jueves, 28 de febrero de 2013

CRISE, DESIGUALDADE E POBREZA




NÚMEROS E CIFRAS PARA UN MUNDO DESIGUAL

 Actividade realizada polo departamento de matemáticas dentro do Plan Proxecta de Centros Solidarios. Co título de "Un mundo desigual", a actividade consiste en apreciar as grandes diferencias de renda duns países con respecto a outros, e como esto marca a diferencia entre a vida e a morte.

A situación de desenvolvemento dos países non é un feito illado senon que ten que ver coas relacións Norte-Sur.Trátase de reflexionar sobre a pobreza (onde está, a quen afecta...) e analizar algunhas das súas causas e consecuencias, especialmente no continente africano.






CONSUME CON CABEZA




A organización Oxfan, Intermón Oxfan en España, afirma que as políticas sociais e medioambientais das dez maiores empresas de alimentación e bebidas do mundo non se adaptan ao que debe ser o seu propósito actual, e terían que ser reformadas. Estas empresas (as "10 Grandes")- que xuntas gañan 1.100 millóns de dólares ao día- non están a respectar algúns dos dereitos básicos dos millóns de persoas dos países pouco desenvolvidos ou en vías de desenvolvemento que lles proporcionan terra, auga, man de obra e materias primas para elaborar os seus produtos. 

Animamos ao alumnado do CPI Virxe da Cela a reflexionar sobre as causas da desigualdade no planeta, a distribución da riqueza e da pobreza do mundo, así como a buscar ideas para arranxar un sistema alimentario roto. Será a través da campaña "Tras a marca", que ten por obxectivo evaluar e clasificar as políticas agrícolas, os compromisos públicos e a supervisión das cadeas de suministro das 10 Grandes.


http://www.behindthebrands.org/es



COMPROMISO CO MEDIOAMBIENTE



O pasado luns 25 de febreiro de 2013 recibimos a visita de dous axentes do SEPRONA, que trataron de concienciar ao alumnado de 3º e 4º da ESO e de PCPI da nosa responsabilidade como cidadáns para coidar a nosa contorna para preservar o ecosistema e así entre todos salvar ao planeta Terra, a nosa casa. O noso planeta é rico en recursos, e o ser humano fai uso deles. Moitas veces este uso é indiscriminado dos recursos naturais, causando moitos danos aos ecosistemas, e provocando o deterioro do mesmo. O Servizo de Protección da Natureza (SEPRONA) é a unidade da Garda Civil de España encargada da conservación da Natureza e dos recursos hidráulicos, así como da riqueza cinexetica, piscícola, forestal e de calquera outra índole relacionada coa Natureza. Os dous axentes explicaron detalladamente cada unha destas facetas, repartiron variados consellos ao alumnado para facer unha boa actuación e incluso para ser conscientes das ameazas á natureza e poder alertar ao corpo do SEPRONA para que actúe inmediatamente e poder así evitar danos e catástrofes.

miércoles, 13 de febrero de 2013

NENOS E NENAS SOLDADOS

O día 12 de febreiro foi o Día contra a utilización de Nenos e Nenas Soldados. Aínda que este ano colleunos esta data en plenas vacacións de Antroido, voltaremos ás aulas coa intención de traballar o tema da problemática da infancia nos conflictos bélicos. Temos á nosa disposición materiais elaborados polas ONGS Entreculturas e Amnistía Internacional, unhas propostas para desenvolver cos rapaces e rapazas de secundaria do CPI Virxe da Cela. Trataremos de sensibilizalos, conciencialos e aportaremos as nosas ideas para combater este grande problema que está a afectar a tantos nenos e nenas en diferentes lugares do mundo. Estímase que existen no mundo preto 300.000 menores soldados. Por iso, nesta importante data, reivindicamos a fin da vulneración dos dereitos que implica a utilización de nenos e nenas en conflitos armados. 

A ONG Entreculturas pon o seu foco na dramática realidade dos nenos e nenas soldados e a situación de emerxencia que se está a vivir na República Democrática do Congo. O pasado mes de novembro endureceuse o conflito interno neste país. A presión e violencia por parte do Movemento 23 de marzo (M23) produciu o desprazamento de máis de 200.000 persoas e provocou o peche de máis de 600 escolas na rexión de Kivu. Isto non fai máis que afondar no drama do Congo, envolto no conflito máis cruento do mundo –máis de cinco millóns de persoas xa perderon a vida nel– dende hai décadas e esquecido pola maior parte da comunidade internacional. Neste conflito, ademais, miles de nenas e nenos están a ser reclutados e usados como soldados. Na dinámica para secundaria deseñada por Entreculturas, os rapaces e rapazas de Monfero convertiranse nun grupo de xornalistas que queren facer unha reportaxe sobre o conflito da República Democrática do Congo e da realidade dos menores soldados. A partir dunhas cartas que relatan unha viaxe ao país, poderán documentarse sobre a historia da RD Congo, a realidade dos menores soldados e profundar na vulneración dos dereitos que supón esta situación y así elaborar o seu artigo. 

Penduramos tamén a curtametraxe de ficción "Aquel non era eu", nominado aos Premios Goya 2013, que seguro nos ma moito que pensar...





AQUEL NO ERA YO (subt. castellano) from AQUEL NO ERA YO on Vimeo.


jueves, 7 de febrero de 2013

CHARLA PRESENTACIÓN DE MICROMOVIES


O pasado luns 4 de febreiro de 2013 o alumnado de secundaria tivo unha primeira charla de presentación da actividade "micromovies", eixo vertebrador da Rede de Centros Solidarios do Plan Proxecta, á cal pertence o CPI Virxe da Cela. Esta charla-presentación, tal como explicou o ponente Ramón Molina,  constitúe a primeira das catro fases nas que se estructura a actividade, que describimos a continuación:
  • Fase1: Sesión presencial de presentación e construción colectiva de lemas e contidos destinados á creación dun produto audiovisual.
  • Fase 2: A través dunha plataforma virtual construirase un espazo para que o alumnado realice achegas, que serán contidos construídos colectivamente dende a Rede, fortalecendo o seu sentimento de pertenza á mesma.
  • Fase 3: Obradoiro “Do cómic ao cine”: xerar un proceso creativo sobre o desenlace do cómic presentado que permita deseñar o guión da “micromovie”.
  • Fase 4: Gravación e edición da “micromovie”, no que participará alumnado dos diferentes centros da Rede de Centros Solidarios. 

Ramón Molina, quen  impartiu esta charla, explicou con tode detalle cada unha das fases do proxecto, e tratou de crear un clima de participación entre o alumnado para acadar un tema que fose a base da "micromovie" que se desenvolverá no CPI Virxe da Cela. Nas próximas semanas recibiremos instrucións para ir introducindo a segunda fase a través dunha plataforma virtual. Esperamos que con todas as ideas do noso alumnado poidamos levar a cabo un rexistro audiovisual con gancho e, sobre todo, cunha mensaxe ben solidaria para difundir entre todos os posibles espectadores....








Micromovies fases from satelite1



Se queredes ver esta noticia pendurada no blogue VOLUNTARIADO GALEGO, da Dirección de Xuventude e Voluntariado da Xunta de Galicia, clicade na seguinte imaxe: