miércoles, 22 de abril de 2015

4 ALUMNAS DO CPI VIRXE DA CELA IMPARTEN UNHA CHARLA NO SEMINARIO INTERNACIONAL SOBRE O DEREITO Á EDUCACIÓN









       “A educación cambia o mundo”, esta é unha afirmación que compartiron todos os/as asistentes ao Seminario Internacional sobre o Dereito á Educación tras presenciar a charla-obradoiro “Experiencias de ensinanza-aprendizaxe para cambiar o mundo”, impartida por catro alumnas do CPI Virxe da Cela o pasado martes 21 de abril de 2015 (Facultade Ciencias Educación USC, Santiago de Compostela). 

       Ana Pena e Andrea Brage (2º ESO), xunto con Antía Gómez e Sofía Pena (4º ESO) demostraron as súas capacidades docentes guiando e dinamizando a un grupo de 40 persoas (estudantes universitarios, docentes, educadores sociais, voluntarios, psicólogos, etc), que tiveron que efectuar diferentes actividades relacionadas coa CME (Campaña Mundial pola Educación), que este ano ten o lema “Eu voto pola educación”. Comezando por unha auténtica votación con papeletas e furna, e finalizando un divertido “selfie”, o obradoiro ofreceu un marco ideal para reflexionar sobre a importancia da educación e para definir, aínda que utopicamente, un sistema educativo ideal e esbozar unha imaxe do docente que fora quen de materializar ese soño. 

     O CPI Virxe da Cela leva desde o ano 2009 participando activamente na CME (Campaña Mundial pola Educación) e a SAME (Semana de Acción Mundial pola Educación), enmarcando estas actividades dentro do proxecto Monferosolidario, no que se conxuga a educación en valores e a educación para o desenvolvemento. Agradecemos ás ONGs Entreculturas e Ayuda en Acción, encargadas de organizar a CME 2015 en Galicia, por convidarnos a estas xornadas e ofrecernos un ha oportunidade para difundir o noso traballo.


 

No hay comentarios:

Publicar un comentario