viernes, 22 de marzo de 2013

V RASTRO SOLIDARIO

O pasado venres 22 de marzo celebranos no CPI Virxe da Cela o V Rastro Solidario. Un ano máis aproveitamos o último venres antes das vacacións de Semana Santa para realizar esta actividade. O obxectivo fundamental é concienciar ao alumnado da posibilidade de realizar pequenas accións de proveito tanto para nós como para os demais. O feito de aportar diferentes obxectos que temos nas nosas casas (libros, películas, roupa, bisutería, xoguetes)para darlle un novo uso, á par de recadar algúns cartos para destinar a unha causa solidaria. Este ano os 742 euros acadados serán ingresados na conta bancaria da Cruz Vermella de Betanzos, que está a facer unha fantástica e admirable labor para loitar coa probreza e a exclusión social na nosa contorna máis próxima.
  

                                 

           
                             

11 comentarios:

  1. O outro día celebramos o rastro solidario que se fai cada ano. Este ano axudamos a cruz vermella que por certo, ese día tamén nos viñeron dar unha pequena charla, neste rastro cada un terae obxetos da sua casa, poñenselles prezo e vendense o día do mercadillo.
    Pasamolo moi ben e recaudamos arredor de 750 euros.

    ResponderEliminar
  2. O dia 22 de marzo celebramos o rastro solidario no solo colexio pareceme unha actividade moi interesante xa que se recauda moito diñeiro e as persoas levan novas cousas para a casa que lles gustou , e moi interesante porque con este diñeiro axudamos a persoas que son pobres no mundo.

    ResponderEliminar
  3. O venres 22 fíxose no nosos colexio, o que xa é tradicional, rastro solidario.Os alumnos do colexio compraron cantidade de obxectos que xuntamos entre todos e tamén xabóns realizados coa profesora de CC.NN.
    Ao final recaudamos 742.5€

    ResponderEliminar
  4. Andrea Brage Amado10 de abril de 2013, 15:05

    A MIÑA EXPERIENCIA COLABORANDO CON MONFERO SOLIDARIO

    A min sempre me gustou colaborar en Monferosolidario, no concurso do logotipo, na operación quilo,etc. Sempre me gustou o rastro, mais que nada, por un lado recadábanse moitos cartos e por outro, a ilusión de facer un agasallo a alguén que noutras circunstancias non poderíamos facer.
    A diferenza doutros anos, este non puiden mercar moita cousa o día do rastro, por non estar alí, pero o que fixen para colaborar no rastro solidario foi axudar a facer sobres sorpresa, a poñer os prezos aos artigos e decorar a caixa de doazóns.
    Esta experiencia foi boa, moi boa, ao saber que con esa pequena colaboración estaba axudando a moita xente. Gustoume moito realizar estas actividades con profesores e alumnos do centro e A Cruz Vermella, que non só axuda a persoas doutros países se non a xente de aquí persoas de a pé que o están pasando moi mal coa crise.
    Estas colaboracións foron voluntarias, gústame facer este tipo de cousas, xa que combinan as cousas que me gusta facer: decidir cousas (poñer os prezos), debuxar e pintar (deseñar e pintar a caixa de donativos). O que foi todo un detalle foi por parte da profe Verónica que cando pediu axuda á miña clase, sexto de primaria, deixounos cambiar o que fose preciso.
    Hai que dicir que, se eu non merquei, a miña irmá Clara comprou polas dúas e levou cousas para todos os da casa e os de fora. Tamén lle gusta o rastro.

    Andrea Brage Amado. 6º primaria

    ResponderEliminar
  5. Antía Lista Ramos10 de abril de 2013, 15:08

    Monfero solidario

    Isto foi un gran honor, axudei a ordear as cousas xunto cos meus amigos.
    Todos colaboramos a poñer os prezos e na mostra de obxectos. A verdade e que se recadaron moitos cartos, e me parece xenial que lles den comida, roupa e cartos para os que máis o necesitan.
    Levamos tempo colaborando coa fundación Vicente Ferrer, gañamos xa un premio por colaborar.
    Fixemos a caixa de donativos varios compañeiros: Laura Río, Tania Grueiro, Sergio Torrado, Andrea Brage e eu; todos somos de sexto de primaria.

    Miñas opinións:

    Gústame moitísimo, e votei unhas carcaxadas cos meus amigos. A pesar da crise recadouse bastante e espero seguir con estas actividades.

    Antía Lista Ramos 6º primaria

    ResponderEliminar
  6. Tania Grueiro Buján10 de abril de 2013, 15:13

    Monferosolidario
    Monfero solidario é un proxecto no que axudamos as persoas a construír escolas e outras moitas cousas.Tamén facemos operación Quilo que consiste en levar voluntariamente alimentos de 1 Quilo para despois lévalo a Ferrol á cociña económica para as persoas necesitadas de comida.
    A visita de Chelo é Almudena, integrantes da Cruz Vermella, pareceume moi ben para sintetizar iniciativas, paréceme fenomenal que fagades tantas actividades para ensinarnos que temos que aprender,que temos que aproveitar todo porque hai persoas que non teñen recursos. O día anterior ó rastro pasámolo moi ben cando fomos axudar a acabar de móntalo aínda que non había traballo para todos, pasámolo ben igual.
    Tania Grueiro Buján

    ResponderEliminar
  7. Alba. 6º Primaria10 de abril de 2013, 15:15

    MONFERO SOLIDARIO
    Para min foi unha gran experiencia colaborar nestes proxectos. Por exemplo, no Rastrillo Solidario, axudei a colocar os obxectos xunto coas miñas amigas, puxen os prezos e axudei a facer os sobres sorpresa. Na Operación quilo colaborei traendo alimentos para axudar á Cociña Económica de Ferrol.
    Paréceme moi ben, que o colexio dea cartos á Fundación Vicente Ferrer, para axudar á construción de escolas para os que mais o necesitan.
    As miñas opinións:
    Gustoume moito, e penso seguir colaborando nos anos sucesivos xa que eu son unha persoa á que lle encanta axudar aos demais.
    A pesar de todo iso enorgulléceme obter un diploma conforme colaborei e axudei a MonferoSolidario.

    ResponderEliminar
  8. PABLO MEDÍN 2º ESO. O pasado día 22 de marzo celebrouse o quinto rastro solidario, no que se recadaron cartos para a cruz vermella.
    A min gústanme moito os rastros, porque a xente trae cousas a rastro que non utiliza en vez de tirala, e podes comprar outras que che gustan e aportar cartos neste caso a cruz vermella.
    A xente debería aportar máis a estas actividades porque é importante axudar a xente que o necesita. Porque estou seguro de que á maioría da xente lle gustaría que fixesen o mesmo por ela se o necesitasen.
    Creo que se todos os colexios deberían facer o mesmo para axudar a xente, dado que non se perde nada, todo o contrario, gañase.

    ResponderEliminar
  9. Sofía Pena, 2º ESO. O pasado venres 22 de maio, tivo lugar na nosa escola a quinta edición deste rastro solidario tan famoso entre profesorado, pais e alumnos. Cada ano os cartos van destinados a unha causa importante e solidaria, para Níxer, para Haití, para a India e este ano para a Cruz Vermella de Betanzos. Decidiuse non enviar os cartos a fora do país xa que como estamos en tempos de crise, tamén hai pobreza ao noso arredor.
    Foi unha xornada entretida e moi educativa. O rastro estivo todo o día aberto, e pais, profesores e alumnos puideron ir mercar. Tanto profesores como pais puideron ir durante todo o tempo, pero os alumnos tiñamos un quenda por clase, aínda que nos recreos tamén se podía mercar. Logo chegaron as chicas da Cruz Vermella que viñeron darnos unha charla. Foi moi interesante xa que falaba dos campos nos que traballa e dos voluntarios que teñen.
    Como resultado das nosas accións, obtivemos case 750 euros, o que supón unha grande axuda.
    Na miña opinión, estivo moi ben. Cada ano aprendemos cousas novas e moi solidarias. Creo que todos nos sentimos moi orgullosos de realizar actividades solidarias e de axudar a xente necesitada posto que todo o mundo, inclusive nós, nos podemos ver nesas situacións.

    ResponderEliminar
  10. Laura Sanjuán (2º ESO) O venres como xa é habitual no noso colexio fixemos o Rastro Solidario.
    Este ano o diñeiro recadado irá destinado a Cruz Vermella. O diñeiro que recadamos poderá axudar a calquera dos proxectos que leva a cabo a Cruz Vermella. Antes de ir ó rastro dúas colaboradoras da Cruz Vermella déronnos unha pequena charla coa que nos aclararon para onde podería ir o diñeiro. Esta ONG ten en marcha moitos proxectos, un deles, que foi o que a min persoalmente o que máis me gustou, foi un proxecto no que os colaboradores da Cruz Vermella lles dan a merenda a uns nenos que van a unhas clases. Danlles a merenda porque hai algúns pais que non teñen recursos e ao mellor é a única comida que se poden permitir que os seus fillos coman en condicións.
    Despois fomos ao rastro e aínda que xa non quedaban moitas cousas porque os de Educación Primaria e os de Educación infantil pasaran antes polo rastro todos fixemos a nosa aportación. Os que quixeron comprar algo comprárono e os que non quixeron nada deron diñeiro nunha caixa de donativos que tiñamos xunto a porta da entrada.
    Esperamos que se siga facendo este rastro para poder seguir colaborando con bonitas causas como a que fai a Cruz Vermella porque nós tamén nos podemos ver en situacións parecidas e a todo o mundo lle gusta ter a alguén con quen poder contar. Esperemos que se siga facendo e que a xente siga colaborando porque este ano foron case 750 euros, pero para o ano poden ser moitos máis.

    ResponderEliminar
  11. O rASTRO SOLIDARIO

    ResponderEliminar