domingo, 23 de octubre de 2016

ENTRECULTURAS XVIII ENCONTRO EN REDE : UN MUNDO DE ALTERNATIVAS PARA SANAR A TERRA


Un ano máis iniciamos o curso cun encontro en Rede, para poder compartir unha xornada lúdica e pedagóxica con outros mozos e mozas da Rede Solidaria da Mocidade Entrecuturas. Nesta ocasión acudimos un total de 13 alumnos/  e unha profe (mandamos desde aquí un bico enorme á nosa querida  Verónica que nesta ocasión non nos puido acompañar pola feliz nova da súa maternidade). Así, dedicamos un estupendo sábado (22 outubro 2016) para viaxar cara a Vigo e dirixirnos ao Instituto Colexio Apóstolo Santiago , centro anfitrión deste encontro.
         A xornada comezou cunha cálida acollida por parte dos alumnos/as e profesores/as do Centro de Vigo, que prepararon este evento con moito cariño e ilusión. Tras unha breve presentación do planning, o día  comezou cunha emotiva charla taller titulada “Amazonía: aprender a coidar da Casa Común”, impartida polo misioneiro Fernando López , integrante dun equipo itinerante que percorre o Amazonas acompañando aos pobos indíxenas na defensa dos seus dereitos, e a indixena da Amazonía Arizeta. Faláronnos de que temos que coidar o planeta, de que temos que simplificar a nosa vida para ser felices e  que unha educación que nos fai competidores faimos depredadores. Fernando falou con paixón de América Latina, onde chegou fai trinta anos seguindo o seu compromiso social. Desde fai máis de dezaseis anos defende desde a selva amazónica os dereitos das comunidades indíxenas. Recordounos de que o que pasa a miles de quilómetros da nosa casa ten que ver co noso estilo de vida e que hai que cultivar un corazón comprometido que saiba latir co corazón do outro e que sente tamén o corazón da nai terra. Necesitamos conectarnos coa terra e coidala.
Como colofón á charla regalou a todos e todas un anel feito con pel de coco para que lembremos  que se aquí non cambiamos a lóxica do consumo, a Amazonía e outros moitos  pobos da nosa terra seguirán sendo depredados.
Logo desta estupenda charla todos os rapaces e rapazas realizaron diferentes dinámicas centradas na temática do encontro “Un mundo de alternativas para sanar a terra”, mentres que os docentes realizabamos a nosa formación, adquirindo novas ferramentas didácticas para abordar a educación. Destacar que neste encontro acompañáronnos dous docentes de Portugal, Luís e Teresa, integrantes da Rede portuguesa de Educación para o Desenvolvemento e Cidadanía Global.
        E despois de tanto traballar… devoramos ao aire libre o xantar que nos estaba esperando e...de postre… a elaboración das axendas solidarias. O grupo do CPI Virxe da Cela presentou da man de Alex e Laura as nosas propostas solidarias de cara a este novo curso.
Como despedida o centro anfitrión agasallounos cunha planta que coidaremos con  moita ilusión para recordar o noso compromiso coa nai terra e coidado do medioambiente.
Chegamos cansos pero contentos e ilusionados para comezar os novos retos que desde Monferosolidario imos poñer en marcha.
Aquí vos deixamos unha fotos da xornada do encontro.


















viernes, 21 de octubre de 2016

FINALISTAS DO FESTIVAL OUFF ESCOLA DE OURENSE COA FAMILIA GRELINDA

Estamos de noraboa!!!. 
O noso centro resultou finalista no festival Ouff Escola de Ourense co audiovisual da Familia Grelinda, realizado para conmemorar os 40 anos da nosa escola.

O certame OUFF Escola do Festival de Cinema Internacional de Ourense recibiu nesta edición un total de 119 pezas realizadas por un total de 3.404 estudantes procedentes de toda Galicia. Con el,a Concellería de Cultura, Normalización Lingüística, o OUFF e a Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia teñen como obxectivo impulsar o uso do galego entre a mocidade, coñecer a visión desta sobre a súa contorna sociocultural e fomentar a creatividade audiovisual e o traballo en equipo, nunha linguaxe atractiva para o alumnado, que contribúa a xerar un espírito crítico.

Nesta edición do OUFF Escola repartiranse 2.600 euros en premios divididos en dúas categorías: unha conxunta de Infantil e Primaria e unha segunda para outros niveis de ensino non universitario (excepto as escolas oficiais de Imaxe e Son). En cada unha das dúas, o OUFF Escola entregará un primeiro premio de 600 euros para o centro, un segundo premio de 400, e o Premio Branco Amor ao Mellor Guión, dotado con 300 euros.

Os encargados e encargadas de escoller os traballos premiados desta edición serán Ánxos Fazáns -cineasta-, Déborah Vukusic -actriz-, Simone Saibene -cineasta-, Manoli Maseda -coordinadora provincial dos equipos de Normalización e Dinamización Lingüística- e Gregorio Ferreiro -representante de Secretaría Xeral de Política Lingüística-. Os premios entregaranse o 2  de novembro en Ourense.

  
Proxeccións e actividades OUFF Escola
Ademais, dentro do marco do OUFF Escola, proxectaranse dúas películas de referencia: Fantasía (1940) no 50 aniversario da morte de Walt Disney e Caseta by me (Rob Reiner, 1986), aproveitando que hai 30 anos que se estreou o filme. Ambas as proxeccións estarán expostas como "películas guiadas", xa que un profesional do sector audiovisual acompañará aos mozos para conversar con eles sobre o filme. O actor Rubén Ochandiano será o encargado de levar a cabo esta actividade con Caseta by me -para alumnado de secundaria- e o director e realizador Juan Galiñanes acompañará aos nenos e nenas que acudan ao visionado de Fantasia.

Aquí vos deixamos o vídeo da Familia Grelinda para qeu o volvades a ver. A que está chulo!!!


           

martes, 18 de octubre de 2016

ÁGORA XOVE: XORNADAS DE EDUCACIÓN NON FORMAL. 28 DE OUTUBRO ESPAZO XOVE DE BETANZOS

Programa de actividades para o venres día 28 de outubro no Espazo Xove de Betanzos:

18:00 PRESENTACIÓN ÁGORA XOVE. 

18:15 INAUGURACIÓN DA EXPOSICIÓN FOTOGRÁFICA: O voluntariado como expresión de compromiso social.

18:30 MESA REDONDA: Voluntariado e educación non formal: competencias clave desenvolvidas no ámbito da acción voluntaria.

ESFERA EDUCATIVA – Ana Vázquez Rodríguez, membro do Grupo de Investigación Esculca da Facultade de Ciencias da Educación da USC.
ESFERA SOCIAL - Mercedes Casanova Díaz, presidenta provincial de Cruz Vermella en A Coruña.

19:15 DESCANSO

19:30 ACTIVIDADES SIMULTÁNEAS.

BIBLIOTECA HUMANA. Contacto directo con voluntarios dos distintos ámbitos da acción voluntaria.

1. Voluntariado no ámbito
xuvenil: representante da Asociación Xuvenil Brigantium.
2. Voluntariado no ámbito ambiental: representante da Fundación Fragas do
Mandeo.
3. Voluntariado no ámbito europeo: representante do Concello de A Baña.
4. Voluntariado no ámbito da intervención social: representante de
Cáritas Interparroquial de Betanzos.
5. Voluntariado no ámbito da inmigración: representante de Cruz
Vermella Betanzos.
6. Voluntariado no ámbito da dependencia: representante de ASPACE.
7. Voluntariado no ámbito da violencia de
xénero: representante da Asociación Mirabal.
8. Voluntariado no ámbito da protección dos
animais: representante da Asociación Gatocán.

FOCUS GROUP. Retos e desafíos no ámbito do voluntariado.

20:30 CLAUSURA: Cecilia Vázquez Suárez, directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Xunta de Galicia.

lunes, 10 de octubre de 2016

EMERXENCIA EN HAITI


CHAMAMENTO ENTRECULTURAS:


    El pasado 4 de octubre el huracán Matthew arrasó la costa suroeste de Haití y parte de República Dominicana y Cuba. En Haití, según los últimos informes de Naciones Unidas, 350.000 personas necesitan asistencia y ya se contabilizan más de 450 víctimas mortales e innumerables daños en viviendas e infraestructuras. El sistema educativo haitiano también ha sido duramente golpeado: hasta la fecha, al menos 100 escuelas y 24.000 niños y niñas se están viendo afectados y 156 refugios temporales han sido establecidos en infraestructuras escolares. 

    Desde Entreculturas hemos activado nuestro protocolo de emergencia y, junto a nuestro socio local Fe y Alegría Haití, estamos organizando la respuesta a la emergencia en las siguientes líneas de intervención: Atender y apoyar a la comunidad local y a las familias afectadas. Rehabilitar los daños causados en las infraestructuras educativas. Prestar apoyo psicosocial a la población, especialmente a los niños y niñas. Gracias por seguir con Haití

I ENCONTRO MOVEMENTO POLA EDUCACIÓN TRANSFORMADORA E A CIDADANÍA GLOBAL


lunes, 3 de octubre de 2016

RECURSOS PARA TRABALLAR O VOLUNTARIADO NA EDUCACIÓN SECUNDARIA 2016

Informamos a todas e todos os interesados en realizar o curso en liña: RECURSOS PARA TRABALLAR O VOLUNTARIADO NA EDUCACIÓN SECUNDARIA, impartido por Ramón Molina, que a inscrición está á vosa disposición na seguinte ligazón:




 http://www.voluntariadogalego.org/voluntariado/index.php?mod=cur&idc=144