martes, 31 de marzo de 2015

ESPECIAL RADIOFÓNICO VII RASTRO SOLIDARIO E OPERACIÓN QUILO 2015







       Quixemos compartir esta xornada tan especial, a celebración do VII Rastro Solidario e Operación Quilo 2015, con toda a nosa comunidade educativa, e por que non, con todos os nosos seguidores/as e admiradores/as. E que mellor transporte que as ondas radiofónicas para difundir esta experiencia?

     Coincidindo coa realización do obradoiro de radio impartido por Lucía Abarrategui e Sergio Pascual, o alumnado de 4º de educación primaria sentou ao micrófono a diferentes convidados para que explicasen a súas impresións. Nesta ocasión a biblioteca escolar converteuse nun auténtico estudio radiofónico e foron moitos/as os que se achegaron a este espazo para presenciar en directo a gravación deste especial radiofónico. 

        Entre as figuras entrevistadas destacamos as intervencións de Sonia Freire, nai de dúas alumnas que cursan educación secundaria neste centro, que explicou a implicación das familias, por segundo ano consecutivo, nesta actividade. Tamén contamos coa participación de Ramón Molina, coñecido por todos/as no noso centro e que nos visitou unha vez máis para gravar e documentar todo o proceso, e destacou diante dos micros a importante labor do noso centro en campañas solidarias deste calibre, feito que resalta e potencia o prestixio do CPI Virxe da Cela dentro da Rede de Centros Escolares Solidarios da Xunta de Galicia (Plan Proxecta). Contamos tamén coa intervención de Pablo Rodríguez Gómez, dinamizador da Rede Galega de Dinamización Xuvenil (Xunta de Galicia), que visitou hoxe o noso centro para ofrecer diferentes obradoiros ao alumnado de ESO e así completar esta xornada tan especial.


lunes, 30 de marzo de 2015

OBRADOIRO ENTRECULTURAS







        Algunha vez parástesvos a pensar cal é o significado de “Monferosolidario”? O grupo de alumnos e alumnas do CPI Virxe da Cela que conforman o núcleo máis activo da Rede Solidaria da Mocidade Entreculturas foron quen de facer unha completa radiografía do proxecto Monferosolidario partindo das letras que conforman esta palabra: un auténtico labirinto e encrucillada que abarca conceptos tan significativos como Ilusión, Amizade, Estabilidade, Identidade, Oportunidade, Respecto, Emoción, Organización, Innovación, Riqueza, Igualdade, Liberdade, Optimismo, Educación, Felicidade… 

       Si todos estes conceptos serven para o alumnado como materia prima para o noso proxecto de educación en valores… que enorme sensación de satisfacción podemos sentir os/as docentes e outras persoas que participamos del, entendendo que os froitos son ben visibles! Son xa moitos os anos que camiñamos cara ao cambio … e estamos convencidos de que é posible! 

    Temos que agradecer novamente a Entreculturas polo seu compromiso no noso centro, facilitándonos esta reunión-obradoiro da que todos sacamos conclusións positivas. Nesta ocasión a Sandra Rodríguez (técnico de Entreculturas) contou coa axuda de Luz Mery (ex-alumna do noso centro e voluntaria nesta ONG) para levar a cabo esta dinámica reflexiva. Esta actividade estivo englobada na xornada especial de celebración do “VII Rastro Solidario e Operación Quilo 2015”, que tivo lugar o pasado venres 27 de marzo no CPI Virxe da Cela.

OBRADOIROS XUVENTUDE E VOLUNTARIADO XUNTA DE GALICIA














      Un grupiño de alumnos/as de 3º da ESO mostra as camisetas de Xuventude e Voluntariado da Xunta de Galicia, un pequeno agasallo que recibiron todos os rapaces e rapazas de 3º e 4º da ESO do CPI Virxe da Cela tras a súa participación nos obradoiros celebrados na mañá do venres 27 de marzo como complemento á xornada especial do “VII Rastro Solidario e Operación Quilo 2015”. 

      Estes obradoiros foron ofertados no noso centro a través de Pablo Rodríguez Gómez (Rede Galega de Dinamización Xuvenil da Xunta de Galicia), que desde inicios deste curso escolar 2014-2015 ofreceu a súa axuda e colaboración para apoiar o noso proxecto Monferosolidario. Acompañado por Borja (monitor do obradoiro) instalaron unha vistosa minicarpa no patio cuberto, un equipo de música e… a xogar! Rapaces e rapazas correron, bailaron e repartiron gargalladas coas diferentes probas que tiveron que superar. Xa de maneira máis tranquila e reflexiva, a segunda parte deste obradoiro efectuouse na sala de Usos Múltiples, e con materiais tan sinxelos como vasos de plástico os diferentes grupos tiveron que afrontar o reto de construír unha obra de arte. A clave do éxito deste xogo consistía en saber traballar cooperando, facer un bo reparto de tarefas e aprender a escoitar e respectar as diferentes propostas, chegando a unha decisión consensuada.  
     
     Está claro que a mais das camisetas, os alumnos e alumnas lévanse de regalo unha valiosa aprendizaxe para o seu futuro: todo un kit de habilidades para o traballo cooperativo, e un pack de valores para o respecto e a solidariedade!

sábado, 28 de marzo de 2015

CELEBRACIÓN DO VII RASTRO SOLIDARIO E OPERACIÓN QUILO 2015



      







        Despois dunha intensa semana dedicada aos preparativos para a “VII Rastro Solidario e Operación Quilo 2015” chegou o tan ansiado venres 27 de marzo (non só por esta xornada tan especial, senón tamén porque sempre coincide co comezo das vacacións de Semana Santa). Os rapaces e rapazas de 4º da ESO, auténticos veteranos (levan presenciando ano tras ano, desde que teñen uso de memoria, a celebración desta actividade que xa é todo un referente no noso centro educativo) foron os encargados de atender os diferentes mostradores de compra-venda, mentres que un grupiño de pais e nais centrábanse na tarefa de trocar alimentos por vales e ir organizando os paquetes de alimentos en caixas. 

       Non tardaron de chegar á primeira hora da mañá o grupiño de nenos e nenas de educación infantil, que viviron este acontecemento con moitísima ilusión e alegría. Viñeron cargados de bolsas de arroz, pasta, galletas, etc. e volveron tamén cargados con moitos xoguetes… E así, curso por curso, desde os máis pequenos ata os maiores que cursan a ESO, foron pasando todos os grupos acompañados cos seus profesores. As imaxes que acompañan esta crónica amosan o dinamismo e satisfacción de todos/as os asistentes: rapaces/as, profesores/as, familias, cociñeiras, bedel, administrativa, etc… Sen esquecernos das visitas: Ramón Molina (coordinador da Rede de Centros Escolares Solidarios do Plan Proxecta, Xunta de Galicia), María Caride (técnico da ONG Solidariedade Internacional Galicia), Mª José Tejeras (técnico da ONG Ayuda en Acción), e un grupo de alumnas de Comunicación Audiovisual que viñeron gravar e documentar o evento.

       Quixemos completar esta xornada tan especial coa realización de actividades paralelas: en sesión de mañá o alumnado de 1º, 2º e 3º da ESO participou dun divertido e didáctico obradoiro ofertado por Xuventude e Voluntariado (Xunta de Galicia), mentres que na biblioteca escolar o alumnado de 4º de primaria realizada a gravación dun especial radiofónico coa axuda de Lucía Abarrategui e Sergio Pascual (Radio Itinerante Creativa). Despois do xantar o noso compañeiro Álex de 3º da ESO agasallou aos rapaces/zas de 5º, 6º primaria e ESO cun espectáculo de DJ na aula de Usos Múltiples, e posteriormente o grupo de alumnos/as pertencentes á Rede Solidaria da Mocidade Entreculturas reuníronse con Sandra Rodríguez, técnico desta ONG, para programar as actividades que se desenvolverán neste último trimestre. 

      E por si fora pouco todo o que esta xornada nos aporta como centro, aínda hai que engadirlle a montaña de alimentos que proximamente levaremos á Cociña Económica de Ferrol, así como os 232’30 euros que se recadaron na caixa de doazóns, que tamén irán destinados a esta institución ferrolana. 
 

  

miércoles, 25 de marzo de 2015

#YOVOTOPORLAEDUACION

    

  Como cada año, estamos preparando la Semana de Acción Mundial por la Educación (SAME). Del 20 al 26 de abril, con el lema Yo voto por la educación. ¿Y tú?, millones de personas en todo el mundo nos movilizaremos para que todas las personas puedan ejercer su derecho a la educación. 2015 es un año importante para recordar a nuestros gobernantes que la educación es un derecho humano y que debe estar entre las prioridades de las políticas del desarrollo. 

      La Campaña Mundial por la Educación, organizadora de la SAME, tiene entre sus objetivos la formación de una ciudadanía comprometida con el derecho a una educación universal, gratuita y de calidad. Por ello, hemos preparado propuestas didácticas para infantil, primaria, secundaria, bachillerato y educación de personas adultas, y también para el ámbito de la educación no formal, para trabajar en el aula y unirse a la movilización mundial. 

       Y como siempre, ¡esperamos que nos lo contéis para compartirlo en el blog! Un abrazo. El Equipo de Ayuda en Acción

jueves, 19 de marzo de 2015

FACENDO MEMORIA: MÁIS DE DEZ ANOS DE CAMPAÑA

Adxuntamos unhas liñas redactadas pola nosa ben querida Sandra Rodríguez Couso, Técnica de Entreculturas, sobre o video da CME (Campaña Mundial pola Educación) na que participaron alumnado e profesorado do CPI Virxe da Cela. Se premedes na imaxe poderedes acceder á páxina onde está pendurada más información.


¡Hola! Aquí os mando el enlace a la página web de la Campaña Mundial por la Educación, en la que hemos colgado la noticia de la grabación del vídeo de la SAME de este año y en que el vosotros/as seréis principales protagonistas.Tenéis fotos de las grabaciones en el mismo enlace. Un abrazo y muchas gracias por participar y ser voz de la Campaña Mundial por la Educación un año más y en un año tan importante y decisivo como lo es 2015.


http://www.cme-espana.org/gl/noticia/facendo-memoria-mais-de-dez-anos-de-campana


RCES.VOLUNTARIADOGALEGO.ORG


        No II Encontro de alumnado da Rede de Centros Escolares Solidarios efectuosue co profesorado asistente un world café para xerar propostas de mellora da propia rede. Unha das propostas xurdidas foi a realizacion dun blog da rede. A materialización desa proposta xurdida do profesorado é este blog (premede nesta imaxe e accederedes directamente):



rces.voluntariadogalego.org 

       Dende este blog pretendemos xerar un espazo de encontro dos centros da RCES, que teña utilidade práctica, que sriva para coñecernos e recoñecernos, ver o día a día dos diferentes centros, etc...Para iso, dende este blog poderiamos destacar os seguintes apartados, algúns dos cales terán o alcance que o proceso colaborativo entre os centros permita:
 - Espazo de novas para coñecer o día a día da Rede de Centros Escolares Solidarios. Enviádenos os vosos documentos ou enlaces para poder subilas ao blog e dar información do movemento da rede. 
- Agrupación de tódalas creacións audiovisuais xeradas no marco do programa e que algunhas delas teñen un valor didáctico moi interesante. 
-Recursos da rede. referida a documentos xerados nos vosos centros e que teñen unha utilidade didáctica e que desexedes compartir na rede. 
-Banco de recursos. Un espazo onde iremos subindo progresivamente documentos que consideramos de interese para o voso desenvolvemento dos proxectos solidarios e de voluntariado que impulsades nso vosos centros. 

          En definitia, este blog é un espazo compartido que precisa da colaboración de todos e todas para facelo útil, e interesante na rede. Tódalas vosas achegas serán ben recibidas para mellorar a ferramenta que vos presentamos.

Ramón Molina Gómez Educador Social - Director Técnico de Arelar

miércoles, 18 de marzo de 2015

PRENSA E MEDIOAMBIENTE

Achegamos unha unidade didáctica elaborada por SOGAMA para traballar na aula a temática do Medio Ambiente a través da prensa.


martes, 17 de marzo de 2015

VII RASTRO SOLIDARIO: CAMPAÑA DE SENSIBILIZACIÓN

Un ano máis, e con este xa van sete, celebraremos unha xornada especial o vindeiro venres 27 de marzo, día que rematamos as clases antes das vacacións de Semana Santa. O motivo é a celebración do VII Rastro Solidario, esta edición vinculado tamén á Operación Quilo. O alumnado de 1º da ESO visitou hoxe todas as aulas do CPI  Virxe da Cela, desde infantil ata secundaria, tratando de sensibilizar ao alumnado sobre a súa implicación nesta actividade, e repartindo circulares informativas ás familias. 






REMATE DA CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE ROUPA

Grazas a toda a comunidade educativa do CPI Virxe da Cela por participar na campaña de recollida de roupa e calzado usado a través da organización Glorr. Rematada a campaña a organización achegouse o pasado luns 16 de marzo de 2015 ao noso centro educativo a recoller nin máis nin menos que unha gran pila de bolsas... bolsiña a bolsiña conseguimos encher toda unha furgoneta... Esperamos que esta roupa e calzado usado donado polas familias de Monfero e Irixoa chegue a un bo destino, e facilite a vida doutras familias máis necesitadas. Sabemos que é un simple xesto, pero sumando podemos facer unha grande montaña...







jueves, 12 de marzo de 2015

FIRMA CONVENIO AYUDA EN ACCIÓN


Por segundo ano consecutivo o CPI Virxe da Cela e o ANPA deste centro educativo firmaron un convenio de colaboración coa Fundación Ayuda en Acción. A través deste documento esta fundación levará a cabo no noso centro un programa orientado a xerar cambios positivos na sociedade, nas familias e nos nenos e nenas. Entre as accións previstas figuran a creación de redes de apoio mutuo para fortalecer o traballo en equipo e impulsar esta rede entre a comunidade educatia, implicando a docentes, familias e alumnado e outros axentes sociais que interveñan na creación dunha contorna socio-educativa máis favorable. O presente acordo de colaboración entrará en vigor a partires da data da súa sinatura (12 de marzo de 2015), e terá unha duración do curso escolar vixente, coa posibilidade de prorrogarse para o vindeiro curso académico. Proximamente o centro educativo inscribirase na vixente edición do programa educativo da Fundación Ayuda en Acción “Agora Toca…”, incorporando no currículo escolar as propostas educativas e actividades do mesmo, principalmente a través das accións de Monferosolidario

miércoles, 11 de marzo de 2015

EN MARCHA A CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE ROUPA E CALZADO

A poucos días de que finalice o prazo de entrega de roupa e calzado usado para a campaña de recollida a través da organización GLORR, esta imaxe é unha mostra da participación da comunidade educativa do CPI Virxe da Cela. Por terceiro ano consecutivo unímonos a esta iniciativa depositando nas bolsas plásticas que a propia organización nos facilita roupa e calzado usado que temos nas nosas casas. O seu destino: facilitar estes bens a aqueles que están a pasar unha difícil situación económica, ou incluso acabar nunha planta de reciclaxe e cos ingresos obtidos financiar proxectos educativos que esta organización ten en diferentes lugares da xeografía mundial. 


sábado, 7 de marzo de 2015

O XOGO NON TEN XÉNERO

Queremos compartir con toda a comunidade educativa estos fabulosos materiais editados pola Fundación Ayuda en Acción, a través do seu programa educativo "Agora Toca". Tanto docentes como familias poderán levar a cabo as ideas recollidas neste documento, que baixo o título "O xogo non ten xénero" tratarán de sensibilizar e concierciar aos máis pequenos e pequenas sobre a importancia de acadar a igualdade entre homes e mulleres.

AS MULLERES DA NOSA VIDA










O día 8 e marzo celebrouse o día internacional da muller traballadora. O Departamento de Orientación quixo aproveitar dita data para realizar unha actividade co alumnado do centro cuxo obxectivo era facer reflexionar aos rapaces e rapazas do valor da muller na sociedade e, sobre todo, do cambio tan importante que tivo o rol da muller ao longo do século XX. Para iso propuxemos as seguintes actividades:

 - Para a etapa de Educación Infantil e 1º, 2º e 3º de Educación Primaria, a elaboración dun mural conxunto sobre as “mulleres da miña vida”, onde os nenos e as nenas pintaron as caras da súa mamá, avoa, tía, etc., decorando o pelo con diferentes materiais de cores; ademais acompañouse o debuxo cunha pequena lenda (con axuda das titoras en función da idade do alumno). Os traballos expuxéronse ao redor do mural central que leva inscrita a seguinte cita: “A humanidade posúe dúas ás: unha é a Muller e a outra o Home. Ata que as dúas ás non estean igualmente desenvolvidas, a humanidade non poderá voar”.

 - Para 4º, 5º e 6º de Primaria e todos os cursos da ESO, propuxemos a elaboración dunha pequena entrevista a unha muller importante da vida dos alumnos, a ser posible maior de 60 anos. Non se trataba de buscar grandes historias, se non historias persoais de mulleres que viviron os grandes cambios que houbo no noso país no século XX, e que reflexionaran e tiveran curiosidade por afondar nesas vivencias. Tamén se podía aportar unha fotografía actual ou antiga. Cos traballos realizados elaborouse un libro por nivel. 

Moitas grazas a todos as mestras e profesores que participaron e, especialmente, aos nosos alumnos e alumnas, que aportaron os seus traballos, traballos que están expostos no centro para que toda a comunidade educativa poda disfrutalos.


viernes, 6 de marzo de 2015

8 de MARZO: DÍA DOS DEREITOS DA MULLER


Este domingo 8 de marzo celébrase o Día Internacional da Muller. Neste día é fundamental recordar que todas as persoas, xa sexa homes ou mulleres, posúen unha dignidade e, por iso, teñen dereito á igualdade. Ademais, este ano 2015 é un momento histórico: cúmprense 20 anos da Declaración e a Plataforma de Acción de Beijing, folla de ruta para a materialización dos dereitos das mulleres, e cúmprese a data fixada para o cumprimento dos Obxectivos da Educación para Todos (EPT) e dos Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio (ODM).
A día de hoxe, aínda queda moito por facer para que os dereitos das mulleres e as nenas non sexan vulnerados. Aínda non fomos capaces de suprimir as disparidades entre sexos no ensino primario e secundario e lograr a igualdade de xénero na educación. Os obstáculos máis relevantes son a pobreza, as prácticas sociais discriminatorias, a distancia dos centros escolares para as persoas que viven en zonas rurais, os matrimonios precoces, a falta de instalacións sanitarias axeitadas que fai que as mulleres e as nenas sexan máis vulnerables á violencia, ou vivir en ámbitos escolares perigosos por conflitos armados.
 O Estado ten un papel fundamental en promover políticas e estratexias adecuadas para lograr unha educación de calidade para nenas e mulleres, como por exemplo: 
•Asegurar un investimento axeitado que teña impacto en todos os obstáculos que impiden a educación das mulleres e nenas.
•Acurtar as brechas producidas pola pobreza e a exclusión e facer que a educación sexa de igual calidade para todos e todas.
•Revisar a estrutura e o funcionamento xeral do sistema educativo, erradicando calquera forma de discriminación e incluíndo eixes transversais para a equidade de xénero.
•Unha boa escola vai asociada a un bo proxecto de comunidade. Coherencia entre os códigos éticos da escola e os códigos éticos que desenvolve a convivencia cotiá.
•Garantir unha boa formación dos docentes en perspectiva de xénero, cidadanía e democracia.
•Asegurar características inclusivas na escola como: infraestruturas axeitadas, contidos e materiais educativos comprometidos coa igualdade de xénero e que sexan espazos de reeducación das relacións entre home e mulleres eliminando os roles tradicionais.

Para a consecución plena do dereito á igualdade no mundo, son necesarias sociedades que traballen en pro de dito dereito e a favor do empoderamento das mulleres. Está amplamente recoñecido pola comunidade internacional, que os países con maior igualdade entre homes e mulleres experimentan progresos en diferentes ámbitos como maior crecemento económico, erradicación da pobreza, desenvolvemento sostible e acordos de paz máis duradeiros.

Por iso todos debemos de  seguir traballando na liña da sensibilización e da incidencia política. Porque, cantos máis sexamos empurrando nesta dirección, máis forte será a nosa voz e máis pronto lograremos alcanzar a meta dunha cidadanía igualitaria, con plenos dereitos e garantista dunha igualdade real e diaria entre homes e mulleres.

jueves, 5 de marzo de 2015

O PASAPORTE SOLIDARIO CHEGA ÁS AULAS DE SECUNDARIA DO CPI VIRXE DA CELA

O alumnado de 4º de educación primaria do CPI Virxe da Cela visitou as aulas de educación secundaria para entregar aos rapaces e rapazas da ESO o Pasaporte Solidario. Por tanto agora este documento que certifica a participación en accións solidarias xa está en vigor no noso centro. Nada máis temos que pegar unha fotografía, cubrir os nosos datos e comezar a redactar todos eses pequenos xestos que tan poco custan e tan importantes son: no cole, coa familia, cos veciños... sempre hai a oportunidade de ofrecer a nosa axuda e... todos/as sairemos gañando!






miércoles, 4 de marzo de 2015

O CPI VIRXE DA CELA CELEBRA A SEMANA DA PRENSA NA ESCOLA

"Son poucos. Tan só 154 alumnos (e tendendo á baixa) e 24 profesores. E, por riba, o centro atópase nun concello coruñés, Monfero, montañoso e lonxe das principais vías de comunicación". Así comeza o xornalista Cristóbal Ramírez a súa crónica sobre o CPI Virxe da Cela publicada esta misma mañá do mércores 4 de marzo de 2015 no especial La Voz de la Escuela adicado á Semana da Prensa da Escola. Estar alonxado das principais vías de comunicación físicas e terrestres non significa estar "incomunicado", xa que o noso centro educativo leva anos utilizando diferentes medios de comunicación como parte do proceso de ensinanza-aprendizaxe. Participamos no programa Prensa Escuela de La Voz de Galicia grazas ao cal recibimos semanalmente a prensa na aula, e desde os primeiros cursos o noso alumnado comeza a descubrir acontecementos notables e de actualidade a través dos xornais. A radio constitúe outro medio de comunicación moi utilizado e valorado tanto polo alumnado como polo profesorado da nosa escola, á que chegou da man de Lucía Abarrategui e Sergio Pascual co seu proxecto de Radio Itinerante Creativa. E de novo nas palabras de Cristóbal Ramírez, que pecha o seu artigo remarcando que "todo un exemplo para un centro que acomete a Semana da Prensa na Escola facendo o que sabe facer: traballar cos medios de comunicación e valerse deles un día si e outro tamén"






martes, 3 de marzo de 2015

PODCAST PRESENTACIÓN PASAPORTES SOLIDARIOS



A Radio CPI Virxe da Cela recibiu ao voluntario e xornalista Cristobal Rámirez, que veu a presentar o novo Pasaporte Solidario, que entrega todos os cursos a Xunta de Galicia. O programa, dirixido por alumnos de 4º de Primaria, contou coa participación do alumnado do centro, nun espazo de comunicación e solidariedade sonoro. Entérate de máis e escoita o podcast do programa radiofónico "Pasaportes Solidarios", gravado no CPI Virxe da Cela o pasado venres 20 de febreiro.