miércoles, 21 de diciembre de 2011

ANOCA: APRENDER NO CÁRCERE

Por terceiro ano consecutivo o proxecto ANOCA foi presentado no CPI Virxe da Cela, Monfero. Como en anos anteriores dous mestres e dous internos do cárcere de Teixeiro contaron en primeira persoa a súa experiencia neste interesante proxecto que vén de acadar un galardón na III edición do "Premio de Educación para o Desenvolvemento Vicente Ferrer". Mostramos a continuación unha crónica da visita, redactada polo xornalista oficial do noso centro, Antonio González López, alumno de 3º da ESO.

lunes, 19 de diciembre de 2011

LIBROS SOLIDARIOS: ALUMNADO DE 5º DE PRIMARIA




Un grupo de nenos e nenas de 5º de primaria tiveron a iniciativa de organizar unha exposición de libros solidarios. Esta actividade está englobada dentro do proxecto do Pasaporte Solidario. Sergio García, Ana González, Ana Pena, Laura Río, Tania Grueiro, Antía Lista, Alba Rodríguez, Raquel Suárez son os protagonistas desta proposta. Ademáis de facer unha selección entre todos os libros da Biblioteca Escolar, estes xóvenes realizaron unha enquisa para valorar o éxito da lectura dos libros seleccionados, e para recoller novas lecturas. Parabéns para estes rapaces e rapazas, que seguramente serán recoñecidos á hora de valorar a actividade de Pasaporte Solidario.
Entre os 21 libros recollidos destacan "Unha familia normal", "Alguien nuevo en clase", "Flor viva".
Este grupo de nenos e nenas acudiron ao departamento de CCSS para pedir a sinatura da profesora Teresa Losada, encargada da biblioteca no recreo que se realizou a selección de libros.

domingo, 11 de diciembre de 2011

DÍA DOS DEREITOS HUMANOS 2011


Os dereitos humanos pertencen por igual a cada un de nós  e mantéñennos unidos como unha comunidade global cos mesmos ideais e valores. Como unha comunidade global que todos compartimos nun día en común: o Día dos Dereitos Humanos, o 10 de decembro, cando se recorda a creación, fai 63 anos da Declaración Universal dos mesmos.
Despois de tanto tempo, debemos reflexionar sobre si se respectan estes dereitos e o que nós podemos aportar para lograr que sexan universais. Para elo ofrecémosche esta escolma de enlaces.