lunes, 4 de diciembre de 2017

DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Con motivo da celebración do día universal da Infancia e do Día Internacional contra a violencia de xénero no noso centro,  nas semanas anteriores, realizáronse diferentes actividades.
·         Todo o alumnado do centro elaborou  unha frase-eslogan, en diferentes idiomas, en contra da violencia de xénero e a favor da igualdade . Coas mesmas realizouse un photocoll  polo que pasaron todos os cursos cos seus titores.
·         Os Departamentos de Orientación,  Relixión e Educación Física fixeron a maquetación das fotos e elaboraron chapas co alumnado de Identidade de Xénero de 2º curso da ESO. Amáis léronlle contos aos alumnos de Educación Infantil e dos primeiros niveis de Primaria.
·         Nas sesións de radio con Lucía Abarrategui e Sergio Pascual (Laboratorio Radiofónico). tratáronse eses temas.

·         Como broche final, levouse a cabo a “Carreira Solidaria Save the Children, polos Dereitos dos Nenos/as e pola Igualdade de Xénero” en colaboración co responsable de Deportes do Concello.



No hay comentarios:

Publicar un comentario