martes, 23 de septiembre de 2014

1ª XUNTANZA DO CURSO 2014-2015 DOS PROFES DA REDE SOLIDARIA DE ENTRECULTURAS


Comeza un novo curso e con el comezan tamén as actividades da Rede Solidaria. E para ir quentado motores, como diría a nosa queridísima Sandra, acudimos este venres 19 de setembro á primeira xuntanza de profesores convocada por Entreculturas e realizada en Santiago.  Non puidemos estar todos os profes pero fomos unha boa representación da Rede, como podedes ver nesta foto de familia.

Na reunión, Sandra fixo un resumo das conclusións sacadas das avaliacións realizadas polos grupos asistentes á actividade zonal de fin de curso da Rede Solidaria da Mocidade e entregounos e comentou o material e as campañas educativas pera este novo curso 2014-2015, así como a presentación da AXENDA de actividades da Rede Solidaria cuxa temática será  “Educación e dereitos económicos, sociais e culturais”.
Subliñar  como principais novidades para este curso as seguintes:
·         A celebración dos 10 anos da Rede Solidaria da Mocidade en Galicia. Esta efeméride terá especial protagonismo durante a celebración da Asemblea de comezo de curso, así como ao final do curso escolar.
·         Apoio aos grupos da Rede Solidaria en 2 aspectos principais: por unha banda no primeiro trimestre do ano faranse visitas aos grupos, durante as que se realizarán diagnósticos que axuden no acompañamento e planificación das accións e, por outra banda, se dará  visibilidade e recoñecemento ao traballo dos grupos da Rede Solidaria ante os equipos directivos dos centros e a Consellería de Educación.

Todo isto o podedes ler mais detidamente nos documentos adxuntos que tedes mais abaixo e que podedes tamén descargar desde este blog.


                        Benvidos/ás ao novo curso da Rede Solidaria!!!


                         
                               Axenda rsm 14_15 from Yolanda Castro López


                        
                                  Resumen xuntanza from Yolanda Castro López

No hay comentarios:

Publicar un comentario