miércoles, 16 de junio de 2010

OS DE 4º PECHAMOS UNHA ETAPA NO CPI VIRXE DA CELA


Parece mentira, como pasa o tempo... Estes 12 anos que pasamos aquí estiveron cheos de bos pero tamén malos momentos. Aínda que, pensándoo ben... pesan máis os bos que os malos. A partires de agora comezamos unha nova etapa na que teremos que separarnos e cada un emprenderá un novo camiño cheo de aventuras e desventuras porque non todo vai ser unha balsa de aceite.
Votaremos de menos ós nosos profesores e compañeiros de outros cursos porque gracias a eles todo foi máis doado e agradable.
En fin, só  darvos as gracias por todo...      

  GRACIAS!!!!!!!!!! 

8 comentarios:

  1. Algúns de vos fostes os meus primeiros alumnos de Monfero. Só espero que agora que comezades unha nova etapa, o futuro veña cheo de momentos agradables e de éxitos. E nos momentos difíciles, que seguro que os haberá, pensade que "nunca choveu que non escampara". Un bico.

    ResponderEliminar
  2. Gracias a todos os prefesores e profesoras que en todos estes anos estiveron o noso lado, desde aqui un saúdo e agradecemento a todos eles aos de secundaria e por suposto tamén ós de Primariaaaaa.

    ResponderEliminar
  3. Moitas gracias a todos os profesores que nos apoyaron e que nos axudaron moito a sacar o curso, e tamén aos alumnos, os nosos compañeiros que foron excepcionais.
    Moitas gracias por todo, votaremosvos de menos.

    ResponderEliminar
  4. Os meus últimos alumnos de Monfero!!! Espero que aínda vos acordedes de min, a profe de CCSS, a xefa de estudos que votaba tanta broncas. Na nova etapa que empezades recordade algunhas cousas que xuntos aprendimos, e non vos olvidedes do cole de onde vides. Moitos bicos a todos e moita, moita sorte.

    ResponderEliminar
  5. Jo como nos vamos a olvidar da nosa profe de sociais e Xefa de Estudios. Tamén nos acordamos dos que fuchedes os nosos profes e xa non estades aqui,aos que tamén votaremos de menos recordaremos. grazas a todos

    ResponderEliminar
  6. Como non me vou acordar de Maria a xefa de estudios, eu creo que nos acordaremos todos... jajaja....pero tamen me acorderei do resto de profes.gracias a todos

    ResponderEliminar
  7. Parece mentira que xa vos forades do colegio....nótase que falta alguén no cole!!!!!
    EXTRAÑAREMOSVOS MOITO!!!!!!!!
    Esperemos que nos visitedes!!!

    ResponderEliminar
  8. pos si ainda k pareza mentira xa nos fumos e a verdade e k onde estamos e penso k case todos estamos moi ben!!!!!!!!!!!!!!!!
    e o meyor algun dia vamos x facer unha visita!!!!!!!!!!!!!!!!

    ResponderEliminar