sábado, 30 de septiembre de 2017

viernes, 29 de septiembre de 2017

O CPI VIRXE DA CELA: 1º PREMIO PROXECTA DE INNOVACIÓN EDUCATIVA 2017







              

              
 O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, presidiu hoxe o acto de entrega dos Premios Proxecta de Innovación educativa correspondentes ao curso 2016/ 17, que teñen como obxectivo consolidar e visibilizar a metodoloxía de traballo por proxectos que poñen en marcha os centros participantes no Plan Proxecta. Durante a súa intervención o conselleiro salientou o poder da educación e da formación para acadar as mellores oportunidades que nos brinda o tempo no que vivimos, “a fin de convertelas en novas posibilidades de crecemento económico e social”. Neste sentido, sinalou os Premios Proxecta como uns galardóns que contribúen a que o ensino se adapte ás expectativas futuras, dado que buscan incentivar o desenvolvemento de técnicas de innovación educativa, motivadoras, dinámicas e á vangarda. 

    Desta forma, estes galardóns recoñecen a traxectoria colaborativa e multidisciplinar dos centros, buscando integrar dinámicas que incentiven o emprendemento e a creatividade nas aulas, a formación en valores cívicos e sociais, o pensamento crítico, a xestión da diversidade e o traballo en equipo. Así mesmo, contribúen a preparar ao alumnado “para facerse oco nunha sociedade cada vez máis tecnificada”. O titular do departamento educativo da Xunta de Galicia agradeceu a todas as persoas que fan posible tanto o Plan Proxecta como os premios o seu esforzo diario e compromiso coa educación como ferramenta para mellorar o futuro. Así mesmo felicitou a docentes e alumnos polo traballo realizado, que serve de exemplo de boa práctica e axuda a avanzar ao conxunto da comunidade educativa. 

 Centros galardoados


Na categoría A, dirixida ás Escolas de Educación Infantil (EEI), aos Colexios Rurais Agrupados (CRA), aos Centros de Educación Especial (CEE), aos Centros de Educación Infantil e Primaria (CEIP) e aos Centros de Educación Primaria (CEP); o primeiro premio foi para o CEIP de Rubiáns (Vilagarcía de Arousa), o segundo para o CEIP de Laredo (Redondela) e os terceiros para o CEIP A Rúa (Cangas) e o CEIP Illas Cíes (Vigo). Nesta mesma categoría obtiveron un accésit pola calidade dos seus traballos os CEIP de Espedregada (Pontevedra), Plurilingüe Riomaior (Vilaboa), Plurilingüe San Marcos (Abegondo), Plurilingüe Curros Enríquez (Celanova), Xesús San Luís Romero (Carballo) e Plurilingüe San Xoán de Filgueira (Ferrol). 

Na modalidade B, destinada á participación de Centros Públicos Integrados (CPI), Institutos de Educación Secundaria (IES), Centros Integrados de Formación Profesional (CIFP) e centros públicos de educación e promoción de adultos; o primeiro premio foi para o CPI Plurilingüe Virxe da Cela (Monfero), o segundo para o IES Carlos Casares (Vigo), e os terceiros para os IES A Pinguela (Monforte de Lemos) e A Cachada (Boiro). Nesta categoría obtiveron accésit os IES Terra de Trasancos (Narón), Fontem Albei (A Fonsagrada) e Brión (Brión), o CIFP Coroso (Ribeira) e os CPI Plurilingüe Eusebio Lorenzo Baleirón (Dodro) e Terras de Maside (Maside). 



miércoles, 27 de septiembre de 2017

CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE ROUPA GLORR 2017



Queridas Familias: 

      Monferosolidario quere un ano máis apoiar a campaña de recollida de roupa usada e calzado, a favor da ONG Glorr & Global Humanitaria, para asistir aos menores e familias que se encontran en situación de precariedade económica ou exclusión social no territorio nacional. Para isto visitaremos as aulas do noso centro presentando esta campaña aos nosos alumnos e repartindo esta nota informativa, así como as bolsas para depositar a roupa. A data límite de recollida será o luns 23 de outubro de 2017. As bolsas poderán depositarse nas entradas do centro escolar. Agradecemos a súa colaboración. 

 Monferosolidario, 27 setembro 2017 




lunes, 18 de septiembre de 2017

PREMIO LABORATORIO RADIOFÓNICO




Premer na imaxe superior para acceder á nota de prensa


«Este premio supone un respaldo a un proyecto en el que llevamos muchos años, por fin alguien lo valora de forma oficial, aunque el verdadero premio es el de poder seguir enseñando». Estas son as palabras de Lucía Abarrategui tras recibir un dos Premios Jóvenes Emprendedores Sociales (Universidad Europa de Madrid, co apoio da International Youth Foundation e Laureate International Universities). Desde o CPI Virxe da Cela queremos dar a noraboa a Lucía Abarrategui e a Sergio Pascual pola súa tenacidade. Son moitos os anos que levan desenvolvendo o seu interesante proxecto radiofónico, e todo o alumnado do noso cole pasou polos seus obradoiros. Moita sorte e... adiante!



https://www.lavozdegalicia.es/noticia/coruna/betanzos/2017/09/15/galardon-dos-locos-radio/0003_201709H15C7991.htm