miércoles, 8 de enero de 2014

CAMPAÑA MUNDIAL POLA EDUCACIÓN 2014

Este ano 2014, a Campaña Mundial pola Educación (CME) reivindica, baixo o lema "Sumemos capacidades. Polo dereito a unha educación inclusiva", que os sistemas educativos dean resposta a todos os nenos e nenas con necesidades educativas especiais. Recibir unha educación de calidade, sen discriminación e sobre a base da igualdade de oportunidades, é dereito dos 93 millóns de nenos e nenas que teñen algún tipo de discapacidade e non asisten á escola ou teñen menos posibilidades de finalizar os seus estudos. Por iso, este curso a CME constrúe a súa mensaxe para sensibilizar á sociedade e reivindicar ante os poderes públicos a necesidade de garantir o dereito a unha educación inclusiva a todas aquelas persoas con algún tipo de discapacidade. A CME ofrece materiais didácticos e de difusión para traballar o dereito á educación inclusiva nos centros escolares, adaptados a cada nivel do ensino (infantil, primaria, secundaria, bacharelato, persoas adultas e educación non formal).
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario