jueves, 10 de febrero de 2011

LANCY DODEM E YOLANDA FERRER NO C.P.I. VIRXE DA CELA

Lancy Dodem, Miriam (directora do centro) e Yolanda Ferrer

Lancy Dodem e Yolanda Ferrer coas cordinadoras de Monferosoldiario


Vista parcial da charla de Lancy Dodem ao alumnado de Primaria


Lancy Dodem respondendo ás preguntas do alumnado


Lancy Dodem imparte a charla con diapositivas sobre a India


O mércores 9 de Febreiro de 2010 visitou o noso centro Lancy Dodem, o primeiro neno apadriñado pola Fundación Vicente Ferrer, acompañado pola fotógrafa Yolanda Ferrer, autora da exposición "A cidade do Infinito". Esta visita está enmarcada dentro do proxecto School to School, da Fundación Vicente Ferrer.




20 comentarios:

  1. Lucía Otero e Lucía Bouzón17 de febrero de 2011, 22:27

    O mércores dia 9 de febreiro do 2011 visitounos no noso colexio Lancy Dodem en compañía de Yolanda Ferrer. El explicounos as diferenzas entre a India e España e a verdade e que quedamos moi sorprendidos. Tamén falounos da cultura da India e as súas costumes. Púxonos o tanto dos proxectos da fundación Vicente Ferrer e comentounos como era a vida de Vicente e como actuaba cos que máis o necesitaban. Tamén nos comentou un pouco da súa vida persoal e as súas experiencias en España e con Vicente.
    O mais bonito foi cando nos contou como se sentíu o chegar a España ; o sorprendido e impactado que quedou cando veu os corredores largos do aeroporto por exemplo, pero tamén lle entristeceu ver que en España a xente non ten na súa cara un sorriso. Según el na India a xente aínda que non teña nada e careza do mínimo para poder vivir dignamente sempre teñen a cara iluminada por un sorriso, sen embargo aquí a xente é distinta, aínda que non tiveramos nada polo que chorar tampouco sorreiríamos.
    Despois fixemos varias preguntas as que el contestou de boa gana. Observamos como atendía emocionado á exposición das nosas compañeiras que lle comentaron o que fixeramos en todo o curso colaborando coa fundación no proxecto School to School e tamén o puxeron en coñecemento do que era o noso proxecto Monferosolidario.
    Foi unha experiencia inesquecible xa que a pesar de todo rimos e pasámolo moi ben.

    Lucía Otero e Lucía Bouzón.

    ResponderEliminar
  2. Antonio González 2º ESO17 de febrero de 2011, 22:28

    O pasado mércores, 9 de febreiro de 2011, Lancy Dodem, que foi o primeiro neno apadriñado pola Fundación Vicente Ferrer visitou a nosa escola acompañado por Yolanda Ferrer, fotógrafa cunha nena apadriñada na Fundación.
    Na visita explicounos como é a India e que lle pareceu España e Galicia ao chegar. Ademais, na charla puidemos facer preguntas que foron contestadas por Lancy dun modo moi cercano.
    As alumnas de 3º e 4º da ESO tamén explicaron a Lancy e a Yolanda que é o Proxecto Monferosolidario e as actividades que facemos nel ademais da nosa contribución ao Proxecto School to School da Fundación Vicente Ferrrer
    Gustoume moito e espero que se sigan facendo estas actividades na escola.

    Antonio González López, 2º ESO.

    ResponderEliminar
  3. ÓSCAR PÉREZ SAJURJO,DIEGO RODRÍGUEZ LÓPEZ,ÓSCAR VIDAL COUCEIRO17 de febrero de 2011, 22:29

    O mércores día 9 de febreiro de 2011 visitounos Lancy Dodem, o primeiro neno apadriñado por Vicente Ferrer. Contounos a vida e as suas costumes sobre a India e fixémoslle varias preguntas. Con el veu Yolanda Ferrer que é unha fotógrafa que fixo unha exposición sobre a Fundación Vicente Ferrer e a vida dos intocables na India. Esta exposición estivo exposta na Coruña e nós fumos a vela.
    Volvendo a o de Lancy podemos decir que pasámolo moi ben porque era moi simpático. Contounos que vivía en Cataluña e que el na India era da casta dos intocables.
    Lancy compartiu con nós a comida e pola tarde estivo cos nenos pequenos contándolles o que nos contou a nós.
    Monfero tamén está traballando coa fundación Vicente Ferrer por eso ensinámoslle o que estamos a facer co Proxecto School to School é co noso proxecto de Monferosolidario.
    Foi un día inolvidable para todos nós.

    ÓSCAR PÉREZ SAJURJO,DIEGO RODRÍGUEZ LÓPEZ,ÓSCAR VIDAL COUCEIRO

    ResponderEliminar
  4. Lancy Doden foi un dos primeiros nenos apadriñados pola Fundacion Vicente Ferrer. Nós tivemos a sorte de poder velo este mércores pasado. El vive en Barcelona pero veu a Galicia a dar unhas charlas, e como nos facemos moitos traballos sobre a Fundación Vicente Ferrer, pois veu tamén o nosos centro. Foi un honor que estivera conosco. El nos contou moitas anécdotas e tamén nos contou como era a vida na India.
    El pertence a casta dos intocables que é a casta mais cativa que hai, na India. El levábase moi ben con Vicente Ferrer posto que estivo convivindo con el.
    Gustoume moito esta actividade porque puiden saber algo mais sobre a India e as súas costumes

    ResponderEliminar
  5. Daniel Lence meizoso/Oscar Paz Garrido17 de febrero de 2011, 22:31

    O mércores 9 de febrero , veu Lancy Dodem ata o noso colexio. El veunos falar da fundación Vicente Ferrer; falounos do proxecto Shool to School no que tamén nós estamos a colaborar.Tamén contestou as nosas preguntas sobre como era a vida na India.
    Descubrimos que a vida alí é moi dura. Na India moita xente vive con 1 euro ó día , e nas zonas rurais a maioría da xente é pobre.
    Gustounos moito e queremos que volva pronto.

    Daniel Lence meizoso/Oscar Paz Garrido.

    ResponderEliminar
  6. O mércores 9 de febreiro de 2011 viñeron visitarnos ao colexio Lancy Dodem e Yolanda Ferrer acompañados por Anxela Loureiro do Cefore. Foi unha visita moi interesante . Lancy foi o primeiro neno acollido pola gran Fundación Vicente Ferrer que actua en Anantapur (India). Lancy comentounos como era a vida no país do que procede, a India. Nós fixemoslle unha pequena entrevista e el contestábanos a todas as preguntas que lle faciamos. Despois falamoslle un pouco do noso proxecto Monfero Solidario. Gustoume moito.

    Iago. 1º ESO

    ResponderEliminar
  7. María Fraga Tizón e Alba Amenedo Picallo17 de febrero de 2011, 22:33

    O Mércores pasado veu ao noso colexio o primeiro neno adoptado de Vicente Ferrer Lancy Dodem. Tamén veu con el Yolanda Ferrer e Anxela Loureiro.
    O caso e que estivemos facéndolle preguntas a Lancy para saber algo mais del e da súa cultura.
    Algúns nenos e nenas de 4º de E.S.O e de 3º da E.S.O falaron sobre o que facemos neste colexio: actividades, charlas, rastros solidarios etc.Tamen lles ensinamos fotos de todo o que fixemos no colexio.
    Gustounos moito a sua visita e tamen porque non decilo, gustounos perder clase. Pasámolo moi ben.
    María Fraga Tizón e Alba Amenedo Picallo

    ResponderEliminar
  8. O outro día, visitounos no noso colexio Lancy Dodem, o primeiro neno apadriñado por Vicente Ferrer, acompañado de Yolanda Ferrer, a fotógrafa que foi a India. Ela non tiña pensado facer fotografías,pero foi tal o desastre que alí encontrou e que lle impactou tanto,que se viu na obriga de facer unha exposición na Coruña, a cal fomos visitar. Pero o caso e que veu Lancy e ademais desde moi lonxe, Barcelona. Falounos de cómo se vive na India, a súa comida, a súa cultura, ás condicións que tiñan que afrontar para vivir,como convivían con Vicente Ferrer,como era…Nós tamén lle explicamos como funciona Monferosolidario, e o proxecto School to School, que etamos a facer cun colexio da India. Ademáis deixounos facer moitas preguntas e el as contestaba con moito gusto. Logo connosco no comedor escolar.
    Gustaríame que o grupo Monferosolidario fixera máis charlas destas.

    Martín 1º ESO

    ResponderEliminar
  9. Raúl e Miguel 1º ESO17 de febrero de 2011, 22:36

    O pasado mércores veu ao noso colexio Lancy Dodem, o primeiro neno apadriñado por Vicente Ferrer.
    El era indio e dende fai anos el reside en Barcelona , está casado e ten unha filla de 1 ano.
    Tamén veu Yolanda Ferrer , unha fotógra que fixo fotos en India e cando voltou fixo unha exposición que, por certo ,nós fumos a ver.
    Xunto con eles veu Anxela Loureiro do Cefore de Ferrol a seguir con nós a charla .Fixémoslle preguntas a Lancy e el respondía a todas .Ao final as nenas de terceiro e cuarto lle expuxeron a Lancy o que facíamos no noso colexio no proxecto School to School. Lancy quedou moi contento de vir a o noso colexio.
    Ao final fumos comer e el tamén veu comer o comedor.
    Nós desde aquí pedimos que no colexio se fagan mais cousas destas.

    Raúl e Miguel 1º ESO

    ResponderEliminar
  10. Sandra e Nina 1º ESO17 de febrero de 2011, 22:40

    O mércores veu Lancy Dodem ao colexio . Estivemos con el na sala de usos múltiples.Fixémoslle preguntas e el decíanos cousas da sua vida . Con el estaba Yolanda Ferrer, unha fotógrafa que estivo na India e fixo unha exposición de fotografías que sacou alí . El comentounos da sua vida con Vicente Ferrer.
    Os alumnos de 3 º e 4 º da ESO explicáronlle a Lancy as actividades que estamos a facer no noso colexio co Proxecto Monfero Solidario.
    Monfero solidario consiste en axudar a diferentes países que están en perigo de pobreza , derrubes de casas , terremotos e moitas cousas máis
    O medio día Lancy e Yolanda comeron con nosco no comedor do colexio.
    Tamén gustounos moito porque perdemos matemáticas ,galego e castellano.
    FOI A MELLOR VISITA QUE NOS FIXERON. Sandra e Nina 1ºESO

    ResponderEliminar
  11. O mércores pasado veunos a ver unha visita moi especial ao noso colexio, Lancy Dodem. É o primeiro neno adoptado de Vicente Ferrer. Tamén veu Yolanda Ferrer unha fotógrafa que viaxou a India e sacou fotografías . Logo cando voltou aquí fixo unha exposición en Caixa Galicia na Coruña. Nós fumos a vela e gustounos moito.Outra das persoas que veu, foi Anxela Loureiro que veu do Cefore.
    Desde as 11.15 ata as 12.30 él explicounos como era a vida na India e despois os alumnos fixemoslle preguntas. Despois do recreo as alumnas de 3º e de 4º da E.S.O explicaronlle o que fixeranos nós no proxecto School to School.
    Comeu no noso comedor e pasámolo moi ben.
    Pola tarde faloulles sobre a India aos de Educacion Infantil e Primaria.
    Gustaríame que houbera máis actividades como estás e participar nelas.

    ResponderEliminar
  12. Hoxe dia 9/02/2011 Lancy Doden visitou o noso colexio acompañado da fotografa Yolanda Ferrer.
    Levábamos esperando a súa visita algunhas semanas , pero valeu a pena a espera xa que non deixou indeferente a ninguén.E impresionante como contou e transmitiu as suas vivencias na India ao lado de Vicente Ferrer. Podería contar miles de sensacións que me transmitiu a súa presenza, pero o que probablemente non esqueza é a maneira de dar resposta ás nosas dúbidas e preguntas. Chamoume a atención como explicou que é necesario sempre ter un soño, xa que si todos nós cumpriramos todos os nosos soños, quedariamos vacios. Contounos a historia dun neno que quería coñecer a Deus e cando, despois de moita procura chegou á porta que o levaría a coñecelo, deu a volta porque non quería perder a ilusión e o soño que tiña para ter algo polo que seguir loitando.
    Lancy Doden falou de moitísimas cousas máis, tanto do que sentía aquí en España como os xogos que se practicaban na India. Eu creo que el está a marcar outro principio na Fundacion Vicente Ferrer, creo que vai facer historia, e tamén creo que o que fai é INCREIBLE. Oxalá todo o mundo fose consciente do que pasa en sitios tan pequenos que non figuran nos mapas, que fose consciente de que cada parte do mundo é diferente, como a noite e o dia, que oxalá se poidese medir a felicidade en cada parte do mundopara darnos conta das diferenzas que hai , oxalá que esta medición fose igual en calquera sitio, e os índices de felicidade desbordásense . Necesítase a todo o mundo, necesítase a axuda do ser humano, o amor, os abrazos, as boas palabras, os bos feitos, as mellores miradas, NECESÍTASE ACCION.
    Queremos o mundo soñado, queremos que as inxustizas non existan, queremos un mundo para todos e de todos, queremos ser iguais, queremos UN MELLOR MUNDO NO QUE VIVIR.

    Desiré Maceira

    ResponderEliminar
  13. O día 9/2/2011; foi un día moi especial porque veu o primeiro rapaz que adoptou Vicente Ferrer.
    Ao principio contounos moitas cousas sobre a India , como era a vida alí e tamén todo o que lle pasou cando veu para España e por suposto contounos algunha anécdota que lle ocorreu cando veu para aquí…
    Explicounos como se traballa na fundación Vicente Ferrer, que é o que fan nela e todos os proxectos que teñen ; como por exemplo, apadriñar a un neno, axudar as mulleres para que poidan manter a familia e ter o seu propio diñeiro…
    Despois fixémoslle preguntas, sobre todas as curiosidades que tiñamos sobre a súa vida e sobre todo o que lle pasara. El contestounolas, dicíndonos moitas cousas.
    Na segunda parte da visita un grupo de persoas expuxémoslle o que fixemos no Proxecto School to School e como traballamos co noso Proxecto Monferosolidario.
    A min persoalmente gustoume moitísimo porque eu aprendín moitas cousas novas doutra cultura e convencinme que o importante non son as cousas materiais senón os sentimentos e o que fagas polas persoas ; como di o lema do blogue do meu colexio “moita xente pequena en moitos lugares pequenos facendo cousas pequenas podemos cambiar a face da terra”.
    En conclusión gustoume moito que viñera e poder facerlle preguntas…

    ResponderEliminar
  14. Jacqueline López Pérez17 de febrero de 2011, 22:59

    O mércores asistiu a darnos unha charla ao CPI Virxe da Cela Lancy Dodem o primeiro neno apadrinado pola fundacion Vicente Ferrer .
    Falounos de cómo era a vida na india e que función realizaba a fundacion Vicente Ferrer alí. Pareceume unha charla moi interesante xa que te fai pensar en moitas cousas. Unha delas é que moita xente na India ten menos que nós e polo contrario, son moito mais felices xa que a nosa sociedade é moi materialista e cremos que para ser felices precisamos cada vez mais.
    Pareceume un rapaz con unhas ideas moi claras que podía aportarnos moito e asi foi, polo menos a min fixome pensar moitas cousas sobre a vida.
    Despois de oir esta charla penso que temos que valorar mais o que poseemos e a sociedade na que vivimos, xa que temos moitas cousas que non son necesarias . Por iso sentímonos moi orgullosos de colaborar coa fundacion Vicente Ferrer mais especialmente co proxecto School to School.

    Jacqueline López Pérez

    ResponderEliminar
  15. Paula Calaza Freire17 de febrero de 2011, 23:02

    Hoxe veunos visitar Lancy Dodem que é un home que pertence a fundación Vicente ferrer,que é unha fundación que está situada na India para axudar aos intocables .Veu ao noso cole para contarnos un pouco o que fan eles alí.
    O que mais me asombrou foi que el dixo que para el non existen os soños e que el non respondía as preguntas directamente senón que nos explica todo con exemplos e cando lle preguntamos polos soños el púxonos o exemplo de un neno que quería ver ao Deus pero cando o encontrou non quixo entrar para seguir con ese soño.
    El estivo con nós todo o día a pesar de que tiña que ir pola tarde a unha conferencia. El dixo que se sentira moi a gusto e como nun ambiente moi familiar.
    Paula Calaza Freire

    ResponderEliminar
  16. Tamara Sanjuan Cainzos17 de febrero de 2011, 23:05

    Hoxe foi un dia interesante para o noso colexio xa que estivo Lancy Dodem. Este home foi o primeiro rapaz apadriñado por Vicente Ferrer.
    Foi unha actividade moi bonita,interesante e por suposto moi dinámica.
    O principio el expuxo con unhas diapositivas o seu traballo na India, despois os alumnos fixémoslle preguntas e el contestounas con moito gusto; logo unhas compañeiras espuxeronlle unhas diapositivas nas que se vía o que facemos no colexio, gustoulle moito.
    A el unha das cousas que mais lle chamou a atención do noso país é que a xente de aquí non sorrie, según el os rapaces da India sorien mais que os españois.
    Lancy quedou a comer connosco no comedor escolar, comeu cos profesores, logo pola tarde deulles tamén unha charla os rapaces mais pequenos do colexio.
    En resumen foi un dia moi importante para o CPI Virxe da Cela.

    Tamara Sanjuan Cainzos

    ResponderEliminar
  17. O DIA 9-2-2011 VEU LANCY DODEM O PRIMEIRO NENO APADRIÑADO POR VICENTE FERRER .
    CON EL VEU YOLANDA FERRER UNHA FOTOGRAFA QUE FIXO UNHA EXPOSICION SOBRE A INDIA.LANCY DODEM FALOUNOS DE CÓMO ERA ANTES A SUA VIDA ,AS COMIDAS CTC.. E TAMEN NOS ENSEÑOU UN VIDEO. POLA MAÑA FUMOS OS DE TODA A ESO E POLA TARDE FORON OS DE PRIMARIA.
    ALGUNHAS COMPAÑEIRAS MIÑAS FIXERONLLE PREGUNTAS PERO EU NON.
    GUSTOUME MOITO E ESPERO QUE VOLVA FOI MOI BONITA.

    Iván Guzmán

    ResponderEliminar
  18. Adrián Allegue eRubén García26 de febrero de 2011, 16:42

    O mercores 9 de febrero visitounos Lancy Dodem que foi o primeiro neno apadriñado pola fundación Vicente Ferrer e tamén nos visitou Yolanda Ferrer que fixo unha exposición na Coruña sobre a India . Lancy Dodem falounos sobre a sua vida as suas anécdotas e como viviu Vicente Ferrer e máis él.
    Foi fantástico ,contáronnos historias impresionantes e eran moi cercanos á xente,logo deixáronnos facerlles preguntas e resolveron as dudas máis importantes sobre él , Vicente Ferrer e a fundación Vicente Ferrer. Logo ,os alumnos de 4ºda ESO explicáronlles o traballo de school to school.

    Adrián Allegue eRubén García

    ResponderEliminar
  19. O mércores veu Lancy Dodem, que nos explicou as diferenzas que hai entre a India e España .
    Foi moi divertido porque ademais de perder clase también soubemos cousas sobre a India
    Na hora do comedor veu el a comer con nos
    As nenas de 3ªe 4ª da ESO explicaronlle o que fixemos en todo o curso
    Esta ben que fagan cousas dé este estilo para aprender mais sobre as outrasculturas relixions

    ResponderEliminar
  20. Lancy veu o noso colexio . Nos falou o da India, como iban ao colexio, como vivian na India, etc
    Tamén NOS puxo UN VIDeO y lle fixemos preguntas a lanci e despois do recrero comeu connosco no comedor. Despois os de 3 e 4 explicaronlle a Lancy as actividades que faciamos.Os nenos non facian preguntas pero as nenas si.Despois lle explicaron o que fixemos os de secundaria e unha poferora lle preguntou a Lancy y Doden e a de musica grababa e despois lle dinos un regalo.
    Y SE FUE CONTENTO A SU CASA

    ResponderEliminar