sábado, 7 de marzo de 2015

AS MULLERES DA NOSA VIDA










O día 8 e marzo celebrouse o día internacional da muller traballadora. O Departamento de Orientación quixo aproveitar dita data para realizar unha actividade co alumnado do centro cuxo obxectivo era facer reflexionar aos rapaces e rapazas do valor da muller na sociedade e, sobre todo, do cambio tan importante que tivo o rol da muller ao longo do século XX. Para iso propuxemos as seguintes actividades:

 - Para a etapa de Educación Infantil e 1º, 2º e 3º de Educación Primaria, a elaboración dun mural conxunto sobre as “mulleres da miña vida”, onde os nenos e as nenas pintaron as caras da súa mamá, avoa, tía, etc., decorando o pelo con diferentes materiais de cores; ademais acompañouse o debuxo cunha pequena lenda (con axuda das titoras en función da idade do alumno). Os traballos expuxéronse ao redor do mural central que leva inscrita a seguinte cita: “A humanidade posúe dúas ás: unha é a Muller e a outra o Home. Ata que as dúas ás non estean igualmente desenvolvidas, a humanidade non poderá voar”.

 - Para 4º, 5º e 6º de Primaria e todos os cursos da ESO, propuxemos a elaboración dunha pequena entrevista a unha muller importante da vida dos alumnos, a ser posible maior de 60 anos. Non se trataba de buscar grandes historias, se non historias persoais de mulleres que viviron os grandes cambios que houbo no noso país no século XX, e que reflexionaran e tiveran curiosidade por afondar nesas vivencias. Tamén se podía aportar unha fotografía actual ou antiga. Cos traballos realizados elaborouse un libro por nivel. 

Moitas grazas a todos as mestras e profesores que participaron e, especialmente, aos nosos alumnos e alumnas, que aportaron os seus traballos, traballos que están expostos no centro para que toda a comunidade educativa poda disfrutalos.


No hay comentarios:

Publicar un comentario