martes, 25 de febrero de 2014

VIOLENCIA SEXUAL NOS PAISES NÓRDICOS

Ás veces a lexislación é un dos factores que determinan o grado de violencia que está "permitida" nos diferentes paises. A pesares de ter unha imaxe moi avanzada dos paises nórdicos, atopámonos con contradiccións, xa que en Dinamarca as mulleres que sofren violencia sexual non están totalmente amparadas ante a lei.

NENAS TRABALLADORAS EN HAITÍ

A situación da infancia está en total desventaxa en algúns lugares do planeta. Tomemos por caso Haití, que ademais de ser un dos países máis pobres, a súa poboación está sometida a condicións que violan os dereitos humanos. Na illa de Haití hai millares de nenas que están sometidas á explotación sexual e laboral. Estas son as reflexións do alumnado de 1º da ESO

TRABALLADORAS DOMÉSTICAS EN INDONESIA

En algúns lugares do mundo, algunhas nenas e mozas están sometidas a traballos moi duros no fogar, incluso chegando a estar esclavizadas. Aquí están as observacións do alumnado de 1º da ESO en relación ao panel de Traballadoras Domésticas en Indonesia da exposición de Amnistía Internacional.

FORMACIÓN ESCOLAR EN IRAK

Estas son as propostas do alumnado de 1º da ESO en relación á exposición de Amnistía Internacional sobre os Dereitos das Mulleres. Centraranse neste apartado na formación escolar en Irak.




lunes, 24 de febrero de 2014

PODCAST OS DEREITOS DAS MULLERES

O alumnado da ESO do CPI Virxe da Cela reflexiona sobre os Dereitos das Mulleres a través dunha exposición de Amnistía Internacional.

                                                                    

sábado, 22 de febrero de 2014

CRÓNICA DO IV ENCONTRO DA REDE SOLIDARIA DA MOCIDADE ENTRECULTURAS

      Por terceira vez consecutiva, o CPI Virxe da Cela participa no Encontro da Rede Solidaria da Mocidade de Entreculturas que se celebra bianualmente en Guadarrama (Madrid). Neste xa IV Encontro da Rede, que leva por lema “Remóvete e actúa pola educación e os dereitos humanos”, bateuse o record de asistencia: casi 300 persoas, entre alumnos/as, profes, técnicos/as e voluntarios/as de Entreculturas. Outra das trazas que poderían definir este último encontro é a “diversidade”, xa que nesta ocasión contamos coa presenza de mozos/as e docentes de diferentes países (Ecuador, Colombia, Portugal, Malta, Italia, etc), que aportaron grande riqueza na fala, na cultura, e na maneira de entender o mundo.
 
      A pesares do madrugón do venres 14 e a tensión dunha longa viaxe en bus loitando coas adversidades atmosféricas (digamos que as rachas de vento se percibían como auténticas “turbulencias”), chegamos ao noso destino ao final desa mesma tarde, e a partires de aí sucedéronse unha tras outra as diferentes actividades programadas. Como podedes ver nas fotos, Rocío, Laura, Iago e Adrián comportáronse como uns perfectos embaxadores/as do noso centro, amosando a súa boa disposición, don de xentes, participación activa, e outras moitas virtudes… Sabemos que foi para eles unha experiencia inesquecible, e proba disto foron as bágoas que se verteron no autobús o domingo ao mediodía, no momento da volta a casa… As profes Yolanda e Verónica tiveron a oportunidade de reencontrarse con outros/as docentes galegos/as que tamén pertencen á Rede, ampliaron a súa formación a través de charlas e dinámicas e… aínda que os anos pasan factura… estiveron á altura das circunstancias dándoo todo na sesión disco da noite do sábado…
 
 
 
 

jueves, 20 de febrero de 2014

VIOLENCIA DOMÉSTICA EN ALBANIA

DECLARACIÓN SOBRE A ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER

IRÁN: DISCRIMINACIÓN DAS MULLERES ANTE A LEI

DISCRIMINACIÓN: UN DOS FACTORES PRINCIPAIS DA POBREZA

DISCRIMINACIÓN NA EDUCACIÓN DAS NENAS RUMANESAS

BASES E TITORIAL "AGORA TOCA... RELATO DIXITAL"

A continuación deixamos penduradas as bases do concurso "Agora toca...Relato Dixital", promovido pola Fundación Ayuda en Acción. Asímesmo adxuntamos un pequeno titorial para facilitar o traballo dos profes que fagan esta proposta nas súas aulas, e incluso unha sinxela ficha de traballo para guiar ao alumnado na elaboración do relato dixital.


ACTIVIDADES DO CONVENIO DE COLABORACIÓN CON AYUDA EN ACCIÓN

        En decembro de 2013 o CPI Virxe da Cela e a AMPA deste centro escolar firmamos un convenio de colaboración coa Fundación Axuda en Acción. A través deste convenio unímonos ao proxecto educativo "Agora Toca", tratando de participar activamente nunha serie de actividades enfocadas na educación en valores. A firma deste convenio supón asimismo un avance na traxectoria de Monferosolidario, xa que a partir de agora afianzamos lazos de unión coas familias, que pasarán a ter un papel moito máis activo, e incluso coa contorna máis próxima. A través da Fundación Axuda en Acción acadamos unha axuda na financiación dos gastos de transporte derivados das saídas extraescolares e complementarias, neste caso facilitando ao noso alumnado o acceso á certas actividades culturais, científicas e artísticas que teñen lugar en espazos urbanos, a unha distancia considerable da nosa ubicación no rural.
      Deixamos aquí constancia de dúas saídas realizadas no mes de febreiro á comarca de Betanzos, onde o alumnado de infantil visitou o parque de Bombeiros, o Parque Pasatempo e o Supermercado GADIS, e o alumnado de secundaria ampliou os seus coñecementos arquitectónicos e artísticos sobre o casco antiguo da Cidade dos Cabaleiros, as riquezas do Parque Enciclopédico do Pasatempo e incluso tivo a oportunidade de coñecer o funcionamiento de todo o proceso empresarial a través da visita das instalacións de GADISA, situadas en Cortiñán.






miércoles, 19 de febrero de 2014

CHARLA SOBRE A VIOLENCIA DE XÉNERO



O martes 18 de febreiro contamos coa visita de Mª José, de Amnistía Internacional, quen impartiu ao profesorado do CPI Virxe da Cela (Monfero) unha charla centrada na violencia de xénero. Os materiais presentados son de gran axuda para os docentes, xa que  a educación é a base para loitar coa desigualdade entre os xéneros, a raíz deste problema. Tras a charla  iniciose un interesante debate entre os/as asistentes e a ponente. Esta charla constitúe unha actividade de formación para os/as, para poder afondar na reciente exposición "Dereitos das Mulleres", tamén de Amnistía Internacional, que albergou o noso centro recientemente. Penduramos no blogue algúns materiais que inclúen enlaces de interese para ampliar a vosa formación:

Lembramos que este curso académico estamos a traballar os Obxectivos do Desenvolvemento do Milenio, e esta actividade estaría enmarcada no Obxectivo nº 3, que trata de promover a igualdade entre os xéneros e a autonomía da muller



martes, 18 de febrero de 2014

HAI CORDAS QUE NON ATAN, SENÓN QUE LIBERAN

"Cuerdas" foi o filme que obtivo o Premio Goya 2014 na categoría de mellor curtametraxe de animación. A película, repleta de matices, narra en 10 minutos a historia de amizade entre María e un neno moi especial que chega ao colexio. Unha tenra historia de amizade que fala tamén de valores e ilusións. Pedro Solís, autor e director da curta, toma como inspiración a historia do seu fillo Nicolás, afectado de nacemento por unha parálise cerebral, e cuxa figura inspira a do neno protagonista desta ficción. Aquí vola deixamos. Non deixedes de vela.



Despois de visionar a curta, podedes facer unha pequena reflexión sobre ela no apartado de comentarios.

OS ODM DENDE UNHA PERSPECTIVA DAS CCSS

O alumnado de 3º da ESO do CPI Virxe da Cela está a traballar moi intensamente e con moito interese nos Obxectivos do Desenvolvemento do Milenio (ODM). Recordamos que estamos a participar no Plan Proxecta "Cooperación Galega: O Mundo que Queremos", baseado principalmente nos ODM. Deixamos pendurado neste espazo os traballos de investigación realizados polo alumnado de 3º da ESO que inclúen ademais dúas noticias relacionadas, unha que contribue de forma positiva a lograr o ODM e outra que non o fai.





jueves, 13 de febrero de 2014

IV ENCONTRO GLOBAL REDE SOLIDARIA ENTRECULTURAS

Os próximos días 14, 15 e 16 de febreiro terá lugar en Guadarrama (Madrid) o IV Encontro Global da Rede Solidaria de Xóvenes de Entreculturas. Baixo o lema “Remóvete: Actúa pola Educación e os Dereitos Humanos”, rapaces, rapazas e docentes das distintas Redes Solidarias de Xóvenes de España así como de países como El Salvador, Nicaragua, Ecuador, Colombia, Portugal, Italia e Malta, teremos a oportunidade de coñecernos mellor, compartir experiencias, percibir o alcance que ten a Rede e afianzar o noso compromiso co mundo que nos rodea, situando á educación no centro como motor dos dereitos.
Alí estaremos tamén 4 alumnos e alumnas do noso centro xunto con dúas docentes.  

 humanos.

miércoles, 12 de febrero de 2014

XABÓNS SOLIDARIOS 2014



Se observades as etiquetas destes xabóns solidarios, comprobaredes que están feitos artesanalmente polo alumnado do CPI Virxe da Cela (Monfero), utilizando esencia natural de "Floridaria" (planta solidaria orixinaria de Monfero), e grandes doses de amor, e que a utilización deste produto natural favorecerá á hixiene e coidado do Mundo. 

Non é a primeira vez que no noso centro se elaboran xabóns con fins solidarios (recordade o tremendo éxito que tiveron a venda dos mesmos na pasada edición do Rastro Solidario celebrado en Abril de 2013). Nesta ocasión a campaña se lanza vinculada ao Día de San Valentín, e o alumnado de 3º da ESO demostraron un elevado grado de autonomía á hora de coordinar todo o proceso de marketing e venta ao público. 

Os xabóns foron elaborados no laboratorio de Ciencias, coa gran axuda de a profe de CCNN Mª José Fandiño, quen guio todo o proceso, facilitando as materias primas, calculando as proporcións e revisando a seguridade do alumnado ante os riscos durante o proceso químico. Unha vez desmoldados, estes xabóns foron envoltos con todo cariño e delicadeza en fermosos papeis de cores e acompañados por unhas etiquetas perfectamente deseñadas. Entre as formas elexidas, a de corazón tivo unha importancia fundamental, xa que foi a base para sustentar a campaña de San Valentín. 

Podedes ver nestas imaxes o punto de venta, situada á entrada do edificio de secundaria, totalmente decorado en cor vermella, tal como pedía a ocasión. Contamos coa colaboración de diferentes profes e departamentos, proba disto son os paneis que conteñen debuxos e poemas de amor, así como a curiosa lámina realizada polo alumnado de infantil, que contén una serie de corazóns de papeis de cores. Acompañando a campaña de San Valentín, abreuse o plazo para inscribirse nun concurso de cartas de amor, e todos os que queiran participar poden adquirir o sobre e o papel e depositar a súa carta nunha furna. Tanto éxito nas ventas como os xabóns o tiveron as deliciosas piruletas de corazón que tamén se venderon no "chiringuito do amor". 

Próximamente teredes acceso en primicia de todo o documental que relata este laborioso proceso no que prima a cooperación entre o alumnado, guiado polo último fixaxe de telemonferosolidario, o talentoso reporteiro Adrián (3º ESO). 


martes, 11 de febrero de 2014

TEATRO DO OPRIMIDO

Ana é unha rapaza peruana que, deixando con morriña a súa terra e a súa familia, lánzase á aventura dunha nova vida en España. Pola súa condición de inmigrante e de muller, non vai facer máis que atoparse con trabas burocráticas e cun trato discriminatorio, e á pesares de ter estudos e experiencia laboral, no noso país non vai poder aspirar máis que a traballar como asistenta de fogar nunhas condicións de explotación. Os espectadores asistimos a esta representación, que non se alonxa á realidade de centos de miles de persoas que se encontran na mesma situación que Ana.  Pero en lugar de aceptar de maneira pasiva todas esas inxustizas, teremos a oportunidade de saír ao escenario e trocar o curso da historia. 

Así o fixeron os rapaces e rapazas da ESO no CPI Virxe da Cela, que tomaron parte nesta interesante sesión de Teatro do Oprimido (martes 11 de febreiro de 2014) organizada por Cooperación Galega no seu proxecto "O Mundo que queremos" (Plan Proxecta 2013-2014). Deste xeito imos completando e enriquecendo o plan de acción neste proxecto, que comezou cun obradoiro sobre os Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio (novembro 2013), continuou con dous obradoiros de fotografía e radio (decembro 2013) impartidos pola ONG de xornalismo AGARESO (Asociación Galega de Reporteiros Solidarios), pasando por esta interesante experiencia de Teatro do Oprimido, e que finalizará coa visita de varios mozos/as do Ecuador para contar a súa propia experiencia ao noso alumnado. 

 Aos proxectos de fotoxornalismo e radio que estanse levando a cabo en todos os cursos da ESO, engadiremos agora a práctica de Teatro do Oprimido, tratando de reflexionar sobre os contidos da obra á que asistimos, e animándonos a lanzar novas propostas utilizando o mesmo formato. Esperamos que próximamente podamos compartir os traballos realizados con toda a nosa comunidade educativa a través deste blogue de educación en valores.







jueves, 6 de febrero de 2014

DISCRIMINACIÓN E VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES

A discriminación e violencia contra as mulleres é un feito localizable en diferente grado en todos os puntos do noso planeta. Moitas veces ten moitísima máis presenza naqueles paises onde as liberdades dos individuos están sen desenvolver, pero incluso no mundo occidental e nos países democráticos as mulleres seguen sofrendo a violencia e a discriminación. Tal como amosan os paneis da exposición de Aministía Internacional que alberga o noso cole, paises tan dispares como Irán, México, Albania ou Finlandia serán escenario de historias nas que as mulleres son protagonistas, e a través dun traballo nas aulas, o alumnado de ESO do CPI Virxe da Cela unirase á denuncia de tanta inxustiza. Os traballos realizados poderedes visitalos nesta entrada, así como documentos audiovisuais que ilustren as nosas opinións.

sábado, 1 de febrero de 2014

MANIFESTOS POLA PAZ 2014

Na celebración do Día da Paz e da Non Violencia (xoves 30 de xaneiro de 2014)os rapaces e rapazas de 4º (Relixión), 5º(titoría) e 6º (titoría) de Educación Primaria e o de 4º da ESO (Ética) do CPI Virxe da Cela manifestáronse públicamente en prol dunha cultura da paz a través dos seguintes textos:

AMNISTÍA INTERNACIONAL: MULLERES E DEREITOS HUMANOS






Amnistía Internacional ofrece ao noso centro unha exposición baseada nos dereitos da mulleres, que podedes visitar nos corredores do edificio de secundaria, na zona próxima á biblioteca escolar. Para ampliar a información podedes acceder á páxina de Amnistía Internacional premendo o seguinte enlace:
http://www.es.amnesty.org/exposiciones-virtuales/mujeres-y-derechos-humanos/violacion-sexual-y-derechos-humanos-en-los-paises-nordicos/