sábado, 14 de marzo de 2009

O NOSO C.P.I NO ENCONTRO INTERCENTROS DA ONG ENTRECULTURAS

DIARIO DE FERROL
A solidariedade prospera nas aulas
REPORTAJE DE M.M.COOPERACIÓN >
Dous colexios da comarca súmanse á Rede Solidaria na que participan xa máis de vinte en toda Galícia.

Pasaron xa sete anos dende que a ONG Entreculturas creou a Rede Solidaria da Mocidade e catro desde que callou en Galicia. No presente curso, máis de vinte centros escolares da comunidade participan no programa, que se articula como a suma de moitas ideas e iniciativas para axudar á poboación desfavorecida, dos países mais pobres do mundo ou do mesmo vecindario. A Rede Solidaria está a medrar tamén na comarca. O colexio Jesús Maestro foi o primeiro e leva xá tres anos participando, pero neste curso sumáronse o CPI Virxe da Cela, de Monfero, e o Conde de Fenosa, en Ares. Alumnos e profesores destes tres centros asistiron este pasado fin de semana, no IES de Elviña, na Coruña, a unha xuntanza que serviu para comezar a definir a axenda de traballo de cada centro para os vindeiros meses.Segundo explicou Ana Martín, coordinadora da Rede Solidaria, os centros que acaban de inscribirse comezarán por facer unha labor de concienciación dos rapaces, de reflexión sobre os problemas e inxustizas que hai no mundo que os rodea. Logo, eles mesmos propoñen actividades e fórmulas para mellorar a situación na medida das súas posibilidades.En conxunto, tódolos centros da rede están chamados a participar na campaña “Dillo a todo o mundo”, plasmando mensaxes e ideas na web www.diseloatodoelmundo.org.
























No hay comentarios:

Publicar un comentario