viernes, 12 de julio de 2013

FIN DE CURSO E DESPEDIDA

Chegan as tan desexadas vacacións de fin de curso, felices por deixar de lado aos libros e morriñentos por despedirnos dos nosos compañeiros/as... Unha festa chea de discursos, aplausos, diplomas, xantar especial, bicos, sorrisos, e tamén algunha bágoa que se deixa escapar... xa que para algún/has este é o derradeiro día no CPI Virxe da Cela. Marchas os alumos/as de 4º da ESO e PCPI, dixémoslle adeus a Iago, o noso cociñeiro, os rapaces /zas de 6º de primaria non deixan o centro, pero o paso á ESO supondrá un enorme cambio, tamén é o derradeiro ano para algún/ha dos nosos profes, aínda que sabemos que voltarán, ao igual que o fixeron hoxe Doña Mercedes, José Manuel, Don José, e Dopico, antigos docentes que aproveitan ocasións como a de hoxe para visitarnos. Deixámosvos unha galería de imaxes para a lembranza.


 
 
 





 
 
 
 
 
 
 

ENTREGA DE DIPLOMAS DE MONFEROSOLIDARIO

Un ano máis o curso remata deixando atrás moitas xornadas compartidas nesta escola. En como todos os anos, quixeramos destacar o compromiso e a participación de moitos dos nosos alumnos e alumnas, que día tras día fixeron da solidariedade unha forma de vida. O vernres 21 de xuño, último día de clase, aproveitamos para facer o acto de entrega de diplomas ás persoas que participaron activamente no noso proxecto: a os/as que asistiron á Rede Solidaria de Mocidade de Entreculturas, os/as que participaron nas gravacións da Micromovie en Prol do Voluntariado, á clase de 6º de primaria como exemplo da ilusión e voluntariedade nas colaboracións con Monferosolidario, a Andrea de 6º de primaria, gañadora do xogo do Pasapalabras Solidario, a María de 1º de ESO, creadora da historia de Mahán e a Cadeira Vermella e á súa compañeira Andrea, tamén de 1º de ESO, encargada de transmitir este conto a todo o alumnado da nosa escola. Parabéns a todos/as, e os mellores desexos para estas ben merecidas vacacións de verán. Descansade, disfrutade, e vinde con moitas gañas para o próximo curso...