viernes, 11 de diciembre de 2009

MENÚ DEGUSTACIÓN DE GASTRONOMÍA TÍPICA DA INDIA

O venres 11 disfrutamos dun sabroso menú degustación da gastronomía típica da India, que consistiu en:

-1º prato: pakoras
-2º prato: polo ao curry con arroz basmati
-Sobremesa: batido de banana.

Os/as nenos/as de Infantil comendo polo ao curry

Iago, o cociñeiro, entre os fumes dos fogóns


Iago, amosando as pakoras

Crónica do noso cociñeiro Iago Arias:

O menú seleccionado para este día constou dunha serie de pratos que protagonizan a extraordinaria cociña hindú.
Comezamos cun primeiro prato chamado “pakora”, consistente nunha fritura de verduras empregando para elo fariña de garabanzo, en troques da nosa fariña de trigo. De seguido, o tradicional polo ao curry, con arroz basmati, vianda representativa da cociña india, baseado no aderezo da carne coa mestura de distintas especies que constitúen o curry, garnecido con arroz basmati, caracterizado polos seus matices aromáticos. Poñendo fin a sobremesa cun refrescante batido de prátano.
Este tipo de xornadas bríndanos a oportunidade de coñecer e experimentar novos sabores vindeiros doutras gastronomías tan dispares á nosa, como a hindú, rica no emprego de multitude de especias, aromas e matices, sabores exóticos que nos transportan a outros mundos a través do padal.
Convén aproveitar iniciativas coma esta para traballar dende a escola o coñecemento de distintas culturas gastronómicas, dando un pequeno paso na formación culinaria dos mozos e as mozas.
Iago Arias

3 comentarios:

  1. unha seguidora do blogue14 de diciembre de 2009, 23:11

    Noraboa por todas as cousas que estades facendo. Todas estas actividades acercan aos alumnos e alumnas a realidade de outras culturas,de outras costumes...
    Unha boa forma de educar!!

    ResponderEliminar