miércoles, 31 de enero de 2018

UNIDADE DIDÁCTICA SOBRE A PAZ DE ENTRECULTURAS


DÍA DA PAZ NO CPI VIRXE DA CELA


     Comezamos esta xornada conmemorativa da Paz e da Non Violencia (martes 30 de xaneiro de 2018) coa visita do alumnado de 4º da ESO do CPI Virxe da Cela a todas as aulas do noso cole, repartindo entre profes e nenos/as os tradicionais adhesivos “Paz 18” e os folios vermellos que recollían o Manifesto Pola Paz, así como o símbolo da Paz. 
      Estas follas serían utilizadas pola tarde para recrear este impresionante círculo vermello “O Reto do Botón da Paz”, un pequeno xesto moi visual que pretende frear o conflito entre as grandes potencias EEUU e Corea do Norte. Esta acción foi o broche final a un acto no que todos os alumnos/as e profesores/as do centro reivindicamos o dereito á Paz Mundial a través da lectura dun manifesto e de varias poesías de poetas galegos: 
        Poema 1.- “Cantarola dos nenos”, de Xosé neira Vilas 
        Poema 2.- “O neno xabarín”, de Xosé Lois García 
       Poema 3.- “Ventos”, de Antonio García Teijeiro 
      Poema 4.-“Teño un corazón senlleiro”, de Celso Emilio Ferreiro 
   
      En resumo, esta xornada que estivemos a conmemorar baséase no principio de que todos –sen distinción de raza, ideoloxía, nacionalidade, lingua ou relixión- somos iguais, cidadáns da mesma terra e en consecuencia estamos e sentimos a chamada a ser máis humanos, a vivir a non-violencia e a traballar pola paz.


                    


martes, 30 de enero de 2018

MONFERO EN CLAVE FEMININA





       Dentro da materia de Igualdade de Xénero e en colaboración co Departamento de Orientación e Concello de Monfero, o alumnado que cursa a materia de Igualdade de Xénero, vai a realizar ao longo do ano, para concluílo e presentalo no último trimestre ao Concello e á propia comunidade educativa, un proxecto de investigación, que a parte de constituír o 50% da nota global da materia, acerca a realidade e o papel da muller no concello onde residen: Monfero. 
      O proxecto ten como obxectivos os sinalados anteriormente na materia pero ademais, mostrar e visibilizar a realidade das mulleres no entorno real dos alumnos e alumnas: os seus roles, as súas actividades de vida diaria, profesións, educación e formación, aspiracións, papel na familia, a valoración pola súa familia, parella, xefas e xefes, contorna, os estereotipos predominantes, as posibles situacións de trato e violencia, de discriminación ou non, etc. 
     Dentro do traballo do 1º bloque, entra a nosa visita o Concello de Monfero, e a entrevista feita polos alumnos da materia de Igualdade de Xénero, de 2º de ESO: Daniela, Hector Bouzeta e David Castrillón a Maica, (traballora social do Concello)que ademais de atender pacientemente e amablemente as nosas preguntas e aportarnos moita información, nos facilitou o II Plan de Igualdade de Oportunidades entre homes e mulleres, para poder traballar sobre el, e que nos facilita un amplo coñecemento sobre a realidade da temática que tratamos en relación o noso concello. Tamén pasou a saudar e deixarse entrevistar o Alcalde do Concello de Monfero. 
   Os nosos alumnos/a exerceron de pequenos repororteiros, con actidude critica e responsable, facendo non só pregreguntas axeitadas, se non tamén aportacións e opinións moi positivas e interesantes., que nos fixeron sentir moi orgullosas, sendo a experiencia moi positiva en canto a o seu comportamento e a opinión que nos transmitiron, sobre todo por coñecer de primeira man a realidade na súa contorna e de primeira man, a situación das mulleres.

lunes, 29 de enero de 2018

CIBERMANAGERS PARA A IGUALDADE







     Motivado polo alto índice de machismo na nosa sociedade e o incremento do mesmo entre os adolescentes, o departamento de psicoloxía de PantallasAmigas*, avalado pola Consellería de Igualdade da Xunta de Galicia, pon en marcha o proxecto “Cibermanagers para a igualdade”, baseado na aprendizaxe servizo solidario. É un proxecto intensivo que se desenvolve no CPI Virxe da Cela, dentro do programa “Por 365 días de respecto e igualdade”, coordinado entre o departamento de Educación Física, a través da materia de libre configuración “Igualdade de xénero” e polo departamento de orientación, ao longo da semana do 29 de xaneiro ao 2 de febreiro e que consta de varias fases: 

 Fase 1. Formación xeral para os grupos de 2º e 3º de ESO durante dúas sesións, onde se trataron temas como: 
- Privacidade en internet. 
- Redes sociais e os seus riscos. 
- Igualdade e acoso na rede. 
- Ciberdelitos: ciberbullying, sextorsión e grooming 

Fase 2: Capacitación do grupo de voluntarios e voluntarias dos cursos 2º e 3º ESO. O proxecto parecéulles interesante a todo o alumnado e durante tres días documentáronse máis a fondo sobre os temas anteriores para elaborar un proxecto final que lles serviría para, a través da aprendizaxe entre iguais, informar e formar ao alumnado de 5º e 6º de primaria. 

Fase 3: De intervención. O venres, 2 de febreiro, dous alumnos e tres alumnas asumiron a responsabilidade de impartir a sesión e convertirse en “Cibermanagers pola igualdade” aos que poder acudir se alguén ten algún problema ou dúbida dos temas tratados e traballados durante todo o curso.



VISITA IES CULLEREDO E AO IES CALVO SOTELO







     O 24 de xaneiro, o Departamento de Orientación organizou unha saída ao IES Universidade Laboral de Culleredo e ao IES Calvo Sotelo de A Coruña para que o alumnado da ESO puidese ver diferentes familias profesionais nos lugares onde se imparten. Talleres de mantemento e control de maquinaria de buques e embarcacións, soldadura, artes gráficas, carpintaría, entre outros. Os dous centros ofertan ademais residencia para estudantes, que tamén visitamos e nos demos conta de que “están mellor que algún hotel”: teñen ximnasio, salas Wi-Fi, limpeza diaria de habitación,… Moitas grazas ás persoas que nos acompañaron nas visitas!!





martes, 23 de enero de 2018

PREPARACIÓN DO DÍA DA PAZ NO CPI VIRXE DA CELA



A unha semana da celebración do Día da Paz e da non Violencia, que se celebrará o vindeiro martes 30 de xaneiro, estamos a organizar un acto para esta xornada tan importante. Deixamos a continuación un pequeno guión do acto para que que sirva de información a toda a comunidade educativa: 

Data: martes 30 xaneiro 2018, de 15:30 a 16:00 horas
Lugar: Patio entrada de secundaria.

• Introdución. Presentación do acto a cargo dun alumno/a
Compromiso a favor da paz a cargo dos nenos das diferentes etapas (Infantil, primaria e ESO) coa lectura de “Poemas pola paz”. (10 minutos)
       Poema 1.- “Cantarola dos nenos”, de Xosé neira Vilas
       Poema 2.- “O neno xabarín”, de Xosé Lois García
       Poema 3.- “Ventos”, de Antonio García Teijeiro
       Poema 4.-“Teño un corazón senlleiro”, de Celso Emilio Ferreiro
Manifesto do centro polo Día da Paz. Alumno/a ESO (5 minutos)
Remate. .Formando un círculo (Botón rojo) para sacar unha foto desde arriba (aula de tecnoloxía)

lunes, 22 de enero de 2018

QUILÓMETROS DE SOLIDARIEDADE CON SAVE THE CHILDREN






      No mes de decembro de 2017 o CPI Plurilingüe Virxe da Cela (Monfero) participou na XIV edición de Quilómetros de Solidariedade, unha iniciativa de Save the Children para asegurar o futuro de milleiros de cativos e cativas en Sudán do Sur. Acabamos de recibir un diploma acreditativo da nosa participación, así como una carta de agradecemento da organización na que se acredita que a Fundación Save the Children recibiu do CPI Virxe da Cela a cantidade de 502,35 euros en concepto de doazón pola actividade Quilómetros de Solidariedade para que Save the Children continúe co traballo a favor da supervivencia infantil.

viernes, 19 de enero de 2018

TAPÓNS PARA IAGO




      O pasado venres 19 de xaneiro achegouse polo noso centro un membro da asociación brigantina “ “As vellas non paramos” (https://www.facebook.com/asvellas/ ) para recoller un montón de caixas de tapóns de plástico que fomos almacenando nos últimos meses grazas á colaboración de toda a comunidade educativa. Estes tapóns serán destinados para axudar a un neno de seis anos que vive en Sada e que sofre parálise cerebral e que precisa unha atención especializada (fisioterapia respiratoria, fisioterapia neurolóxica e neuro rehabilitación).




miércoles, 17 de enero de 2018

OBRADOIRO CME: CAMPAÑA MUNDIAL POLA EDUCACIÓN









      Este ano participamos por primeira vez no Plan Proxecta “CME: Campaña Mundial pola Educación” (Xunta de Galicia), aínda que o noso centro leva case unha década apoiando e colaborando activamente na Campaña Mundial pola Educación, unha coalición internacional de ONGs, sindicatos do mundo educativo, movementos sociais e centros educativos coma nós que nos mobilizamos para garantir unha educación inclusiva, equitativa e de calidade. 

       O martes 16 de xaneiro de 2018 Miguel Rodríguez (técnico da CME) e Sandra Rodríguez (técnico Entreculturas) visitaron o noso centro e impartiron o primeiro dos catro obradoiros programados para este curso. A través de varias dinámicas moi divertidas (“O mentalista”, “Un planeta redondo”, etc) e do visionado de diferentes documentos audiovisuais (“Porque isto é África”) Miguel Rodríguez, Miki, fixo reflexionar ao alumnado de 3º e de 4º sobre a visión que temos no mundo e da posibilidade de entender o mundo doutra maneira diferente e alternativa. Este é o punto de inflexión para a partir de agora reivindicar o cumprimento efectivo do dereito humano á educación no marco dos Obxectivos do Desenvolvemento Sustentable (ODS) e do Marco de Acción pola Educación 2030.


martes, 9 de enero de 2018

CHARLA DE DOAZÓN E TRANSPLANTES E CURSO DE RCP

      A intervención rápida ante unha parada cardio-respiratoria é vital para que os equipos de emerxencía poidan actuar e salvar vidas, e moitas veces, nós como parte presencial e activa desa intervención, necesitamos coñecer como actuar correctamente. Por esta razón e continuando coa programación iniciada o curso pasado, organizouse dende o departamento de Educación Física o Martes 9 de Xaneiro nunha xornada de formación de 2 horas e media de duración, en colaboración co CHUAC unha charla dirixida a todo o alumnado da ESO e 5º e 6º de educación primaria, dentro do “Programa de Divulgación en Doazón e Transplantes”.
       Na primeira sesión, impartida por Alejandro, enfermeiro do CHUAC e membro do equipo de Coordinación e Transplantes, vimos os aspectos básicos da Doazón de órganos. Na segunda sesión, despóis das pautas básicas teóricas sobre a RCP (Reanimación Cardiopulmonar) ensinou ao alumnado a realizar a maniobra de forma práctica. Toda unha experiencia que continuaremos dentro de este trimestre, coa formación básica para alumnado, dentro do Plan deportivo de centro a través do D. de E. física e dentro da programación da asignatura.





PAVANI


Estamos moi felices de recibir esta fotografía de Pavani, a nosa nena apadriñada na India a través da Fundación Vicente Ferrer. Sabemos que a nosa pequena aportación permite a esta nena cursar estudos e labrar un futuro mellor para ela e a súa familia, isto vainos contando nas súas cartas. Esta imaxe reflicte que tamén é una nena sana, alimentada, e vive nunhas condicións dignas. Alegrámonos todos e todas e damos os parabéns á Fundación por esta labor tan importante tratando de erradicar a pobreza e a desigualdade na India.

A FUNDACIÓN VICENTE FERRER

lunes, 8 de enero de 2018

ÉXITO DO MERCADILLO DE COMERCIO XUSTO


     Con expresión de satisfacción posan os rapaces e rapazas de 1º da ESO que, voluntariamente, encargáronse das ventas no mercadillo de Comercio Xusto organizado no CPI Plurilingüe Virxe da Cela en decembro de 2017. Non é para menos, despois de estar varios recreos dedicados a este menester e chegados á hora do reconto… recadáronse 402’60 euros!!! Estes cartos foron ingresados na conta de Solidariedade Internacional Galicia, unha organización non gubernamental que vela pola xustiza e a equidade. O mercadillo de Comercio Xusto foi unha actividade para complementar a campaña navideña “No Nadal non te Consumas”.