domingo, 11 de noviembre de 2012

ÉXITO DO XIV ENCONTRO DA REDE SOLIDARIA



 Queremos informarvos do enorme éxito do XIV Encontro da Rede Solidaria Entreculturas, celebrado no IES Elviña (A Coruña) o pasado sábado 10 de novembro de 2012. Temos que destacar a notable presenza do grupo do CPI Virxe da Cela de Monfero, xa que os 14 rapaces/as, acompañados polas dúas coordinadoras, constituíron o grupo máis numeroso do encontro.
Queremos agradecer a este grupiño de 13 rapazas e 1 rapaz por amosar o espíritu solidario e participativo que estase a xestar na nosa escola. A pesar da choiva, e o frío, impregnaron de calidez a esta xornada, regalando risas, bailes, compañeirismo, vitalidade, etc. Queremos dar os parabéns aos que saíndo ao escenario transmitiron o noso espíritu (Erea e Carla), difundindo as actividades que facemos no centro e compartindo a nosa axenda solidaria para este curso académico 2012-2013. Tamén aos que saíron a presentar os avatares realizados nos diferentes obradoiros (Antía, Sofía e Iago). Tamén agradecemos as aportacións de Cintia e Lucía, que formaron parte dun grupo-piloto nunha dinámica especial programada para un proceso de avaliación da rede. A todos os veteranos/as por continuar ano tras ano na Rede, e a todas as novas fichaxes por dar ese paso que esperemos sexa tan só o primeiro dunha longa traxectoria. Aí vai a lista do grupo de monfero. Gracias a todos vós por acompañarnos:

Rebeca Freijomil Vázquez (1º ESO)
Silvia Mº roca Deibe (1º ESO)
Nerea Couceiro Gómez (1º ESO)
Laura Muíño Méndez (2º ESO)
Cintia Grueiro Buján (2º ESO)
Erea Fernández Lence (2º ESO)
Sofía Pena Freire (2º ESO)
Antía Gómez Ramos (2º ESO)
Alba Amenedo Picallo (2º ESO)
Silvia López Villasenín (3º ESO)
María Fraga Tizón (3º ESO)
Iago Vázquez Cagiao (3º ESO)
Lucía Otero Rodríguez (4º ESO)
Carla López Basteiro (4º ESO)

  • Impresionante a enerxía de Abel e o seu grupiño de +18, que nos mantiveron de pé brincando e bailando, dinamizando a festa e contaxiando enerxía.
  • Fantástica a actuación do grupo de percusión senegalesa de música "mandinga", que a través da música, que é unha linguaxe universal, ofrecéronnos unha divertida e artística lección de "interculturalidade".
  • A Celsa e ao grupiño de alumnos/as do IES Elviña, porque grazas ao seu esforzo e ao seu traballo poidemos utilizar as instalacións do seu centro para realizar o encontro. 
  • A todo o resto dos coles da rede: en cada encontro estamos desexando reunirnos convosco, afianzando os lazos de amizade.
  • A Sandra e José Luís, porque sen o voso esforzo non existiría a Rede en Galicia.
  • A María José, a fan número 1 de Monferosolidario, que sempre nos acompaña nos encontros e colabora de voluntaria en todas as tarefas.
  • Parabéns á empresa de buses " A Capela", xa que a conductora sorprendeunos polo seu dinamismo e sentido do humor. Non lembramos un traxecto tan divertido no bus, cos seus comentarios a través do micro. Por certo, gracias María pola interpretación na frauta, e impresionante o programa de radio retransmitido por Iago, no que con grande retranca esbozaches a plantilla de profesorado do CPI Virxe da Cela. 
Próximamente publicaremos un album de fotografías deste fantástico encontro. 

3 comentarios:

  1. Lo pase GEENNNNNNNNNNNIIIIIIIIIIAAAAAAAAAAAAAAALLLLLLLLL!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!! Y ESPERO VOLVER AL DE FIN DE CURSO !!!!!!!!!!!!!!!!
    CONOCÍ A MUCHÍÍÍÍÍÍÍÍISSSSSSSSSSSIIIIIIIIIIMMMMMMMMMAAAAAAAAAAA GENTE A LA QUE AHORA MEDIA SEMANA DESPUÉS YA ECHO DE MENOS.
    Antía!!

    ResponderEliminar
  2. tes razon antia eu tamen o pasei xenial e tamen espero volver o de fin de curso !!!!!!!!! tamen conocín a moita xente e que ainda estou en contacto con ela pero non e o mismo como vela, nuns encontros tan marabillosos este foi o meu primeiro encontro pero penso repetir a cantos encontros fagades e a cantos pois ire .
    Laura Muiño

    ResponderEliminar
  3. Foi un dia xenial no que fixemos moitisimas actividades e no que tamen coñecimos a moitisima xente!! Foi un dia inolvidable!! Esperemos que para fin de curso axa outro e poder volver e coñecer xente, e pasalo tan ben como o pasei
    Erea

    ResponderEliminar