lunes, 28 de febrero de 2011

DE MONFERO A ANANTAPUR: UNHA VIAXE VIRTUAL A TRAVÉS DO PROXECTO SCHOOL TO SCHOOL

Dende o curso académico 2008-2009 estase a desenvolver unha iniciativa de educación en valores no C.P.I. Virxe da Cela (Monfero). Se ben na súa orixe o proxecto Monferosolidario naceu da colaboración entre as materias de Relixión e Educación para a Cidadanía impartidas na E.S.O., na actualidade constitúe todo un auténtico proxecto de centro, no que participan todas as etapas educativas (Educación Infantil, Educación Primaria, E.S.O.) e diversos departamentos de secundaria, así como a Biblioteca Escolar e o Equipo de Dinamización da Lingua Galega. En setembro de 2009 o proxecto Monferosolidario foi galardoado na I edición do Premio Nacional de Educación para o Desenvolvemento “Vicente Ferrer”. No acto de entrega do premio, que tivo lugar na sede da AECID en Madrid, mantivemos unha enriquecedora conversa con Moncho Ferrer, fillo de Vicente Ferrer e continuador da súa labor humanitaria na India. Grazas a Moncho Ferrer soubemos da existencia do proxecto School to School, e inmediatamente decidimos embarcarnos nunha fascinante aventura que uniría dos puntos do planeta moi distantes: Monfero e Anantapur.

jueves, 24 de febrero de 2011

OPERACIÓN QUILO: COCIÑA ECONÓMICA DE FERROL

O mércores 24 de Febreiro visitamos as instalacións da Cociña Económica de Ferrol. Con esta acción damos por finalizada a campaña "Operación Quilo". Dende o pasado mes de decembro, alumnado, profesorado e familias depositaron paquetes de arroz, galletas, pasta, botellas de aceite, cartóns de leite e outros alimentos non perecedeiros nun espazo habilitado nos corredores do edificio de secundaria. Aínda que o obxectivo fundamental non era conseguir caixas e caixas de alimentos, senón concienciar á nosa comunidade educativa da importancia de aportar unha pequena axuda para cambiar o mundo, foron moitos os quilos acumulados... Os transeúntes ollaban con atención e curiosidade aos mozos e mozas de 2º, 3º e 4º da ESO carretando caixas en dirección á Rúa Ruvalcaba, en Ferrol, onde está situada a sede da Cociña Económica. Unha vez depositados os alimentos, o seu director amosounos as instalacións, e ofreceu unha enriquecedora charla, oportándonos unha visión global do funcionamento desta instutución benéfica, e recordándonos a importancia da nosa axuda sobre todo agora, en tempos de crise. Foi gratificante recibir os parabéns, e alentounos a continuar na nosa labor de construír unha mocidade solidaria, crítica e responsable.







lunes, 14 de febrero de 2011

sábado, 12 de febrero de 2011

REPARTE AMOR... E RECIBIRÁS MOITO A CAMBIO



Esta é unha iniciativa que parte dun grupo de alumnas de 3º da E.S.O. do C.P.I. Virxe da Cela para celebrar o día de San Valentín. O E.D.L.G., en estreita colaboración co proxecto Monferosolidario, quixemos dar outra dimensión a esta data, ampliando as fronteiras para construír un concepto máis universal do amor. Co lema "Regala amor... e recibirás moito a cambio" trataremos de transmitir a toda a nosa comunidade educativa a importancia do amor máis puro, desinteresado, altruísta... dirixido non soamente ás nosas parellas, senón aos amigos e amigas, compañeiros e compañeiras, familias, prantas, animais e outros seres vivos que conviven no noso planeta.



Esta iniciativa está formada por diferentes actividades: concurso de declaracións de amor, venta de flores, corazóns e outros pequenos obxectos elaborados polo propio alumnado, visita ás aulas promocionando o lema "Regala amor... e recibiriás moito a cambio" a través do reparto de pegatinas e carteis que ilustren o mesmo, etc.



Durante o recreo do luns 14 de Febreiro realizouse un pequeno mercadillo na entrado do edificio de secundaria. Alumnado e profesorado mercaron unha grande variedade de obxectos elaborados polas propias alumnas de 3º da E.S.O.: piruletas con lema, fundas para telefonos móbiles tecidas en lá de cor vermella, flores de papel realizadas con papiroflexia, pulseras do amor construídas coa lengüeta de apertura das latas de refrescos, sobres e postais para escribir mensaxes de amor, etc...


Xa en horario de tarde, este grupiño de alumnas fixeron unha campaña sensibilizando ao alumnado da E.S.O. Visitaron as aulas e ofreceron un interesante discurso, animando á xente a ser máis xenerosos cos demais, ofrecendo o noso amor e atención tanto ás nosas parellas, familias, amigos, seres vivos... ao planeta en xeral. Cada alumno/a recibiu unha bonita pegatina para ter sempre presente que recibiremos moito máis a cambio... se regalamos amor.




Alumnas de 3º da E.S.O., responsables desta iniciativa






Vista parcial do mercadillo de obxectos






Alumnado e profesorado participou activamente mercando obxectos






Campaña "Regala Amor" na aula de 2º E.S.O.





Campaña "Regala Amor" na clase de 4º E.S.O.







AVATARES: DECLARACIÓNS DE AMOR


















jueves, 10 de febrero de 2011

LANCY DODEM E YOLANDA FERRER NO C.P.I. VIRXE DA CELA

Lancy Dodem, Miriam (directora do centro) e Yolanda Ferrer

Lancy Dodem e Yolanda Ferrer coas cordinadoras de Monferosoldiario


Vista parcial da charla de Lancy Dodem ao alumnado de Primaria


Lancy Dodem respondendo ás preguntas do alumnado


Lancy Dodem imparte a charla con diapositivas sobre a India


O mércores 9 de Febreiro de 2010 visitou o noso centro Lancy Dodem, o primeiro neno apadriñado pola Fundación Vicente Ferrer, acompañado pola fotógrafa Yolanda Ferrer, autora da exposición "A cidade do Infinito". Esta visita está enmarcada dentro do proxecto School to School, da Fundación Vicente Ferrer.




lunes, 7 de febrero de 2011

MONFEROSOLIDARIO NO I.E.S. TERRA DE TRASANCOS

O pasado Xoves 3 de Febreiro de 2011 tivemos a oportunidade de difundir o noso proxecto Monferosolidario no I.E.S. Terra de Trasancos, Narón. Durante toda esta semana este centro estivo desenvolvendo unha interesante "Semana de Educación para o Desenvolvemento". O I.E.S. Terra de Trasancos foi galardonado este ano na II edición do "Premio Nacional de Educación para o Desenvolvemento Vicente Ferrer". Coincidimos cos coordinadores do proxecto gañador o pasado mes de Novembro, no I Encontro Nacional de Educación para o Desenvolvemento, celebrado en Ávila. Convidáronnos a presentar o noso proxecto no seu centro, para que o alumnado poidera coñecer as actividades que estamos levando a cabo. Nesta ocasión duas alumnas de 3º da E.S.O., Anaís e Mª Santamariña, foron as encargadas de difundir o espírito de Monferosolidario.