miércoles, 27 de enero de 2010

30 XANEIRO. DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E A PAZ


Para que a paz sexa algo máis ca un conto

Moitas persoas diante da idea de escribir, investigar, educar ou traballar sobre a paz e os conflitos, exclaman, ah!, pero..., é que estamos en guerra?. Esta actitude, de certa incredulidade, ese sorriso condescendente cando falamos de Cultura de Paz, colócanos -de inmediato- sobre unha realidade da que, ás veces, non somos plenamente conscientes, xa que para un bo número de cidadáns e cidadás, para moitos alumnos e alumnas, a guerra e os conflitos son, por sorte, horizontes afastados, nada que teña que ver coas súas propias vidas cotiás, máis ou menos acomodadas, na sociedade da opulencia e o benestar, nos barrios ricos do planeta.
Para outras, a guerra, a violencia, son un recordo vago, unha historia que se perde entre brumas pretéritas, salvo para aquelas que tiveron a desgraza de vivir e de sobrevivir á “Victoria” e non á Paz, ao medo e ao espanto, aos silencios que aterrorizaron a alma e enmudeceron a memoria. Por iso resulta imprescindible falar, estudar, investigar, reflexionar, sobre a guerra, as guerras e a violencia, entre outras cousas, para espantar ós nosos propios demos, os únicos que existen, aqueles que aniñan no máis profundo do noso corazón, así de sinxelo o dicía Mahatma Gandhi.
Difundamos na escola, na vida e na sociedade, que a paz é moito máis que un fermoso conto infantil, de pombas e globos... para representar cada ano a finais do mes de xaneiro, no cabodano da morte do Mahatma Gandhi.

A cultura da paz tense que implantar nas nosas vidas potenciando a educación para a paz, a non-violencia e os dereitos humanos, a través da promoción da investigación para a paz, da eliminación da intolerancia, da promoción do diálogo e da non-violencia, dos valores, actitudes, prácticas, sentimentos e crenzas que acaban conformando a paz.

Traballemos tódolos días por unha cultura de paz


Os alumnos de 2º e 3º da E.S.O. fixeron un mural donde expresaron e reflexionaron, mediante debuxos e textos, o que é para eles a paz









2 comentarios:

  1. Natalia y Lucía o.29 de enero de 2010, 11:21

    Hoxe día 29-1-2010 realízase no noso colexio un rastro solidario para recaudar fondos para Haití.
    Vimos na televisión unha reportaxe sobre como lles tiñan que amputar algunha parte do corpo á xente que quedou ferida para evitar que morresen.
    Parécenos moi ben que se faga isto porque necesitan toda a axuda posible.

    ResponderEliminar
  2. Pareceme xenial que se faga un rastro para enviar fondos para Haití, xa que o están necesitando moito polo seísmo!!!!!! Todo o mundo debería facer o mesmo!!!!!!!

    ResponderEliminar