martes, 27 de junio de 2017

CONGRESO O FUTURO DA EDUCACIÓN

O día 3 de xullo de 2017 estaremos (Virxe DA Cela Monfero) na CNTG, no Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia, en Santiago, no Congreso O Futuro da Educación.
Amosaremos as iniciativas do centro neste curso escolar:"Mediando con TIC para un proxecto educativo acorde coas necesidades contextuais e sociais"

Conferencias e obradoiros.con Manuel Díaz Regueiro, Xacobo de Toro e Inés Ben.


GEN10S Party en Madrid


Celebramos a segunda edición da GEN10S Party en Madrid, participando con máis de 100 nenos e ninas, de 5º e 6º de primaria, de 51 centros educativos de toda España.

viernes, 16 de junio de 2017

GRADUACIÓN ALUMNOS 4º ESO NO VIRXE DA CELA



Despois de varias semanas de traballo intenso, exames, estrés, chegou o momento máis desexado: o final de curso. E para o alumnado de 4º da ESO esta foi a derradeira xornada no CPI Virxe da Cela, despois de trece anos compartindo aula e pupitre... Ante estes marabillosos rapaces e rapazas preséntase unha nova etapa na vida, noutro centro educativo. Botaremos en falta os vosos sorrisos e a vosa alegría, e vos desexamos o mellor. E xa sabes...non dubidedes en pasarvos polo noso e o voso "cole" a facernos unha visita. Sempre será a vosa casa.

             

Aqui podedes ler os dicursos de despedida.





miércoles, 14 de junio de 2017

14 DE XUÑO, DÍA NACIONAL DAS LINGUAS DE SIGNOS ESPAÑOLAS

Hoxe  14 de xuño, queremos festexar o DÍA NACIONAL DAS LINGUAS DE SIGNOS ESPAÑOLAS (LSE) e amosar a presenza normalizada da LSE no ámbito educativo, en todos os niveis. Nel participan alumnado xordo e ouvinte, profesorado, intérpretes e mediadores comunicativos que forman parte dos centros educativos de Galicia.
Os nosos compañeiros do CPI As Mirandas de Ares quedaron gañadores con este vídeo, do I Concurso "Cantamos con las manos"que convocou a Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galiza (FAXPG) para conmemorar este día. Aquí vos deixamos o vídeo que fixeron para conmemorar este día. Esperamos que vos guste!.


                   

lunes, 12 de junio de 2017

O VIRXE DA CELA NA GEN10S Party

Tres alumnos de primaria do noso cole xunto a súa profe Camino participan na GEN10S Party  que se está a celebrar hoxe 12 de xuño en Madrid.
A GEN10S Party  é un evento no que os equipos participantes mostran e comparten as súas propostas para resolver o reto de Xene1Os. En cada edición, proponse unha temática que convide os equipos participantes a reflexionar sobre a mellora dalgún aspecto da súa contorna social. A organización describirá a temática e engadirá un conxunto de restricións para dar complexidade ao reto.


A temática deste ano 2017  é: A loita contra o traballo infantil e o reto programar unha historia, unha historia interactiva, un videoxogo ou unha aplicación na que se aborde a problemática dos nenos e nenas que son obrigados a traballar (no campo, nunha fábrica, etc.)
A xornada concluirá con talleres de innovación tecnolóxica dirixidos aos nenos e nenas participantes.
Moita sorte aos rapaces do noso cole e a súa profe Camino que están nestes momentos gozando da experiencia en Madrid.

viernes, 9 de junio de 2017

PRACTICAMOS IOGA

"Practicamos ioga nas aulas de infantil e 3º de primaria!!"

O ioga para nenos pode ser unha boa opción para unir xogo con relaxación, concentración e equilibrio.
Orixinario da India, a palabra ioga significa 'unión', unión primeiro cun mesmo (o neno atópase con si mesmo, aprende a coñecerse a si mesmo), e despois cos demais (os pequenos aprenden a relacionarse e comunicarse coa súa contorna).
O ioga é unha actividade recomendada para todos os nenos e nenas. A procura do equilibrio e a harmonía constitúe unha boa base para que, no futuro, os pequenos gocen dunha vida adulta alegre e saudable. Tanto para o neno inquieto ou activo como para o tímido ou vergoñoso, o ioga axuda a canalizar a súa enerxía e reafirmar a súa autoestima. Axudará aos máis activos a aprender a relaxarse e concentrarse máis, mentres que tamén fomentará que os nenos máis calados perdan o seu medo ante os demais e ábranse ao universo que lles rodea.

Aquí vos deixamos unas fotografías das nosas sesión de ioga.






jueves, 1 de junio de 2017

OBRADOIRO DE MEDIOAMBIENTE CON ABEL

Este martes 30 de maio tivemos a visita de Abel que veu dende Entreculturas a darnos un obradoiro de medioambiente.  Como todos sabemos, este ano o lema de Entreculturas é “Un mundo de alternativas para sanar a terra”, e que mellor que dende a escola para comezar cos nosos pequenos actos a contribuír a tal fin. Así que poñéndonos mans a obra, realizamos un obradoiro para facer papel reciclado, aínda que Abel quedou abraiado xa que os nosos alumnos tiñan máis que sabido como se reciclaba o papel. No noso cole o levamos facendo dende hai ben de tempo xa que é unha das nosas actividades para colaborar no rastro solidario, no que poñemos á venda as láminas de cores de papel  reciclado que os nosos alumnos e alumnas fan na clase de ciencias. Aínda así, aprendemos con Abel outra maneira de secar a pasta de papel, que difería un pouco da nosa técnica. Logo fixemos unhas dinámicas en grupo coas que pasamos un rato ben divertido e como colofón á xornada, un chiculate con galletas. Pasámolo xenial!!!

                                           Grazas a Abel e a Entreculturas  pola xornada de onte.


VISITA DE LANCY DODEM, FUNDACIÓN VICENTE FERRER

Un curso máis recibimos con ledicia a visita de Lancy Dodem ao CPI Virxe da Cela. Veu acompañado, como xa é  habitual, pola nosa entrañable amiga coruñesa Yolanda Ferrer, representante da FVF na cidade herculina. Os nenos e nenas o recoñeceron ao instante, e pouco a pouco fumos comprobando todos os detalles que lembraban da India a raíz de anteriores visitas. De novo prestaron moitísima atención ás explicacións de Lancy e abriron xunto a el o paquete que nos trouxo da India procedente da Konampalli School, coa que levamos a cabo un proxecto de intercambio cultural. Os rapaces de 6º leron ao resto dos nenos e nenas o contido  do libriño que viña no paquete  e visionamos logo un interesante video que Lancy  nos trouxo da India. Despedimos a Lancy cun forte aplauso e convidámolo a visitar de novo a nosa casa para o vindeiro curso académico.