martes, 31 de octubre de 2017

CARTA DE PAVANI



Acabamos de recibir unha carta de Pavani, a nena da India que temos apadriñada a través da Fundación Vicente Ferrer. Estamos moi contentos/as ter noticias dela e comprobar como vai avanzando nos estudos e saber algo máis sobre o seu día a día: 

        Queridos padriños/as: ¡Namaste! Son Pavani. Escribo esta carta con moitas ganas e ilusión. Estou moi contenta de dicirvos que pasei de 8º a 9º curso con boas notas. O meu irmán maior Praven estuda último ano de diplomatura e a miña irmá Pavittura aprovou 10º curso. Nas vacacións de verán fumos a Bangalore. Alí vimos templos e o parque. Paseino moi ben coa miña familia. A miña nai é modista. O meu pai traballa no campo. Moitas grazas pola vosa axuda. Con cariño. Pavani

jueves, 26 de octubre de 2017

jueves, 19 de octubre de 2017

O PROGRAMA TEI. TITORÍA ENTRE IGUAIS XA ESTÁ EN MARCHA.

Alumnos e alumnas de 5º de primaria convírtense en titores e titoras do alumnado de 3º primaria e os de 3º e 4º de ESO dos que empezan a etapa de secundaria co obxectivo de mellorar a convivencia e previr o acoso escolar.
Para iso, durante os meses de setembro e outubro tiveron lugar diferentes sesións informativas e de formación aos titores e titoras voluntarios, que no caso de primaria nos acompañaron algunhas familias no momento da entrega de carnés e diplomas e no caso do alumnado da ESO contou con dous alumnos do IES do Camiño (Palas de Rei), que nos contaron a súa experiencia como titores.
O alumnado de 5º de primaria e de 3º e 4º de ESO presentóuse como voluntario para titorizar aos máis pequenos polo que recibiron o correspondente carné e diploma que o acredita. O seguinte foi ir á aula dos titorandos (3º primaria e 1º ESO, respectivamente), facer as presentación e compartir as primeiras tarefas xuntos.













martes, 17 de octubre de 2017

17 DE OUTUBRO: DÍA INTERNACIONAL POLA ERRADICACIÓN DA POBREZA

Hoxe, 17 de outubro, celébrase o Día Internacional para a erradicación da pobreza. Con tal motivo a ONG Entreculturas publica unha unidade didáctica para traballar con rapaces/zas de entre 8 e 16 anos o concepto de desigualdade e as consecuencias que esta ten sobre as persoas a nivel global, explorando alternativas, roles e hábitos de consumo e participación que poden adoptar para contribuír ao deseño dunha contorna global máis xusta e equitativa.

martes, 10 de octubre de 2017

11 DE OUTUBRO: DÍA INTERNACIONAL DA NENA




O 11 de outubro conmemórase o Día Internacional da Nena e desde o CPI Virxe da Cela queremos facer eco desta data tan importante. Dos terzos dos nenos e nenas sen escolarizar viven en países ricos en recursos naturais, mais os seus gobernos adican menos dun 3% dos presupostos en educación. Ademais, varios destes países están en conflicto. As nenas que viven nestos países teñen menos posibilidades de ir á escola e unha tasa maior de abandono escolar, tanto en primaria como en secundaria. África Subsahariana, rexión na que se atopan dez destes países en conflicto, é tamén a rexión con maiores desigualdades de xénero. As nenas representan un 55% dos menores sen escolarizar e o 52% das adolescentes sen escolarizar. Entreculturas elaborou este interesante material didáctico para traballar nas aulas.


 

lunes, 9 de octubre de 2017

5 DE OUTUBRO: DÍA MUNDIAL DOS DOCENTES



Esta fermosa e metafórica "árbore do saber" ilustra unha conmemoración que queremos ter moi presente: O Día Mundial dos Docentes. Celebramos e destacamos a labor tan importante que os docentes xogan na educación unha data no calendario, o 5 de outubro, aínda que sabemos que cada día do ano é igualmente importante. Nesta ocasión o lema elixido é "ensinar con autonomía empodera aos docente". Moito ánimo e... adiante!!

sábado, 7 de octubre de 2017

SEMANA DA BIBICLETA NO NOSO COLE

O noso cole conmemora a Semana Europea dá Mobilidade con actividades relacionadas coa bicicleta, do 2 ao 7 de outubro. A iniciativa culminará mañá sábado cunha ruta cicloturística polo municipio, con saída de Serra dá Loba (16.30 horas).


martes, 3 de octubre de 2017

CAMPAÑA DE SENSIBILIZACIÓN PARA A RECOLLIDA DE ROUPA





O martes 3 de outubro apaces e rapazas de 4º da ESO percorreron as aulas do CPI Virxe da Cela para difundir a actividade da Campaña de Recollida de Roupa que organizamos no centro en colaboración coa organización Glorr. Transmitiron a todo o alumnado e o profesorado do centro a importancia de participar nesta actividade e repartiron circulares informativas para as familias. Tamén fixeron entrega dunha bolsa por neno/a para depositar a roupa e calzado. Lembrade que desde hoxe mesmo podedes depositar bolsas na entrada do edificio de secundaria. O prazo remata o día 23 de outubro, data en que a furgoneta da organización pasará polo noso colexio para recoller todas as bolsas.