martes, 21 de noviembre de 2017

HOXE O CPI PLURILINGÜE VIRXE DA CELA PARTICIPA NO ACTO ESTATAL DA SEMANA MUNDIAL POLA EDUCACIÓN

As alumnas Ariadna, Andrea e Nerea así como a nosa directora Camino e Verónica coordinadora de Monferosolidario estarán no Congreso dos Deputados participando no acto da Semana Mundial pola Educación.  Xunto co noso cole participarán no acto outros dous centros educativos (Salamanca e Sevilla), todos representando ás escolas participantes na Campaña Mundial pola Educación.
Polo Virxe da Cela falarán Ariadna Díaz Tondo (alumna de 1° de ESO) e a nosa directora Camino Pereiro González.
Os directores de Ayuda en Accción, Educo e Entreculturas tamén analizarán a situación actual do dereito á educación e exporán as imperiosas responsabilidades e necesidades de actuación. Logo representantes das diferentes comisións responderán ás cuestións plnatexadas.
Poderedes velo en directo as 12:300 da mañá na Sala de Usos Múltiples.

No hay comentarios:

Publicar un comentario