martes, 28 de noviembre de 2017

ARAL, O MAR PERDIDO. ISABEL COIXET


AUGA, O DEREITO A UNHA VIDA DIGNA




A nosotros es un simple gesto. Sacar un tapón, abrir un grifo o apretar un botón. Pero para muchas personas el acceso a agua potable es mucho más. Es andar kilómetros y kilómetros, es exponerse a peligros y enfermedades o incluso emigrar. Del 15 de enero al 19 de abril, la Fundación We AreWater nos invita a descubrir la problemática del agua en el mundo en su primera exposición. A través de una botella de agua, descubriremos las iniciativas y los proyectos de la Fundación para sensibilizar, concienciar y ayudar a llevar agua potable a las zonas más deprimidas del Planeta. Porque solo si somos conscientes del valor del agua y sumamos esfuerzos podremos conseguir que todo el mundo tenga acceso a este bien común.

WE ARE WATER FOUNDATION



WE ART WATER

lunes, 27 de noviembre de 2017

UN CONTO POLA IGUALDADE





O cadro de actores e atrices de 4º de Primaria do CPI Virxe da Cela adaptaron a historia de Adela Turín e Nela Bosnia, un conto que fala sobre a igualdade entre elefantes e elefantas e a necesidade de rachar cos estereotipos actuais. Unha adaptación libre do Laboratorio de Radio. Escoita, escoita, coas orellas ben abertas.

miércoles, 22 de noviembre de 2017

IV CONCURSO DE GUIÓNS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO



Informámosvos sobre o IV Concurso de Guións contra a Violencia de Xénero que convoca a Deputación Provincial da Coruña. Está destinado a todas as persoas físicas con idades comprendidas entre 12 e 18 anos que cursen educación secundaria obrigatoria, bacharelato, formación profesional ou estudos equivalentes.

 

martes, 21 de noviembre de 2017

CPI VIRXE DA CELA. ACTO ESTATAL DA SEMANA MUNDIAL POLA EDUCACIÓN

     As alumnas Ariadna, Andrea e Nerea (1º ESO) así como a nosa directora Mª Camino Pereiro e a profesora Verónica Dopico, coordinadora de Monferosolidario, estiveron o pasado martes 21 de novembro de 2017 no Congreso dos Deputados participando no acto da Semana Mundial pola Educación. Xunto co noso cole participarán no acto outros dous centros educativos (Salamanca e Sevilla), todos representando ás escolas participantes na Campaña Mundial pola Educación. 
    Polo Virxe da Cela fixeron a súa intervención Ariadna Díaz Tondo (alumna de 1° de ESO) e a nosa directora Mª Camino Pereiro González, como embaixadoras ante as Comisións de Cooperación Internacional, Educación, Asuntos Exteriores e Comisión de Dereitos da Infancia e da Adolescencia.     Os representantes das diferentes comisións responderon ás cuestións plantexadas. Simultaneamente á celebración deste acto no Congreso dos Deputados de Madrid, o resto do alumnado e profesorado do centro participaron do mesmo como espectadores a través da emisión en directo a través da web do Congreso.








Hoxe o CPI Plurilingüe Virxe da Cela participou no Acto Estatal da Semana Mundial pola Educación.
 
No Congreso dos deputados, ante as Comisións de Cooperación Internacional, Educación, Asuntos Exteriores e Comisión de Dereitos da Infancia e a Adolescencia, a nosa alumna de 1º da ESO, Ariadna Díaz, e a nosa Directora Camino Pereiro actuaron como embaixadoras galegas representando aos máis de 2000  alumnos e alumnas que o ano pasado traballaron na Campaña Mundial pola Educación, e realizaron unha petición aos nosos gobernantes para que cumpran as súas promesas cara a consecución da Axenda 2030 en concreto do Obxectivo 4: a  Educación Universal e de Calidade.  
Noraboa as dúas!!!

Aquí podedes ver as súas intervencións





Intervención Ariadna by veronicadopico7965 on Scribd

Intervención Camino by veronicadopico7965 on Scribd

lunes, 20 de noviembre de 2017

DÍA INTERNACIONAL DOS DEREITOS DOS NEN@S

O 20 de novembro é un día dedicado a todos os nenos e nenas do mundo: O Día Internacional dos Dereitos dos Nen@s
O obxectivo deste día é lembrar á cidadanía que os nenos son o colectivo máis vulnerable e por tanto o que máis sofre as crises e os problemas do mundo.
Este día mundial lembra que todos os nenos teñen dereito a educación, á saúde e a protección, independentemente do lugar do mundo no que nacese.

Dedicar un día internacional á infancia tamén serve para facer un chamamento mundial sobre as necesidades dos máis pequenos e para recoñecer o labor das persoas que cada día traballan para que os nenos e nenas teñan un futuro mellor.


domingo, 19 de noviembre de 2017

XIX ENCONTRO DA REDE SOLIDARIA ENTRECULTURAS

Sábado 18 novembro de 2017, no IES Xelmírez (Santiago). Laura (3º ESO), Gael e Zito (4º ESO), Antía (exalumna) e Camino (profesora).








viernes, 17 de noviembre de 2017

HORIZONTE 2030

Sábado 18 de novembro 2017. Formación en Palas de Rei




O CPI Virxe da Cela inicia neste curso escolar 2017-2018 un novo proxecto en colaboración coa ONG Solidariedade Internacional Galicia. O título “ Horizonte 2030; construíndo liderados positivos para unha xuventude galega transformadora” fai referencia á Axenda 2030, sendo este proxecto unha guía para vixiar o cumprimento das políticas públicas de loita contra a pobreza. 
O pasado sábado 18 de novembro de 2017 unha docente do CPI Virxe da Cela asistiu á primeira xornada de formación do proxecto, que tivo lugar en Palas de Rei (ecoaldea  Arqueixal), centrada na cultura participativa. Xunto docentes doutros centros e  persoal da ONG (equipo técnico e voluntariado) realizamos diferentes dinámicas, actividades e reflexións que nos axudarán a dar un salto cualitativo na abordaxe da educación para  a cidadanía global, e comezar a traballar dende a participación social.
A meta ou “produto” final deste proxecto e deseñar conxuntamente, docentes e Solidariedade Internacional Galicia, un proxecto de educación para o desenvolvemento para levar a cabo nos centros no vindeiro curso escolar 2018/2019. 


 

jueves, 16 de noviembre de 2017

OBRADOIRO QUÉROTE+






O día 15 de novembro de 2017 o curso de 3º de ESO participou dun obradoiro de sexualidade impartido por Santiago Legaspi Irimia,
Traballador Social do
Centro Quérote+ da Coruña. Iniciamos así o proxecto “O que máis quero” dentro do Plan Proxecta.
O alumnado recibiu información sobre os servizos que poden atopar en Quérote+ a través da súa páxina web, así como diferentes conceptos relacionados coa sexualidade, necesarios para ir adquirindo ferramentas para construír os propios e dar respostas ás interrogantes que se plantexan na adolescencia.
Somos protagonistas da nosa sexualidade, sabendo que somos persoas únicas e irrepetibles e que a sexualidade é un valor que vale a pena cultivar.



miércoles, 15 de noviembre de 2017

VISITA DO ALUMNADO DE CIENCIAS DA EDUCACIÓN (UNIVERSIDADE DE VIGO) AO NOSO CENTRO

    O pasado martes 14 de novembro visitaron pola tarde a nosa escola 120 estudantes da Facultade de Ciencias da Educación (Universidade de Vigo) acompañados polo seu profesor Dr. Xosé Manuel Cid Fernández. Realizamos unha mesa redonda no comedor do centro na que a directora, Mª Camino Pereiro, presentou a este grupo de futuros mestres e mestras o proxecto educativo de centro. Contamos tamén coa intervención dun reducido grupo de alumnos de 1º da ESO que convidaron a través dunha presentación audiovisual coñecer máis de cerca a nosa filosofía de traballo. Finalmente, diferentes persoas que conformaban a mesa redonda (un pai, unha exalumna e varios profesores) contestaron ás diferentes preguntas lanzadas polo público.

UN MUNDO DE ENCONTROS

"Un mundo de encontros" é o lema do XIX Encontro da Rede Solidaria Entreculturas, que terá lugar o vindeiro martes 18 de novembro de 2017 no IES Arcebispo Xelmírez (Santiago de Compostela). Achegamos algunhas informacións moi interesantes para ter en conta que nos acaban de chegar da organización de Entreculturas. Tomade nota:

·   Al igual que el año pasado, cada participante llevará su propio recipiente para la bebida (para reducir el uso de vasos de plástico). Desde Entreculturas pondremos comida (bocadillos variados y pizzas en piezas), bebida (agua) y postres variados (fruta, yogures...). También, como siempre, un pequeño desayuno a media mañana y merienda por la tarde.
·   Cada persona asistente (alumnos/as, profes, voluntarios...) , además, ha de elaborar y llevar su propia acreditación con unas sencillas pautas:
·         La más importante, hacerla con materiales que ya tengo por casa (cartulinas usadas, cajas de galletas, rotuladores...), reutilizando y no comprando nada nuevo para elaborarla. 
·         Las acreditaciones han de poner: nombre de la persona, centro educativo y el lema del Encuentro (Un mundo de Encuentros / Un mundo de Encontros). 
·         El tamaño, el que queráis, pero que sea visible y que pueda ir colocado en el pecho con el tipo de enganche que se os ocurra (imperdibles, cordel, pinzas, etc.)
·         Utilizad toda la creatividad e imaginación de las que seáis capaces para hacerla. Podéis inspiraros en el tema (encuentros) y en el lema.
·   Recordad también llevar pensadas las actividades que vais a plasmar en vuestra agenda solidaria. Aunque la haremos allí, sí es importante que llevéis pensadas las acciones que pondréis en marcha este curso.

·   Por último, recordad a los niños/as que lo tengan que lleven su pasaporte de la Red (lo entregamos por primera vez a aquellos que vinisteis al Encuentro de fin de curso de mayo pasado). También vosotros/as si lo tenéis. 

martes, 14 de noviembre de 2017

Á VIOLENCIA DILLE... NON!



     Esta semana chegou ao noso centro a exposición “Á violencia de xénero dille… NON!, unha iniciativa da Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia para concienciar á xuventude sobre eses “estereotipos tan nocivos” que empanan as relación de parella, tamén na adolescencia e na xuventude. Esta exposición pretende axudar a recoñecer, identificar e rexeitar conductas nocivas como o control, a manipulación, o abuso, a “sextorsión”, o chantaxe emocional e outras formas de maltrato.


miércoles, 8 de noviembre de 2017

Xornadas formativas para alumnado de practicum I e II de Educación Primaria (UDC)

Este martes, 7 de novembro o CPI Plurilingüe Virxe DA Cela Monfero (alumnado de 5º e 6º de Ed. Primaria e 1º da ESO) participou nas Xornadas formativas para alumnado de practicum I e II de Educación Primaria (UDC). Compartimos experiencias e aprendizaxes co alumnado e co profesorado da facultade e con centros educativos que resaltan pola calidade dos seus proxectos educativos.
Esta actividade está deseñadas coa idea é ofrecerlle ao alumnado diversas mostras de propostas metodolóxicas innovadoras para complementar a súa formación no marco do grao que están a cursar e, ao mesmo tempo, animalos a que escollan os centros en que realizarán as prácticas polas posibilidades de formación docente, e non tanto por cuestións loxísticas relativas á proximidade, que é o que acontece na maioría dos casos.

Parabéns aos participantes, a estupenda organización (Estefanía Mosquera Castro) e as familias que nos acompañaron na estadía (Elia e Víctor Arufe Giráldez).