viernes, 31 de marzo de 2017

A VAQUIÑA POLO QUE VALE

Logo gañador, autora: Alba Rodríguez Purriños

Este ano temos no centro un proxecto interdiscilinar sobre a vaca e o leite, o seu título é: A Vaquiña polo que Vale.
Toda  a comunidade educativa do CPI Virxe da Cela participa no mesmo dun xeito ou doutro. Este proxecto xurde da colaboración  ca Universidade da Coruña e as ongs  Solidariedade Internacional e Cooperación Galega co obxectivo de analizar como introducir o paradigma da Dimensión Global da Educación para o Desenvolvemento de xeito transversal nas nosas materias e asignaturas.
Desde a asignatura de Educación Plástica estivemos traballando como darlle visivilidade ao proxecto e levamos a cabo dúas propostas a primeira foi o deseño dun logotipo para o proxecto e a segunda foi un traballo de creatividade partindo da mesma silueta dunha vaca, cada alumno do noso centro desde Infantil a 4º de ESO fixo a súa proposta.
Nos seguintes vídeos podedes ver os traballos presentados:

CONCURSO DE LOGOTIPOS



DESFILE DE VACAS








jueves, 30 de marzo de 2017

Xornada de portas abertas o luns, 27 de marzo.


PROXECTO DOS MASAI DE INFANTIL

Hoxe  os nenos e profes de infantil avaliaron o seu proxecto dos Masai coa axuda de Mónica e o seu robot no Virxe DA Cela. Que ben o pasaron e canto saben estos nenos e nenas! Ás profes costoulles algo máis isto de andar con robots...





lunes, 20 de marzo de 2017

CURSO DE FORMACIÓN IMPRESORA 3D

Neste mes o profesorado do centro tivo o curso de formación sobre a impresión 3 D. Grazas a Ayuda en Acción e á empresa RICOH poidemos formarnos no manexo da impresora coa que contamos xa no noso cole. O plan de formación foi o seguinte:

 DIA 1
 1. Introducción a la impresión 3D
 2. Mantenimiento de la impresora
 3. Instalación software Repetier

 DIA 2
4. Diseño en 3D con Tinkercad
 5. Impresión de un objeto en 3D
 6. Práctica. Impresión de un objeto

 A motivación e implicación do profesorado foi sobresainte. Agora esperamos quitarlle un bo partido e seguir avanzando no uso e manexo das novas tecnoloxías.







O CPI VIRXE DA CELA DA O SALTO Á TERCEIRA DIMENSIÓN



jueves, 16 de marzo de 2017

O Virxe dá Cela, único colexio galego seleccionado para un programa de impresión en 3D

Quen pense que só os colexios urbanos garanten unha educación óptima en novas tecnoloxías deberían darse unha volta polo colexio rural Virxe dá Cela. Este pequeno centro escolar que agrupa ao alumnado de Irixoa e Monfero é un exemplo de como educar á última ás novas xeracións e contribuír ao tempo para fixar poboación nunhas aldeas moi castigadas polo envellecemento da poboación e o éxodo das últimas décadas.
O centro recibiu varios premios polo traballo en programación e robótica dos seus alumnos e desde hai uns días dispón dunha impresora 3D grazas a Ayuda en Acción e a empresa Ricoh. É o único colexio en Galicia que foi seleccionado para participar no programa de apoio á infancia Aquí tamén, que ten por reto "romper a fenda dixital" e garantir a igualdade de oportunidades no rural, como resume a coordinadora da ONG Beatriz Varela.
Ayuda en Acción seleccionou once centros en toda España para levar a impresión 3D ás aulas en colaboración con Ricoh, cuxos traballadores realizan donativos desde hai anos para facilitar material punteiro ás escolas que non teñen acceso ás mesmas oportunidades que os urbanos. "O centro meréceo, leva a cabo moitas iniciativas", incidían onte desde Ayuda en Acción. Esta ONG e Google colaboraron xa co Virxe dá Cela a través do programa Xenios, que lle valeu aos alumnos e ao seu profesor de Scratch o primeiro premio do Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia polo seu traballo de programación en torno ao camiño de Santiago.

A implicación do profesorado deste centro foi clave para involucrar aos pequenos de Virxe dá Cela en diversos proxectos de innovación tecnolóxica. A directora, Camiño Pereiro, agradecía onte a colaboración de Ayuda en Acción e Ricoh e celebraba o "enorme privilexio" que supón dispoñer dunha impresora 3D para desenvolver a competencia dixital do alumnado. "Como non se crean capaces agora de facer de todo cárgomos", bromeaba onte a directora dun colexio que combate desde hai anos a caída do alumnado co deseño de actividades que dean un "valor engadido" ao centro e contribúan a manter vivo o rural. Un esforzo que asumen tamén os pequenos, que formaron unha asociación en defensa das súas aldeas.

Ayuda en Acción acerca a tecnoloxía ao noso cole da man de Ricoh

O programa de apoio á infancia de Axuda en Acción, “Aquí tamén”  traballa para combater a desigualdade no noso país a través dos centros educativos, co obxectivo de mellorar a inclusión social da infancia, adolescencia e as súas familias en risco de exclusión. Unha das liñas de intervención do programa céntrase na innovación educativa con base tecnolóxica, baseada no ensino de programación, impresión 3D e robótica, para romper a fenda dixital, con énfase na educación en valores e o enfoque de xénero.

Ricoh colabora con Axuda en Acción, achegando o último equipamento de impresión 3D a 11 centros educativos do programa “Aquí tamén”, repartidos por todo o territorio español, e entre eles está o noso.

Así nace o proxecto Mak3rs by Ricoh, que contempla a doazón dunha impresora 3D a cada escola, así como o material necesario para que poidan traballar en clase. Ademais, capacitarase aos profesores por parte do equipo de voluntarios de Ricoh para conseguir que os mozos en risco de pobreza e exclusión social aprendan a interactuar coa tecnoloxía. Con este programa, que dá continuidade ao traballo que xa realiza Axuda en Acción, os nosos alumnos/as  desenvolverán habilidades dixitais, mellorarán a súa aprendizaxe e coñecemento colaborativo, á vez que se fomenta a educación tecnolóxica para impulsar o emprendemento e a innovación.

martes, 14 de marzo de 2017

RASTRO SOLIDARIO NO VIRXE DA CELA. E XA VAN NOVE!!!!

Un ano máis, e con este xa van nove, celebraremos unha xornada especial o vindeiro venres 31 de marzo. O motivo é a celebración do IX Rastro Solidario, edición vinculada tamén á Operación Quilo. O alumnado de 4º da ESO visitou hoxe todas as aulas do CPI Virxe da Cela, desde infantil ata secundaria, tratando de sensibilizar ao alumnado sobre a súa implicación nesta actividade, e repartindo circulares informativas ás familias. 

Durante os próximos días recolleremos todos aqueles obxectos que podades aportar para vender no Rastro.
 A continuación vos deixamos a circular .


viernes, 10 de marzo de 2017

CORRER E PENSAR NO CPI VIRXE DA CELA

Alumnos do IES de Mugardos y do noso colexio celebraron o mércores 8 unhas xornadas deportivas coincidindo co Día da Muller. A carreira de orientación realizada enmárcase dentro do programa Xogade do plan proxecta da Xunta de Galicia.







martes, 7 de marzo de 2017

HOMENAXE ÁS MULLERES NO CPI VIRXE DA CELA

O 8 de marzo celébrase en todo o mundo o Día Internacional da Muller. Unha celebración que, sobre todo, é unha reivindicación social e unha ocasión de facer un reconto dos avances realizados cara ao logro da igualdade de xénero. Aínda que se fixeron moitos progresos, estamos moi lonxe de alcanzar a igualdade de xénero no mundo enteiro. Non hai un só país no planeta onde as mulleres consigan a plena igualdade e o pleno goce dos seus dereitos. É por iso que temos que asegurarnos de que participen plenamente e gocen desa igualdade en todos os ámbitos da vida. 
Desde o noso cole quixemos facer unha homenaxe a todas as mulleres e darlles as grazas por.... Mellor que o vexades no vídeo, as palabras escritas quédanse curtas.


          

Tamén fixemos varios murais nos que colocamos a mulleres científicas de todos os tempos, as mulleres que son importantes na nosa vida e a mulleres relevantes no mundo da literatura.
 Aquí podedes ver o resultado.