domingo, 19 de abril de 2009

20-26 Abril 2009. SEMANA DE ACCIÓN MUNDIAL POLA EDUCACIÓN


Este ano baixo o lema "Abre un libro, abre o mundo", millóns de nenos e nenas, docentes e activistas participarán "Na gran lectura" e esixirán os seus representantes políticos que garantan a tódalas persoas o dereito de aprender a ler e escribir.
Con tal motivo e aproveitando a "Semana Mundial pola Educación" e "O día do libro", o noso centro reescribirá o futuro de miles de nenos e nenas que non poden aprender a ler nin escribir.

A través do concurso de “Marcapáxinas solidarios” o noso centro promoverá a educación en valores solidarios e o gusto pola lectura entre o alumnado e as familias.

Descrición da actividade:

 Os alumnos traballarán nas titorías na creación de marcapáxinas solidarios (debuxo, texto, collage, etc.). Os traballos serán entregados antes do mércores 22 de Abril.
 O 23 de Abril, conmemorando o Día do Libro, todos os marcapáxinas serán expostos nos taboleiros da Biblioteca Escolar, e un xurado adxudicará premios aos mellores traballos, tendo en conta a súa calidade artística e mensaxe solidaria (os textos serán escritos en galego, xa que os premios son financiados polo Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística)
 Posteriormente todos os marcapáxinas serán entregados aos seus autores, que repartirán entre lectores do seu contorno a cambio dun pequeno donativo (0’50 €, 1 €, por exemplo), e así axudar a ofrecer unha educación de calidade a miles de nenos e nenas.
 Os cartos recaudados serán enviados á O.N.G. Save the Children


Material entregado aos Titores:

 Guía didáctica, con propostas para desenvolver nas aulas o Día do Libro, celebrándo esta data especial como un día de lectura e solidariedade.
 Follas con marcapáxinas recortables, asinados por escritores solidarios, para que os alumnos/as participantes poidan traballar neles con debuxos, textos, collages, etc.

Monfero, 15 Abril 2009

3 comentarios:

  1. moitas gracias por vir aqui

    ResponderEliminar
  2. Daniel Vázquez Coira.24 de abril de 2009, 13:24

    Pareceme moi axeitado que na semana da educacion aportemos o noso gran de area facendo os marcadores solidario.

    ResponderEliminar
  3. Os marcapaxinas son moi bonitos.
    A idea foi boa.
    Doulles as grazas as profesoras Yolanda e Veronica

    ResponderEliminar