domingo, 21 de diciembre de 2014

MONFEROSOLIDARIO: EDUCANDO EN VALORES A UNHA NOVA XERACIÓN DISPOSTA AO CAMBIO

Artigo publicado na Revista Educa nº 68, xullo-decembro 2014.


      Monferosolidario tivo os seus tímidos e silenciosos inicios nas aulas do CPI Virxe da Cela (Monfero) fai exactamente unha década. A día de hoxe, aquela pequena pero potente semente converteuse nunha robusta árbore, alimentada por salvia fresca que se renova ano tras ano e que ao seu paso vai abrindo novas ramificacións e deixando numerosos froitos. Foron moitas as etapas atravesadas, a última delas embarcándonos no ano 2012-2013 no Plan Proxecta, dentro do programa “Rede de Centros Escolares Solidarios”, xa que a propia natureza de Monferosolidario encaixaba como anel ao dedo coa filosofía desta proposta da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, fundamentada na concienciación, compromiso e participación da mocidade a través de accións solidarias.

      Se queredes ver o artigo completo podedes premer na seguinte imaxe-enlace: 




jueves, 18 de diciembre de 2014

FELICITACIÓN DE NADAL DE AYUDA EN ACCIÓN


O CPI VIRXE DA CELA EN RNE

O pasado martes 16 de decembro, no programa "Las mañanas de RNE" (Radio Nacional de España) entrevistaron Sergio Pascual e Lucía Abarragtegui, aos dous xornalistas que realizan semanalmente o taller de radio "Radio Itinerante Creativa" no noso centro. Falaron da súa andaina profesional e contaron como é a súa actividade no colexio, aparecendo na reportaxe as voces do alumnado de 1º curso de Ed. Primaria. Aquí tedes o postcast e o enlace ao mesmo.
 

martes, 16 de diciembre de 2014

FELICITACIÓN NADAL GLORR

Recibimos unha nova felicitación de Nadal por parte da organización GLORR, coa que colaboramos anualmente na súa campaña de recollida de roupa e calzado usado para axudar nos proxectos educativos que se están a desenvolver en diferentes lugares do planeta.


martes, 9 de diciembre de 2014

FELICITACIÓN DE NADAL DA FUNDACIÓN VICENTE FERRER

As festas de Nadal están aí, á volta da esquina. Os nosos amigos/as da Fundación Vicente Ferrer son os adiantados á hora de enviar a xa tradicional postal de nadal. Nesta ocasión, un fermoso sorriso dun neno e unha mirada de ilusión, imaxe que resume o contido do texto: coa axuda de todos e todas os que participamos na FVF é posible mellorar a vida de dous millóns e medio de persoas na India. Felices Festas. 




viernes, 5 de diciembre de 2014

ABRAZOS SOLIDARIOS

Esta xornada de celebración do Día Internacional do Voluntariado (venres 5 de decembro de 2014) estivo reforzada por una acción moi sinxela, pero á vez inmensamente significativa: regalar abrazos e apertas. Con este simple xesto os rapaces e rapazas de 2º da ESO do CPI Virxe da Cela demostraron que da unión nace á forza, e que a acción voluntaria, ben partindo da individualidade, pode conter un efecto “bolboreta”: voaron polo centro adiante batendo de alas e repartindo uns abrazos que provocaron moitos sorrisos non so entre o alumnado do centro, senón entre os profesores/as, cociñeiras, nais coidadoras e outro persoal non docente.








DÍA INTERNACIONAL DO VOLUNTARIADO

      Fermosa fotografía de familia de todo o grupo de 2º da ESO do CPI Virxe da Cela (Monfero), uniformados coas camisetas azuis de Voluntariado Galego, como un auténtico equipo de traballo: foron os alumnos e alumnas desta clase os encargados da preparación e posta en práctica do Día Internacional do Voluntariado (venres 5 de decembro de 2014). Neste día comprobaron o resultado de dúas intensas semanas sacrificando os seus recreos para elaborar “pulseiras solidarias”, (actividade enmarcada na Rede de Centros Escolares Solidarios) e visitando as aulas do centro para sensibilizar a todo o alumnado e profesorado, e repartindo circulares informativas ás familias.  

       Un agradecemento aos máis peques do centro (educación infantil e primaria), e ao profesorado, xa que grazas ás súas adquisición de “pulseiras solidarias” e donativos na nosa xa entrañable “hucha do porquiño” (unha lembranza do paso da nosa benquerida Oliva, mestra de educación infantil, realizada na súa aula o pasado curso académico), conseguimos, nin máis nin menos que a cantidade de 146 euros, importe que doaremos á Cociña Económica de Ferrol. Esperamos que o noso esforzo colectivo serva para traer sorrisos ás mesas das familias que están pasando por unha situación difícil economicamente, nestas xa próximas festas de Nadal.

















jueves, 4 de diciembre de 2014

#PULSEIRASOLIDARIA

Lembramos que dende hoxe na conta de @Xuventude da Dirección Xeral promóvese o hashtag #PulseiraSolidaria para que vaiades subindo ao twitter as vosas accións dende hoxe ate o vindeiro dia 5 en conmemoración do Día Internacional do voluntariado (proceso elaboración pulseiras, a xornada de conmemoración que tedes organizada, a colocación de carteis, preparación do material necesario, etc...). Ou sexa todo o que subades ao twitter leve este hashtag.


DOWN CORUÑA

      O pasado xoves 4 de decembro de 2014, recibimos no noso centro a visita dos profesionais da Asociación Down Coruña. Consideramos axeitada a organización destas xornadas para sensibilizar ao alumnado do centro sobre as características das persoas que presentan esta alteración xenética, xornadas que xa se realizaron en cursos pasados. A xornada estivo dirixida ao alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria e a todo o alumnado da ESO. 

      Os profesionais da Asociación Down Coruña achegaron aos alumnos e alumnas toda a información asequible sobre este síndrome e realizaron unha serie de dinámicas sobre determinados prexuizos e falsas crenzas que están todavía hoxe en día moi establecidas na sociedade en xeral. Tamén lles comentaron a proxección académica e laboral que tiveron os alumnos/as con síndrome down que estiveron escolarizados neste centro e que algúns deles coñeceron. Tanto os alumnos de menor idade como os maiores, estableceron un debate, facendo preguntas e realizando autocríticas sobre os comportamentos que no centro se ten respecto ao alumnado con esta discapacidade. 

       Os titores e titoras, que estaban informados da actividade, consideraron axeitado continuar traballando nas aulas sobre todas estas actitudes que se deben fomentar para integrar dun xeito normalizador a todas as persoas con discapacidade. A valoración da actividade é moi positiva e pensamos que pode axudar ao nosos alumnos e alumnas a ser máis tolerantes e respectuosos respecto a calquera tipo de discapacidade. María Jesús Díaz (orientadora do CPI Virxe da Cela).






ANOCA

O xoves 4 de decembro de 2014 recibimos no CPI Virxe da Cela unha visita de dous internos e dous docentes de ANOCA (proxecto de Aprender no Cárcere desenvolvido no penal de Teixeiro). Nesta actividade vimos un vídeo impactante que mostraba unha pequena parte da entrada á prisión. Despois, comezou a rolda de preguntas, e nela, aclaramos pequenas lagunas que se tiñan sobre como era a prisión, desmentíronse grandes ideas que tiñamos debido a televisión etc. Outra das cousas que se traballou é que a escola, é un dos lugares nos que mellor se sinten e que os presos confían máis nos profesores que nos funcionarios. Por outro lado, tamén se falou da discriminación que ás veces sofren as profesoras. Unha das conclusión que sacamos foi a de que o cárcere non é un hotel, senón todo contrario. A ninguén lle gusta estar, nin dentro, nin ter a algún achegado alí ás persoas que están fóra. Alumnado 2º da ESO.




martes, 2 de diciembre de 2014

CAMPAÑA DE DIFUSIÓN DÍA INTERNACIONAL DO VOLUNTARIADO

      Na conta atrás da celebración do Día Internacional do Voluntariado o alumnado de 2º da ESO do CPI Virxe da Cela está dando mostras do seu compromiso con esta causa. Despois de ter sacrificados os recreos de toda esta semana e a anterior elaborando pulseiras solidarias e impartindo obradoiros de cómo facelas ao resto do alumnado e algún que outro profesor/a, o pasado martes 2 de decembro visitaron as aulas do centro para facer unha campaña de difusión. Repartidos en tres grupos, dividíronse os diferentes cursos, e explicaron con todo detalle en que consiste a proposta: venderán as pulseiras a un prezo simbólico de 1 euro, e os cartos recadados serán destinados para a Cociña Económica de Ferrol. A maiores repartiron circulares informativas para as familias, para que os pais e nais estean ao tanto desta actividade, solicitando a súa colaboración.








CONCURSO GUIÓNS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

A Deputación da Coruña organiza un programa de actividades con motivo do Día contra a Violencia de Xénero entre os que destaca o primeiro concurso de guións sobre esta temática para a mocidade de entre 14 e 18 anos.

As bases deste certame publícanse o 25 de Novembro no BOP e consisten nun concurso de elaboración dun guión para unha curtametraxe a través do cal se conciencie e sensibilice na problemática e na prevención da violencia de xénero. Con esta actividade preténdese crear debate e mobilizar á poboación adolescente. Así mesmo, o obxecto do concurso procura a participación da comunidade educativa como piar necesario para guiar e orientar no proceso de creación.

Pódese participar de xeito individual ou preferentemente en grupo (máximo 6 persoas por grupo) e supervisado polo persoal docente do centro de estudos ao que están adscritos. A data límite para  recibir os guións é o 26 de decembro. De entre todos as persoas participantes, elixirase un único guión gañador que recibirá (ou recibirán, en caso de que sexa un grupo) como premio un curso práctico de realización de curtas no que se producirá o vídeo baseado na súa proposta adaptada segundo as necesidades e onde a mocidade participante poderá ser protagonista de todo o proceso.

Para mais información:
http://www.dicoruna.es/dicoruna-noticia/servlet/Noticias?lang=gl&accion=2&ver=19&nid=19932
http://bop.dicoruna.es/bopportal/cambioBoletin.do?fechaInput=25/11/2014



viernes, 28 de noviembre de 2014

CARTA DA PRESIDENCIA DO GOBERNO DE ESPAÑA

O traballo que o alumnado de 2º da ESO do CPI Virxe da Cela realizou o pasado curso académico na materia de Educación para a Cidadanía segue a dar os seus froitos. Conmemorando a Semana de Acción Mundial pola Educación, os rapaces e rapazas escribiron cartas reivindicando unha educación de calidade, entre elas, unha dirixida ao presidente do goberno de España. Esta mesma semana recibimos a contestación, e como poderedes observar, aínda que o mundo non se pode cambiar de golpe, un paso moi importante é ser consciente dos problemas e facer unha chamada para a súa solución. Deste xeito nos convertimos en cidadanía activa, con dereito a participar e aportar solucións. A continuación penduramos a carta recibida, onde se contesta ás esixencias da alumna Varía Vázquez.




VIDEO RESUMO II ENCONTRO RCES

ELABORANDO PULSEIRAS SOLIDARIAS

     Parabéns ao alumnado de 2º da ESO do CPI Virxe da Cela!!! Está claro que traballar en equipo da moi bo resultado. Con vistas á próxima celebración do Día Internacional do Voluntariado (venres 5 de decembro), estableceuse unha comisión que está encargada da elaboración de pulseiras solidarias. Día tras día, no horario de recreo, estes rapaces e rapazas xúntanse na entrada do edificio de secundaria, onde teñen habilitada unha enorme mesa, e alí colocan todos os materiais necesarios: basicamente fíos de cores e tesouras, e moitísimas ganas e ilusión para levar a cabo a tarefa. Son moitos os curiosos que alí se achegan e que case sempre acaban uníndose e esta iniciativa. E, ademais de pasalo ben charlando uns con outros e aprendendo a facer este tipo de artesanía, o seu traballo terá consecuencias positivas noutros ámbitos. As pulseiras estarán á venda e os cartos recadados serán destinados á Cociña Económica de Ferrol, facendo unha humilde contribución que terá repercusión nos fogares de algunhas familias que están atravesar unha difícil situación económica na actualidade.








jueves, 27 de noviembre de 2014

OBRADOIRO "CREANDO CIDADANÍA GLOBAL"

           Carlota e Jenifer, da ONGD Solidariedade Internacional Galicia, estiveron o pasado venres 28 de novembro de 2014 no CPI Virxe da Cela para impartir o primeiro dos obradoiros do Proxecto “Creando Cidadanía Global” ao alumnado de 4º da ESO. Baseándose na temática dos Obxectivos do Desenvolvemento do Milenio as dúas talleristas transformáronse en simpáticas presentadoras do concurso “Queres ser Millonario!” e os rapaces e rapazas en concursantes que non soamente gañaban fabulosos premios, senón que tiñan que reflexionar sobre as terribles consecuencias que estes tiñan para a poboación mundial e para o planeta: desde a explotación infantil, a escravitude, a prostitución, a contaminación, a pobreza, etc. Como resumo desta experiencia situaron cada un destes problemas nun punto determinado do mapa mundi, utilizando a proxección de Peters.
            Este foi por tanto o punto de inicio, e o próximo paso será pasar do global ao local, pensando en mellorar a nosa contorna máis próxima, tendoe incluso a oportunidade de exercer como cidadanía activa e participativa, facendo escoitar as nosas voces e redactando propostas para as vindeiras eleccións municipais... Pero isto e soamente un pequeno adianto para o próximo obradoiro previsto para o segundo trimestre!!!











FUNDACIÓN VICENTE FERRER: TÓMBOLA SOLIDARIA EN FERROL




      Apreciado/a colaborador/a, Con estas líneas nos gustaría informarte del próximo acto que se organiza a beneficio de la Fundación Vicente Ferrer en Narón, A Coruña: TÓMBOLA SOLIDARIA EN NARÓN 
        Los próximos viernes 5 y sábado 6 de diciembre en el Centro Comercial Dolce Vita ODEON y durante todo el día, la agrupación “Ayúdales a llegar”, os invita a pasar un día divertido y solidario. Se organizará una tómbola solidaria con el fin de recaudar fondos para la Fundación Vicente Ferrer. Se venderán boletos a 1€ y en el mismo momento se sabrá si contienen premio. Todos los regalos han sido donados por empresas de Narón y Ferrol que han querido colaborar con esta iniciativa. Por primera vez, y como novedad este año, se hará una rifa para sortear una cesta de Navidad el sábado 6 durante la tómbola. Los boletos para dicha rifa se venderán también a 1€ y además de poder adquirirse el mismo día de la rifa, se podrán conseguir también durante esta semana y la próxima contactando con los organizadores. Los beneficios de la recaudación irán destinados al Proyecto de Nutrición que la Fundación Vicente Ferrer lleva a cabo en el estado de Andhra Pradesh, al sur de la India. 
        Te animamos a que asistas con tus familiares y amigos. Es una buena ocasión para pasar un buen rato y colaborar con la Fundación Vicente Ferrer. 

Días: Viernes 5 y sábado 6 de Diciembre de 2014 
Horario: De 10h a 22h
Ubicación: Centro Comercial Dolce Vita ODEON - Polg. de la Gándara s/n - 15570 Narón - Situado al fondo de la Ría de Ferrol Organiza: 
Agrupación "Ayúdales a llegar” - ayudalesallegar@hotmail.es

martes, 25 de noviembre de 2014

OBRADOIRO DE IGUALDADE

O pasado martes 25 de Novembro Educación Infantil e Primaria celebraron unha xornada de obradoiros, cos que se quixo abordar a condición das mulleres no ámbito socio-familiar a través de tarefas da vida cotiá. Os obradoiros propostos foron os de COSTURA, FACER A CAMA, TENDER A POUPA, PASAR O FERRO E DOBRAR ROUPA, POÑER A MESA E O COIDADO DE "BEBÉS".  Ademais organizáronse outros dous talleres máis relacionados cos oficios e profesións: o primeiro  consistiu na DRAMATIZACIÓN de oficios e o segundo COLOREAR OFICIOS co fin de visualizar nun mural que tanto  homes como  mulleres en condición de igualdade desenvolven as mesmas tarefas.
Foi así como intentamos, dende a escola, aportar o noso graniño de área na loita diaria "CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO".






 






sábado, 22 de noviembre de 2014

CELEBRACIÓN DO DÍA DOS DEREITOS DA INFANCIA

     A construción dun mundo marabilloso é unha das utopías máis soñadas pola humanidade, unha idea moi difícil de alcanzar. Nembargantes, o grande logro é ir da man nesa procura, unha viaxe onde os rapaces e rapazas do CPI Virxe da Cela (Monfero) e CPI Conde de Fenosa (Ares) uniron os seus esforzos e deron corpo as voces silenciadas de milleiros de nenos e nenas en todo o planeta que, aínda no ano 2014, non teñen acceso aos dereitos máis básicos do ser humano. 
      O venres 21 de novembro, o día posterior á celebración oficial do Día dos Dereitos da Infancia, todo o alumnado do CPI Virxe da Cela foi convocado no espazo de usos múltiples do centro, e dividíndose en dúas quendas, coñeceron unha fermosa historia protagonizada por Liberdade, una rapaza que decide saír a facer unha longa viaxe para cambiarlle a cara ao planeta tan triste onde vive, e que, soamente mediante a unión de todos os compañeiros/as que vai atopando polo seu camiño, logra o compromiso de todos os países para defender os dereitos da infancia. É, nin mais nin menos, a metáfora da aprobación da Declaración dos Dereitos da Infancia de maneira unánime polos 78 estados membros da ONU, o 20 de Novembro de 1959. 
       Queremos dar as grazas en especial á profesora de relixión Yolanda Castro, responsable desta actividade, e ao alumnado de 2º da ESO, encargado de narrar a historia “Na Procura dun Mundo Marabilloso”. Repartidos en parellas e en grupos, explicáronlles aos máis pequenos/as o por que da celebración desta data tan importante, narraron o longo camiño recorrido por Liberdade, repartiron un pequeno agasallo a todos os asistentes (a silueta dunha man que contén un dereito fundamental), dinamizaron a actividade cun simpático xogo de pasapalabras e puxeron un artístico e divertido punto final e despedida mediante un baile colectivo. Non nos queda máis que recordar a todos que estas datas sinaladas son para celebrar os 365 días do ano!!!







                

           

                         
                              Xogo pasapapalabra conto dereitos from Yolanda Castro López