jueves, 25 de septiembre de 2014

PAVANI 2014



Iniciamos o curso académico 2014-2015 cunha carta de Pavani, a nosa amiguiña da India que está a ser apadriñada polo alumnado do CPI Virxe da Cela dentro dun programa da Fundación Vicente Ferrer. Fai xa case catro anos que o alumnado que cursaba entón 4º da ESO tivo esta iniciativa, e desde entón, ano tras ano, estes alumnos/as que deixan o noso colexio, pasan o relevo á nova clase de 4º da ESO. Transcribimos a continuación a carta que Pavani escribiu en lingua telegu aos seus padriños e madriñas: 


     Queridos amigos/as: 

      Aquí estamos moi ben de saúde e esperamos que tamén o esteades vos. Pasei o 6º curso, por iso estou moi contenta desde que sei esa noticia. Tiven as vacacións de verán desde o 24 de abril ao 12 de xuño. Nestes días, a Fundación Vicente Ferrer deu unhas clases especiais aos alumnos/as de 6º curso para as materias de Hindi, Inglés, Telegu e Matemáticas, e eu tamén asistín a elas. Fun á cidade de Bangalore. Alí viven os meus tíos. Os meus pais traballan no campo. 

       Moitas grazas pola vosa axuda. Pavani.

martes, 23 de septiembre de 2014

1ª XUNTANZA DO CURSO 2014-2015 DOS PROFES DA REDE SOLIDARIA DE ENTRECULTURAS


Comeza un novo curso e con el comezan tamén as actividades da Rede Solidaria. E para ir quentado motores, como diría a nosa queridísima Sandra, acudimos este venres 19 de setembro á primeira xuntanza de profesores convocada por Entreculturas e realizada en Santiago.  Non puidemos estar todos os profes pero fomos unha boa representación da Rede, como podedes ver nesta foto de familia.

Na reunión, Sandra fixo un resumo das conclusións sacadas das avaliacións realizadas polos grupos asistentes á actividade zonal de fin de curso da Rede Solidaria da Mocidade e entregounos e comentou o material e as campañas educativas pera este novo curso 2014-2015, así como a presentación da AXENDA de actividades da Rede Solidaria cuxa temática será  “Educación e dereitos económicos, sociais e culturais”.
Subliñar  como principais novidades para este curso as seguintes:
·         A celebración dos 10 anos da Rede Solidaria da Mocidade en Galicia. Esta efeméride terá especial protagonismo durante a celebración da Asemblea de comezo de curso, así como ao final do curso escolar.
·         Apoio aos grupos da Rede Solidaria en 2 aspectos principais: por unha banda no primeiro trimestre do ano faranse visitas aos grupos, durante as que se realizarán diagnósticos que axuden no acompañamento e planificación das accións e, por outra banda, se dará  visibilidade e recoñecemento ao traballo dos grupos da Rede Solidaria ante os equipos directivos dos centros e a Consellería de Educación.

Todo isto o podedes ler mais detidamente nos documentos adxuntos que tedes mais abaixo e que podedes tamén descargar desde este blog.


                        Benvidos/ás ao novo curso da Rede Solidaria!!!


                         
                               Axenda rsm 14_15 from Yolanda Castro López


                        
                                  Resumen xuntanza from Yolanda Castro López

domingo, 21 de septiembre de 2014

DOCUMENTAL DO CPI VIRXE DA CELA PRODUCIDO POR AYUDA EN ACCIÓN



Baixo o título "En el ámbito rural el colegio es el lugar donde se pueden encontrar con iguales" estase a lanzar este documental de catro minutos de duración producido por Ayuda en Acción e realizado por Gabriel Pecot e Celia Hernández. A través deste video reflíctese o proxecto de colaboración iniciado o pasado curso escolar entre a Fundación Ayuda en Acción, o CPI Virxe da Cela e a ANPA deste centro. Unha docente, unha alumna e unha nai da ANPA poñen a súa voz e testenuña para describir a situación actual deste centro escolar ubicado no rural galego que acolle alumnado dos concellos de Monfero e Irixoa. Toda a comunidade educativa está implicada neste proxecto de educación en valores que trata de dinamizar o noso centro, principal punto de "socialización" do noso alumnado.

sábado, 20 de septiembre de 2014

XA ESTAMOS DE VOLTA!!!

Pois si, xa está aquí o novo curso escolar. Comezamos esta nova andaina con ilusións renovadas, con moitas ideas, proxectos en mente e ganas de aprender, porque na vida todos somos eternos aprendices.
Esperamos que o verán fora aproveitado do mellor modo posible, e que o seu recordo axude a alimentar esa actitude positiva tan necesaria e intelixente de ser felices e de facer felices aos demais. Así que aí van os nosos mellores desexos para este novo curso.
Saúdos e feliz curso dende Monferosolidario