Coruña para percorrer as instalacións doutro  centro educativo e o itinerario finalizou en Monfero, onde os alumnos e alumnas manteron un diálogo cos representantes de Fundación Repsol e de Ayuda en Acción.

Actualmente, a colaboración de Fundación Repsol consiste en cubrir de libros de texto e material   escolar,   bolsas   de   comedor,   merendas   saudables   de   media   mañá   e excursións e saídas culturais para alumnado de distintos centros educativos da Coruña, Meicende e Monfero que forman parte do programa Aquí también de Ayuda en Acción. Estas axudas promoven a igualdade de oportunidades de nenos, nenas, novas e familias en risco de exclusión e contribúen ao normal desenvolvemento educativo e social do alumnado.

Así mesmo, dentro deste programa, Fundación Repsol apoia proxectos de innovación educativa nos centros educativos galegos, como o teatro, talleres de radio, un horto escolar e ferramentas online que melloran as habilidades lingüísticas e matemáticas do alumnado (Smartick e Glifing), así como as formacións realizadas na Escola de Pais e Nais dun centro educativo. Estas iniciativas melloran as habilidades do alumnado, a súa cohesión social, desenvolvemento educativo e contribúen á redución da desafección escolar e consecuentemente á súa permanencia no sistema educativo.

Ignacio Egea estivo acompañado pola  Directora da área Social e Voluntariado a Fundación, Lola Zamarra,  e pola Directora de Relacións Institucionais de Ayuda en Acción, Marta Marañón. Ademáis no Virxe da Cela esperábanos representantes dos Concellos de Monfero e Irixoa e o presidente da ANPA Jorge Pena.






CHARLAS DO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN



O mércores 21 de febreiro, viñeron a explicarnos do IES Francisco Aguiar de Betanzos, os diferentes itinerarios que o alumnado de 4º de ESO pode tomar unha vez remate a etapa. O 5 de marzo foron o director do IES As Mariñas e a orientadora quenes explicaron a este mesmo curso a súa oferta educativa. Animar ao alumnado de 4º de ESO a seguir investigando sobre as diferentes opcións para poder tomar unha boa decisión. E lembrade que o prazo para reservar praza no bacharelato vai do 1 ao 20 de marzo. Departamento de Orientación.


EU TAMÉN SON FEMINISTA. OBSERVATORIO DA MARIÑA PARA A IGUALDADE

"Grazas ao Observatorio da Mariña pola Igualdade que nos cedeu xenerosamente o photocall realizado pola artista ribadense Mónica Justo inspirado nas fotos de Maruxa Mallo na praia de Chile, esa muller que aínda que quizais non o fixo de modo planeado, abriu un camiño que outras seguiron. Cada 8 de marzo celebramos o Día Internacional da Muller, a unión de moitas mulleres no mundo vai facendo que se consigan pequenas vitorias para todas".








martes, 6 de marzo de 2018

AUDIOVISUAL "ELAS" 8 DE MARZO: DÍA DA MULLER



Para conmemorar o Día da Muller (8 de marzo) o alumnado de 1º da ESO quixo destacar o gran papel que xogaron na Historia mulleres como Marie Curie, María Wonenburger, Rosalía de Castro, Safo ou Clara Campoamor. En todas as esferas da vida (a ciencia, as artes, a política) houbo figuras que loitaron pola igualdade en tempos ben difíciles, épocas nas que a muller estaba relegada ao traballo da casa e aos coidados dos fillos; e eran os homes os que tiñan reservado o privilexio de escribir, investigar, teorizar. Moito se avanzou desde entón, de mais temos que seguir loitando e celebrando esta data tan importante.