martes, 31 de enero de 2012

MERENDOLA CON ENTRECULTURAS


O pasado venres 27 de xaneiro a ONG Entreculturas convidou ao alumnado que realizou labores de voluntariado no encontro Zanmitay, celebrado no noso cole no pasado mes de novembro de 2011, a unha deliciosa merendola. A xuntanza foi en Betanzos, e o punto de encontro un recuncho moi pintoresco e fermoso deste pobo: nas terrazas dunha cafetería situada diante de Igrexa de Santiago, onde degustamos a especialidade da casa: tartas e doces. Sandra e Xosé Luís (técnicos de Entreculturas), Yolanda e Verónica (profes coordinadoras de Monferosolidario) e Albita, María, Marta, Lorena, Vanessa e Luz Mery compartimos esa divertida merenda, combatindo a fría tarde con chiculate ben quente... con moitos churros.

viernes, 27 de enero de 2012

SE TI QUERES PODES CAMBIAR O MUNDO



Qué te suxire este vídeo?

Cres que estas actitudes son habituais na nosa sociedade?. Son habituais na túa vida?

Viches a película "Cadena de favores?. Encontras algunha similitude co video?

(Contesta a través dun comentario)

jueves, 26 de enero de 2012

DÍA DA PAZ NO CPI VIRXE DA CELA


                   

O luns 30 de xaneiro de 2012 o alumnado e profesorado da ESO e PCPI conmemoramos  o día da Paz e da Non Violencia co seguinte programa:

  • Ás 14:45, no patio do colexio fixemos a lectura do “Manifesto pola paz 2012” e do poema “Irmaus” de Celso Emilio Ferreiro. Seguidamente, e como acto simbólico soltamos unha pomba.


    • Posteriormente na entrada do edificio de secundaria fixemos a lectura de frases de personaxes históricas relevantes alusivas á Paz, que colocamos no taboleiro da entrada.

      • Tamén repartimos adhesivos con debuxos e lemas da paz deseñados polo alumnado de ESO



      martes, 24 de enero de 2012

      30 DE XANEIRO: DÍA ESCOLAR POLA PAZ 2012

      Achegámonos a unha nova edición do Día Escolar da Non violencia e a Paz (DENYP), na súa denominación completa e tal como a acuñou Llorenç Vidal, alá por mediados os anos '60, en coincidencia co aniversario da morte violenta de Mahatma Gandhi, un 30 de Xaneiro de 1948.
      Ademais de celebrar o Día Escolar pola Paz, cada 30 de Xaneiro, cousa que debemos facer, sería mellor (e desde logo máis efectivo) celebrar a paz de todos os días e preguntarmonos e interpelar ao alumnado sobre onde está a paz, e en que lugar debemos buscala. Porque non está, como adoitamos crer, fóra de nós, nos grandes líderes mundiais, nin tampouco nas pombas que soltamos, ou nos paneis que debuxamos, nas mans de cores que estampamos en muros e corredores... como ás veces cre o noso alumnado, senón que debemos aprender a escoitar a voz da nosa propia conciencia, dentro do noso corazón, desde aí é desde onde construímos a paz, cada día, connosco mesmo e cos demais. Tal e como o dicía maxistralmente o propio Mahatma Gandhi: "Os únicos demos que existen no mundo aniñan dentro do noso propio corazón".

         Tranversalmente, na materia de Educación para a Cidadanía, nas horas de titoría, e en todas e cada unha das materias, dentro e fóra das aulas, no Plan de Centro, no clima escolar, a educación é sobre todo atmosfera, dicía Henry Adams, temos que aprender a construíla e así celebrar a paz de todos os días, a convivencia, compartir vivencias xuntos, para que o 30 de Xaneiro, non se converta nunha rutina, para que a paz sexa algo máis que un conto de pombas e globos, flor dun día, cada ano, por moi brillante que sexa.

         Porque as rutinas anulan a paixón e sen paixón dificilmente podemos aprender e educar para facer as paces, así en plural, fronte a todas as violencias.

      O Seminario Galego de Educación para a Paz, suxire, nesta ocasión, reflexionar, debater, traballar sobre "A aprendizaxe da democracia na escola", sobre un texto magnífico de José Tuvilla, con distintos recursos e materiais que podedes baixar da web: www.sgep.org.

      Unha das actividades realizadas polos alumnos de 1º da ESO , foi a de deseñar  pegatinas alusivas á paz. Estas pegatinas serán repartidas no noso colexio o vindeiro luns, Dia escolar da Paz a todos os nenos e nenas do centro.


      Que teñamos, que teñades, un feliz Día Escolar da Non violencia e a Paz, neste 64 aniversario da morte de Gandhi,  para que o 30 de Xaneiro sexa o principio da celebración da paz de todos os días...





      jueves, 19 de enero de 2012

      SAN VALENTÍN



      San Valentín. Este día que ás veces resulta tan comercial pode converterse nunha disculpa para facer unha boa obra: manifestar o amor uns aos outros (acción que ás veces resulta tan difícil) e recadar cartos para investir nunha labor humanitaria. O noso centro CPI Virxe da Cela, nesta actividade organizada polo departamento de actividades extraescolares, convídavos a participar na xornada de San Valentín. Aí van as bases do concurso de cartas de amor. Contamos coa vosa participación.
      1. Poderán participar todos os membros da comunidade educativa. As cartas poderanse redactar en galego e en castelán e entregaranse en sobre aberto, asinadas baixo pseudónimo e no interior do sobre, nunha tarxeta, o nome do autor. Poderanse enviar o número de cartas que se desexe.
      2. As cartas poderán dirixirse a calquera membro da comunidade educativa ao cal queiramos amosarlle amor, afecto, gratitude, compañeirismo…
      3. O prazo de entrega será desde o día 1 ata o 10 de febreiro de 2012
      4. O día 14 de febreiro no recreo da mañá repartiranse as cartas e as flores aos seus destinatarios e faranse públicos os nomes dos gañadores do concurso.
      5. Os premios dividiranse en dúas categorías: un premio para o alumnado de 1º e 2º de ESO e outro para o alumnado de PCPI, 3º e 4º de ESO.
      6. Os sobres e as tarxetas onde figurará o autor custarán 0,10€ e poderán adquirirse no Departamento de CC.SS. e Música. Tamén se porán á venda flores artesanais de cores que poderán acompañar as cartas. (1€ a unidade).

      lunes, 16 de enero de 2012

      PROXECTO "APADRIÑA UN NENO/A"


      O meu nome é Pavani. Son una nena de 9 anos e vivo nunha pequeña aldea, Madhapuram, no distrito de Anantapur (India). Grazas aos rapaz@s de 4º da ESO (Lorena, María, Alba, Anaís, Marta e Iván), e á Fundación Vicente Ferrer a miña vida vai dar un grande cambio. Tiven a grandísima sorte de ser apadriñada por eles, e isto supón a posibilidade de ir á escola e ter roupa, comida, medicinas e outras cousas indispensables para poder saír adiante neste país tan pobre. Grazas por axudar a construír un mundo mellor…