martes, 27 de abril de 2010

MARCAPÁXINAS SOLIDARIOS




O 23 de Abril, Día do Libro, o noso centro reescribirá o futuro de miles de nenos e nenas que non poden aprender a ler nin escribir.

A través do concurso de “Marcapáxinas solidarios” o noso centro promoverá educación en valores solidarios e o gusto pola lectura entre o alumnado e as familias.



Descrición da actividade:

-Os alumnos traballarán nas titorías na creación de marcapáxinas solidarios (debuxo, texto, collage, etc.)
-O 23 de Abril, conmemorando o Día do Libro, todos os marcapáxinas serán expostos na Biblioteca do centro, e un xurado adxudicará premios aos mellores traballos, tendo en conta a súa calidade artística e mensaxe solidaria.

lunes, 26 de abril de 2010

UN GOL POLA EDUCACIÓN II





               

viernes, 23 de abril de 2010

ENVÍO DO MATERIAL "SCHOOL TO SCHOOL" Á INDIA

Co envío do material realizado no noso centro durante o presente curso académico 2009-2010 á delegación da Fundación Vicente Ferrer, damos por finalizada a nosa acción dentro do Proxecto "School to School". Neste paquete enviamos todo o material gráfico e audiovisual elaborado durante os dous primeiros trimestres no noso centro. Como fase final, estamos á espera de recibir a contrapartida do centro adxudicado na India, Konapali School (Anantapur).

Material enviado:
•Mapa xeral situando España e a India no mundo.
•Mapa específico situando Monfero en Galicia, e Galicia en España.
•Dossier en papel: presentación de Monferosolidario, e memoria de actividades desenvolvidas dentro do proxecto “School to School” durante o curso académico 2009-2010.
•Dous dvds coa presentación audiovisual de Monferosolidario, e memoria de actividades desenvolvidas dentro do proxecto “School to School” durante o curso académico 2009-2010.
•Dossier gráfico sobre os libros da exposición “A India”.
•Libro realizado polo alumnado de Educación Infantil.
•Fotografías e presentacións realizadas polo alumnado de Educación Infantil e 2º da E.S.O.
•Obxecto elexido polo centro: figura da Torre de Hércules.
•Explicación sobre a Torre de Hércules.







martes, 20 de abril de 2010

PARTICIPAMOS NA SAME 2010

A Semana de Acción Mundial pola Educación (SAME) 2010 ponse en marcha no marco da campaña 1 GOL pola educación, promovida pola CME e avalada pola FIFA.

Os alumnos e alumnas de 2º da ESO asinaron o seu compromiso para lograr unha Educación para Todos e Todas en 2015. Visitamos a páxina web (http://www.1gol.org/), para coñecer cómo a educación cambia a vida das persoas, consultar as noticias da campaña e visitar as actividades que se están a realizar noutras partes do mundo. Eleximos o campo de fútbol do noso cole para facer un xesto por un gol pola educación, que quedou inmortalizado nas seguintes instantánteas.










martes, 13 de abril de 2010

UN GOL POLA EDUCACIÓN I

A Semana de Acción Mundial pola Educación (SAME) de 2010 pon en marcha no marco da campaña 1 GOL pola educación, promovida pola Campaña Mundial pola Educación xunto coa FIFA. A Copa do Mundo de Fútbol que se celebrará en Sudáfrica en xuño de 2010 é unha oportunidade única para cHegar a millóns de persoas e invitalos a que lle pidan aos líderes da comunidade internacional que lle dean prioridade á educación nas súas axendas

Dende a nosa escola queremos apoiar esta iniciativa, e os nosos/as alumnos/as farás as súas propias propostas a través de debuxos e lemas, que serán expostos nun enorme panel á entrada do edificio de secundaria. Nós tamén queremos marcar un GOOOOL...



Albita e Magdalena


Yaiza e Marta

Enfrascados na tarefa