martes, 22 de mayo de 2012

CARTA A PAVANI


Como todos sabedes, o noso centro leva tres anos colaborando coa Fundación Vicente Ferrer. Son moitas e diversas as actividades asociadas a esta causa: charlas de sensibilización, intercambio con outra escola da India, obradoiros, donativos para investimento en proxectos que a Fundación está a desenvolver no distrito de Anantapur, etc. Unha destas iniciativas partiu directamente do alumnado de 4º da ESO, que tras escoitar unha charla impartida por Lancy Dodem, o primeiro neno apadriñado pola FVF, e que agora de adulto visita os centros escolares contando o cambio que deu a súa vida desde que tivo a sorte de ser beneficiario dun programa de apadriñamento. Conmovidos polo seu relato, os rapaces/as de 4º da ESO decidiron ser un eslabón  máis da cadea, dando o paso de apadriñar a unha nena, Pavani. Agora lle envían unha carta para que esta nena da India os coñece un pouco máis, xa que pasaron a formar parte da súa vida. 


SOLIDARIOS COA COCIÑA ECONÓMICA






O CPI Virxe da Cela acaba de recibir unha carta da Cociña Económica de Ferrol expresando o seu agradecemento pola entrega dun donativo en especie. Este donativo foi efectuado no pasado mes de abril, e consistía nun  lote de paquetes de arroz e unha caixa de vexetais. O comedor escolar do noso centro destinou estes alimentos que tiña como excedente a un fin benéfico, unha sinxelo xesto de solidariedade en estes tempos de crise. O número de usurarios da Cociña Económica de Ferrol e de outros comedores sociais multiplicouse nestos últimos meses. Desde fai tres anos o CPI Virxe da Cela organiza a Operación Quilo, unha campaña de sensibilización que ten como resultado a recollida de alimentos non perecedeiros para donar a esta institución benéfica de Ferrol.



martes, 15 de mayo de 2012

O COOPERATIVISMO: UNHA ALTERNATIVA





O obradoiro sobre traballo cooperativo realizado no CPI Virxe da Cela o pasado venres11 de maio de 2012 tivo un grande éxito entre o alumnado de 3º e 4º da ESO. A intención desta actividade é asesorar e guiar na elaboración de proxectos para o Certame de Cooperativismo no Ensino. Os rapaces e rapazas reforzaron as súas habilidades para traballar en equipo, e comprobaron que enriquecedor resulta compartir as ideas. Reflexionaron, debatiron, fixeron votacións, e tamén experimentaron coas dinámicas propostas por Xurxo e Brais, os mozos encargados de impartir o obradoiro.

jueves, 10 de mayo de 2012

COOPERAMOS




O programa "Cooperamos 2012", organizado pola Dirección Xeral de Relacións Laborais e o Consello Galego de Cooperativas ten a finalidade de facilitar a realización de actividades de promoción do cooperativismo. O alumnado de 1º e 2º ciclo de primaria do CPI Virxe da Cela está a recibir asesoramento e apoio técnico para a elaboración dun traballo para participar no Certame "Cooperativismo no Ensino". Este asesoramento inclúe obradoiros e dinámicas, nas que os nenos e nenas reflexionarán sobre o traballo cooperativo, descubrindo a súa potencialidade. Durante toda a mañá do xoves 10 de maio, a biblioteca escolar convertirase nun espazo para o xogo e para a reflexión.

miércoles, 9 de mayo de 2012

CARTA DE AGRADECEMENTO DA FVF


O CPI Virxe da Cela vén de recibir unha carta de agradecemento de Jordi Folgado, Director Xeral da Fundación Vicente Ferrer, na que destaca o esforzo e implicación do noso centro a través da iniciativa do Rastro Solidario. Con esta actividade realizada no noso centro no pasado mes de marzo recadáronse 2100 euros, que a Fundación Vicente Ferrer destinou a un proxecto de construción dunha escola en Anantapur.

lunes, 7 de mayo de 2012

AS PRIMEIRAS LEMBRANZAS DA ESCOLA


Os corredores do edificio de secundaria están moi concurridos últimamente, debido ao éxito da exposición "A gran imaxe", realizada para conmemorar a Semana de Acción Mundial pola Educación (SAME). Alumnado e profesorado da ESO penduraron as súas lembranzas máis entrañables dos seus inicios na escola, acompañadas de imáxenes evocadoras da etapa da infancia. Son moitos os que se achegan con grande curiosidade para descubrir quen é quen nesa galería de fotos de album da memoria.