viernes, 21 de diciembre de 2018

O CPI PLURILINGÜE VIRXE DA CELA DESÉXAVOS UN FELIZ NADAL

BO NADAL E QUE SE CUMPLAN TODOS OS VOSOS SOÑOS

 




Postal realizada polo alumnado de Educación Infantil

Gañadoras do concurso de postais de Nadal: 

Alejandra Souto Garrido, 3º de EP, 1º Premio de Educación Primaria

Candela Campello Fernández, 4º ESO, 1º Premio de Educación Secundaria














FESTIVAL DE NADAL 2018

Venres 21 de decembro de 2019. Programa do Festival:

 1. Belén vivinte: 2º e 3º de EP.
2. Cantiga do Apalpador: Educación Infantil.
3. Poema á familia: 1º de EP.
4. Baile “O gran show navideño”: 1º, 4º, 5º, 6º de EP.
5. Panxoliña “Silent Night”: 5º e 6º de EP e ESO.
6. Can´t help falling in love: ESO.
7. Hallelujah: ESO.
8. Obra de teatro “A cea de fin de ano”: 4º ESO.
9. Panxoliña profesorado.












jueves, 20 de diciembre de 2018

OBRADOIRO CREANDO CONCIENCIA



O  Xoves 20 de Decembro, organizado polo Departamento de Educación Física de Secundaría e Orientación, e como parte da programación da materia de E. física , a ONG “Taller de Solidaridade” , impartiuse no centro en horario de 9:45-11:15 para 3º e 4º de ESO e de 11:15 a 12:30 para 1º e 2º de ESO, un Obradoiro  dentro do Proxecto de sensibilización e educación para o desenvolvemento “ENTRENO CONCIENCIA”, sobre a educación en valores e Deporte e Comercio Xusto, financiado pola Xunta de Galicia ,no que participan ademais do noso, varios centros educativos da nosa comunidade.



O proxecto busca crear conciencia na cidadanía galega , sobre o impacto que teñen os nosos hábitos de consumo sobre o medio e as persoas que producen o que compramos e consumimos, ligado a un acto san e cotián como é a práctica de deporte. Somos conscientes de que o deporte mobiliza emocións e inflúe nas actitudes e comportamentos das persoas, a través dos valores que transmite: esforzo, superación, igualdade, solidariedade, compañeirismo e, sobre todo, respecto por un xogo limpo. Estes son valores que tamén representa o Comercio Xusto Con esta proposta, preténdese contribuír ao desenvolvemento dunha economía social e solidaria, rexida polos valores da cooperación, democracia, cidadanía global, igualdade, solidariedade e medio ambiente, onde as relacións comerciais apóianse nos principios e valores do Comercio Xusto e dunha economía global e solidaria, en liña cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS).
 O proxecto consta de varios compoñentes :
O que levamos a cabo no noso centro e ó COMPOÑENTE EDUCATIVO, dirixido a nenos e nenas de 12 a 15 anos de Centros Educativos das diferentes cidades de actuación. Consta dunha serie de actividades dirixidas a traballar sobre as regras actuais do mercado internacional e como favorecen que nos países fundamentalmente produtores, viólense de maneira sistemática os dereitos humanos, foméntese a explotación laboral (que afecta en gran medida a mulleres e nenos e nenas) e a degradación ambiental, xerando grandes desigualdades sociais que evitan que moitas persoas podan saír do círculo da pobreza. Esta temática traballarase mediante dúas ferramentas, durante o obradoiro:
         1. Actividades deportivas
2.  Actividades lúdicas.

miércoles, 19 de diciembre de 2018

V CONCURSO DE GUIÓNS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

No marco das actividades en prol da igualdade e da loita contra a violencia machista, a Deputación da Coruña convocou o V Concurso de Guións contra a Violencia de Xénero. Os traballos poderanse entregar ata o 26 de decembro en formato dixital e papel seguindo as bases e as indicacións que aparecen en: 
https://www.dacoruna.gal/servizos-sociais/area-igualdade/premios-e-concursos/concurso-guions-contra-violencia-xenero

sábado, 24 de noviembre de 2018

XX ENCONTRO REDE SOLIDARIA DA MOCIDADE ENTRECULTURAS EN MONFERO

Este sábado  24 de novembro o noso colexio  foi o centro anfitrión da Asemblea de Inicio de Curso da Rede Solidaria de mozas e mozos de Entreculturas que tivo lugar durante toda a xornada dende a mañá a tarde. Alumnado e profesorado dunha ducia de centros galegos pertencentes á Rede Solidaria acudiron a este encontro, contando coa participación de máis dun centenar de persoas. 
Este evento ten como obxectivo ser un punto de encontro e intercambio de ideas entre rapaces e rapazas comprometidos, formarse en cuestións relacionadas coa Educación para a Cidadanía Global,  e establecer as liñas básicas de actuación para o curso escolar. Realizáronse talleres e dinámicas onde o alumnado abordou temáticas como a igualdade, os dereitos humanos, a cooperación, o consumo responsable... Ademais o profesorado contou  cun espazo propio para o debate e a reflexión.

O noso centro escolar leva xa unha década formando parte desta Rede Solidaria, baixo a coordinación das profesoras  Yolanda Castro e Verónica Dopico, especialistas nas materias de Educación en Valores e Relixión.

Aquí podedes ver un pequeno vídeo resumo da xornada

           
                   













viernes, 23 de noviembre de 2018

CARREIRA SOLIDARIA SAVE THE CHILDREN NO CPI VIRXE DA CELA

Venres 23 de novembro 2018. 12:15-13:45h.: Carreira solidaria “Save the Children” organizada polo Departamento de E. F de Primaria e Secundaria e o Coordinador de deportes do Axuntamento de Monfero e interdisciplinarmente co Dpt. De Orientación, Relixión e Valores 

As 12:15, O alumnado dirixiuse ao pavillón para a carreira solidaria, cos seus correspondentes profesores. 

A carreira e un xesto solidario, que a través da nosa participación e visibilidade como centro, ten como fin, recaudar o maior número de cartos posible para a ONG mencionada que traballa para axudar as nenas e nenos do mundo e que este ano o centra na desprotección deses nenos/as nas zonas en conflicto de todo o mundo. Cada un/unha( alumnado, nais/país, familiares, profes, persoal non docente, amigos…) aporta económicamente o que quera e poida.


O NOSO MURAL POLA IGUALDADE
               

A NOSA CARREIRA
                    








Finalmente foron recadados 397,18€ que foron ingresados a Save the Children: 


Diploma da nosa participación: 


jueves, 22 de noviembre de 2018

25 DE NOVEMBRO, DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO


Co gallo do Día Internacional contra a Violencia de Xénero que se celebra o 25 de novembro, o  alumnado dos centros escolares CPI As Mirandas de Ares e CPI Plurilingüe Virxe da Cela de Monfero, realizaron un vídeo para visibilizar e sensibilizar á comunidade educativa e a toda a  sociedade en xeral, sobre esta data.

Desde os nosos centros adherímonos pois, a todas aquelas iniciativas que suman esforzos e solucións á erradicación da violencia de xénero, na loita contra os malos tratos e no apoio ás vítimas e as súas familias. Apoiamos ás accións que tratan de concienciar ao tecido social e a todas as actividades educativas baseadas na formación en valores para que a sociedade avance no camiño da igualdade, no benestar común e a convivencia que todas e todos queremos.

   
                   



Venres 23 de novembro 2018. 14:50-16:25h.:
Actividades conmemoración día contra a violencia de xénero:
      • Lectura de manifesto (2º ESO)
      • Proxección dos vídeos realizados polo alumnado (Ares-Monfero e 2º ESO da materia Igualdade        de Xénero).
      • Presentación dos diferentes lemas elaborados por cada grupo de alumn@s.
      • Lectura do conto “A cincenta que non quería comer perdices”
      • Presentación do cartel de 3º de ESO e entrega de pegatinas.

miércoles, 21 de noviembre de 2018

TOLERANCIA CERO. NON A VIOLENCIA DE XÉNERO


Fai un par de semanas as nosas profesoras Yoli e Verónica nos propuxeron un reto: lanzar unha mensaxe ao mundo para dicir “NON” á violencia machista. Estivemos varias sesións de clase traballando en equipo, facendo un torbellino de ideas, pensando posibles lemas, decidindo o formato ideal. Foi un proceso complicado e demos moitos pasos adiante e outros para atrás.
Pensamos en utilizar as tecnoloxías dixitais porque forman parte das nosas vidas como adolescentes. No final do proceso decidimos dar nós a cara, xa que queriamos lanzar a nosa mensaxe especialmente a rapazas e rapaces coma nós, xente nova, xa que nas nosas mans está o cambio…
Un dos momentos máis difíciles foi representar esta escena… unha de nós posou diante da cámara e un de nós tapoulle a boca coa man… Este xesto tan simple non soamente quedou conxelado nunha fotografía, senón que a todos/as os/as que alí estabamos (alumnos/as e profesoras) nos deixou paralizados/as durante uns segundos e realmente  puxémonos na pel de tantas mulleres desde tempos pasados ata o día de hoxe a quen lles taparon a boca, a quen fixeron invisibles… 

Nós non queremos quedar calados/as e queremos dicir ben alto e forte “NON”.