viernes, 28 de marzo de 2014

SE TI PODES... POR QUE NON?
















Esta frase tan directa é a elixida polo alumnado de 1º da ESO do CPI Virxe da Cela para lanzar unha campaña en prol do voluntariado, obxectivo principal do obradoiro impartido por Ramón Molina dentro do programa "Rede de Centros Escolares Solidarios" do Plan Proxecta. Así que estes rapaces e rapazas pasarán todo o día de hoxe deseñando un guión e finalmente gravando as imaxes que ilustrarán un spot publicitario.

2 comentarios:

  1. Iso é, aí está o potencial emerxente dos que empezan a andar. O motor da iniciativa, o futuro do mundo, esa é a cuestión que nos temos que plantexar moitas veces. A resposta, pois non vale 'por preguiza, por non saber, por timidez', son horas de sacar enerxías de onde aparentemente non as haxa, horas de informarse e aprender - 'para saber, ou andar ou ler' e tamén horas de ir acuñando unha personalidade propia e unha determinación que traia satisfacción propia.

    ResponderEliminar
  2. Parabéns rapaces polo traballo realizado!!!!
    Cando todo o produto estea editado poderedes dicirlle aos vosos compañeiros e compañeiras.....SE TI PODES.....POR QUE NON?

    ResponderEliminar