jueves, 31 de octubre de 2013

UN DÍA EN ENTRECULTURAS

Sabiamos que non ían quedar indiferentes nesta súa primeira experiencia na Rede Solidaria da Mocidade Entreculturas. Velaí tendes a crónica dunha rapaza de 1º da ESO na que se vislumbra o entusiasmo e a motivación das novas fichaxes de "Monferosolidario". Colaboraron activamente mentras cursaban os seus estudos de educación primaria, e agora, xa inmersas na nova etapa da ESO, esperamos seguir contando coa súa forza, creatividade e alegría durante estes próximos catro anos de travesía...




domingo, 27 de octubre de 2013

XV ENCONTRO DA REDE SOLIDARIA DA MOCIDADE ENTRECULTURAS



Nunha nova ocasión asistimos a un Encontro da Rede Solidaria da Mocidade Entreculturas. Xa é toda unha tradición comezar o curso elaborando unha axenda solidaria e expoñela públicamente nestas xuntazas, rodeados de alumnos/as e profes doutros centros escolares galegos. Valeu a pena sacrificar algún que outro recreo, porque a idea era moi orixinal e o resultado moi vistoso e aplaudido. Empregando un formato “bingo”, as rapaces e rapaz (noraboa, Adrián, por ser a representación masculina do noso grupo) do CPI Virxe da Cela foron presentando unha a unha todas as actividades que temos previstas para este curso académico, guiados polas nosas simpáticas compañeiras Tania e Andrea (1º ESO), que transmitiron gran enerxía e a ilusión no que para elas é o primeiro encontro (e esperemos que non o último).
Damos as grazas a Ana, profesora do cole Jesús Maestro de Ferrol, e aos alumnos/as dese centro, por prepararnos tan calorosa acollida. Grazas tamén ao sol por acompañarnos durante toda a xornada, e regalarnos un día tan luminoso e agradable xa a finais de outubro. E grazas tamén a Pedro Brandariz por arrancarnos gargalladas e contaxiarnos o seu enorme sentido do humor ao final da tarde.
Queremos destacar o papel activo do grupo +18, isto é, aqueles rapaces/zas que participaron na Rede Solidaria cando cursaban estudos de ESO e Bacharelato, e que agora son activistas e voluntarios, e ofrecen a súa ilusión e tempo libre para colaborar en variadas iniciativas, tanto na organización e celebración destes encontros, como visitando centros escolares e dinamizar os grupos. Un biquiño moi especial á nosa querida Luz Mery, que agora como veterana asumiu a tarefa de documentar fotográficamente esta xornada, e que tivo unhas emotivas palabras de agradecemento para Yolanda e Verónica, as dúas profes que lle guiaron na senda da solidariedade.
E, como non, dedicamos un par de liñas para deixar constancia de todos/as os que tecimos nesta ocasión un anaquiño de Rede: Antía Lista, Laura Río, Andrea Brage, Ana Pena, Tania Grueiro, Rebeca Freijomil, Laura Muíño, Sofía Pena, Laura Sanjuán, Erea Fernández, Rocío Pérez, Cintia Grueiro, Antía Gómez, Alba Amenedo, María Fraga, Adrián Allegue, Silvia López, Verónica Dopico e Yolanda Castro.











lunes, 21 de octubre de 2013

CONECTADOS

Algunha vez parácheste a pensa cántas horas pasas diante dun ordenador? Seguro que máis das que imaxinas. De todos xeitos, estar diante dun ordenador non significa obligatoriamente estar perdendo o tempo, xa que moitas veces podemos utilizar as tecnoloxías como unha ferramenta para o noso coñecemento.
A FAD (Fundación de Axuda contra a Drogadicción), en colaboración con Google, lanza unha "gymkhana" virtual para promover o bon uso de Internet. Este divertido xogo, vos permitirá aprender a construír a rede dende o respecto a un mesmo e aos demais, e incluso poderedes acceder a un premio se é que quedades entre os dez primeiros participantes que menos tempo tarden en superar as probas propostas e que propoñan un "slogan" creativo sobre o uso responsable das novas tecnoloxías.
 
Se tes entre 14 e 16 anos, entra xa na páxina  en www.conectadoseljuego.com. Tendes ate o 21 de novembro para lanzarvos a este reto!!!
 
"Conectados" conta ademáis coa participación de Tuenti, que colaborará na difusión, e da actriz e cantante  Paula Dalli, quen prestou a súa imaxe para o vídeo promocional do xogo.


miércoles, 16 de octubre de 2013

TOLERANTES COA ETNIA XITANA

O alumnado de 2º da ESO está a realizar na materia de Educación para a Cidadanía un traballo de investigación sobre a etnia xitana. Deste xeito poderemos deixar atrás moitos prexuízos e falsas crenzas. Se premedes esta imaxe poderedes viaxar polo tempo e espazo e acompañar ao pobo xitano na súa longa travesía.







martes, 8 de octubre de 2013

EDUCAR NA TOLERANCIA


Moitas veces entendemos o mundo baixo unha persperctiva errónea, contaminada con moitísimos estereotipos e falsas crenzas. Este feito pode chegar a condicionar as nosas accións e as nosas opicións, e limitarnos moitísimo na vida. Unha das causas é a falta de información obxectiva en canto un tema, e unha vez que adquirimos coñecementos, seremos quen de opinar e valorar. Achegámosvos este enlace a esta plataforma para a educación na tolerancia, cargandiña de materiais didácticos para abordar diferentes temáticas como a interculturalidade, a diversidade, os dereitos humanos, o racismo, a xenofobia, a violencia, e o sexismo, entre outros, que nos axudaran a aprender a ser máis tolerantes.


lunes, 7 de octubre de 2013

MICROMOVIE MONFEROSOLIDARIO

Pois ben, despois desta longa espera, aquí tedes en exclusiva o resultado da micromovie gravada no CPI Virxe da Cela o pasado curso académico. Moitas caras coñecidas, e algún papel intercambiado... non si? Alumnos/as responsables facendo de pasotas, alumnos/as escépticos facendo de activista, e tamén suplantando a personalidade dos mestres/as... Esperemos que teñades un rato agradable, e que vos quededes coa mensaxe deste vídeo:

 

TOMAS FALSAS 

CRÓNICA DO I ENCONTRO DE CENTROS SOLIDARIOS PLAN PROXECTA

Case unha treintena de alumnos/as e dúas profesoras participamos no I Encontro de Centros Galegos Solidarios, que tivo lugar o pasado venres 4 de outubro en Santiago de Compostela. Partimos ben cedo de Monfero para chegar a tempo á inauguración do Encontro, prevista para as 10:30 de mañá, econtando nin máis nin menos que coa presenza e discurso de Beatriz Mato Otero, Conselleira de Traballo e Benestar, quen enmarcou esta actividade dentro do Plan de Voluntariado da Xunta de Galicia. Acto seguido o noso ben coñecido Ramón Molina, alma mater do proxecto "Micromovies en Prol do Voluntariado", foi o encargado de presentar, guiar e dinamizar toda a xornada. Noraboa, Ramón, por ter toda esa enerxía e entusiasmo, e pola túa dedicación (comprendemos que foron moitísimas as horas empregadas para a montaxe das micromovies e para a preparación deste encontro). E ao fin... o máis esperado... poder ver o resultado das gravacións nos sete centros participantes e comprobar a cantidade e a calidade das iniciativas levadas a cabo en cada un deles.

A nosa compañeira Antía (3º ESO) foi a encargada de saír ao escenario e presentar o CPI Virxe da Cela, describindo as nosas actividades e perfilando a nosa filosofía de traballo. O resultado da micromovie... xa está á vosa disposición. E para todos vós, os rapaces e rapazas que este ano xa non estades no noso centro e que tedes unha presenza tan notable na micromovie... os nosos parabéns. Vaia dotes interpretativas!!!




Despois de permanecer sentados e atentos toda a sesión de mañá, na proxección das micromovies, a planificación para a tarde estivo centrada en actividades máis dinámicas e participativas, nas que todos os asistentes mesturámonos na colectividade, tendo a oportunidade de coñecer a outros alumnos/as e profes, e entre todos levando a cabo xogos e dinámicas do máis divertido. Paralelamente podíase visitar os "stands" dos diferentes centros, donde atopábamos documentos e obxectos que ilustraban as súas actividades solidarias, e incluso falar directamente, para o intercambio de impresións. O noso compañeiro Iago (4º ESO) exerceu a figura de xornalista, e con micrófono a man, foi achegándose aos alí presentes para recoller as súas impresións. Posteriormente o seu compañeiro Adrián (4º ESO) realizou unha entrevista do mais "formal" a Alberto Otero, Subdirector Xeral de Voluntariado, quen agradeceu a toda a mocidade polo seu compromiso.






Como punto final da xornada realizouse un "mercado do troco", onde cada quen poido intercambiar un obxecto traído da casa e que posiblemente estaba en desuso, con un novo obxecto que captara a nosa atención, previo "regateo" entre os protagonistas do troco.

Se queredes ampliar información sobre este encontro, podedes premer na seguinte imaxe, que será o enlace que vos levará á páxina web do servizo de voluntariado galego.



jueves, 3 de octubre de 2013

I ENCONTRO DE CENTROS ESCOLARES SOLIDARIOS

Estades preparados para o I Encontro de Centros Escolares Solidarios? Por suposto que si. Un grupo de 30 alumnos/as da ESO e dúas profesoras representarán ao CPI Virxe da Cela no I Encontro de Centros Escolares Solidarios, que terá lugar mañá venres 4 de outubro de 2013. Reunirémonos no Hotel Congreso de Santiago de Compostela xunto con outros escolares e profesores/as dos restantes seis centros educativos que conformamos a Rede de Centros Escolares Solidarios do Plan Proxecta, para a presentación das "Micromovies en prol do voluntariado" que realizamos o pasado curso académico 2012-2013. Sabemos que será unha oportunidade única para o intercambio de experiencias, para aprender xogando e para coñecer a outros mozos e mozas que cren que o cambio é posible e é responsabilidade de todos e todas. Penduramos o programa do encontro, e estade ben atentos/as porque mañá subiremos ao blogue o video da micromovie gravada no noso centro, xunto con todas as fotos do encontro.