viernes, 10 de abril de 2015

OBRADOIRO DE CONSTRUCIÓN DE FORNOS SOLARES









       Durante a mañá do venres 10 de abril de 2015 desenvolveuse no CPI Virxe da Cela un interesante obradoiro para a construción de fornos solares, impartido por Juan Bello Llorente, profesor do departamento de Edificación e Obra Civil do CIFP Someso de A Coruña. Asistimos un grupo de profesores/as coa intención de aprender a construír con materiais baratos e de refugallo estes sinxelos aparellos que permiten cociñar utilizando o sol como fonte de enerxía. Escoitamos as explicacións que analizaban conceptos teóricos como “eficiencia enerxética”, “arquitectura bioclimántica”, “economía de recursos”, e simultaneamente puxémonos mans á obra deseñando e construíndo dous modelos diferentes de forno solar a partir de caixas de cartón. 

          Faltounos ese día a fonte mesma de enerxía, xa que o sol ficaba feble e apagado tras a néboa. Que mágoa, porque do contrario poderíamos comprobar directamente o funcionamento e a eficiencia dos fornos solares comendo un delicioso polo asado… O caso é que a lección queda aprendida. Agora tócanos a nós, como docentes, difundir esta práctica entre o noso alumnado, e tal vez a finais de curso, cando os raios do sol incidan con máis forza, podamos facer unha xornada especial no patio exterior poñendo todos os fornos construídos a pleno funcionamento e rendemento e… con xantar incluído!



No hay comentarios:

Publicar un comentario