lunes, 21 de diciembre de 2009

XORNADA DE SENSIBILIZACIÓN: COMERCIO XUSTO E CONSUMO RESPONSABLE.

Luns 21 de Decembro: A pesares do mal tempo, que impediu que o transporte escolar chegara ao noso centro, un reducido grupo de alumnos/as disfrutaron dunha xornada especial, con obradoiros e charlas de sensibilización impartidos pola O.N.G. "A Cova da Terra".

Obradoiros para a construcción de agasallos e xoguetes para Educación Infantil e Educación Primaria:

-Marco de foto.: Lapiceiro nadal Cartóns, botes de iogurt, pinturas, pinceis.
-Paos de choiva: Cartóns de papel hixiénico, papeis de regalo, celo, sementes, arroz, garbanzos.
-Coches: Cartóns, caixas cadradas de galletas ou tetrabriks, papel de regalo, celo.



O alumnado de infantil elaborando "paos de choiva"


Obradoiro do alumnado de primaria


Así de bonitos quedaron os marcos coas fotos dos pequenos

Charlas sobre Comercio Xusto e Consumo Responsable: para Educación Secundaria.



Bea, da ONG "A Cova da Terra", impartindo a charla sobre comercio xusto e consumo responsable



Tenda de Comercio Xusto: Como complemento a estas actividades, colocouse na entrada do edificio de secundaria un expositor con productos de Comercio Xusto (comestibles, artesanía, pequenos agasallos, etc). Profesorado e alumnado do centro aproveitou para facer as típicas compras navideñas, e contribuíndo a un comercio máis xusto favorecendo aos pequenos productores dos países máis pobres.










Recadación da tenda de Comercio Xusto: 660'95 euros, é o importe do resultado das vendas no noso animado "chiringuito do Comercio Xusto"


As alumnas de 3º da ESO facendo reconto dos cartos recadados

viernes, 18 de diciembre de 2009

A INDIA RURAL E A FUNDACIÓN VICENTE FERRER (II)

O xoves 17 de Decembro realizamos a segunda e última xornada de charlas e obradoiros sobre "A India rural e o proxecto da Fundación Vicente Ferrer". O alumnado de 3º da E.S.O. impartiu a charla ao alumnado de 3º ciclo de Educación Primaria, e simultaneamente, en outra aula, o alumnado de 4º da E.S.O. facía o mesmo co alumnado de 1º ciclo da E.S.O. Damos por concluída a primeira fase do noso proxecto School to School, coas actividades programadas para o primeiro trimestre.







lunes, 14 de diciembre de 2009

Monferosolidario: Educación en valores e corresponsabilidade comunitaria.

Co título "Monferosolidario: Educación en valores e corresponsabilidade comunitaria", participamos como ponentes nas "Xornadas de Atención á Diversidade: Mellora do clima de aula", organizadas pola Consellería de Educación da Xunta de Galicia e celebradas no Palacio de Congresos de Santiago de Compostela, os días 11 e 12 de Decembro de 2009.



viernes, 11 de diciembre de 2009

MENÚ DEGUSTACIÓN DE GASTRONOMÍA TÍPICA DA INDIA

O venres 11 disfrutamos dun sabroso menú degustación da gastronomía típica da India, que consistiu en:

-1º prato: pakoras
-2º prato: polo ao curry con arroz basmati
-Sobremesa: batido de banana.

Os/as nenos/as de Infantil comendo polo ao curry

Iago, o cociñeiro, entre os fumes dos fogóns


Iago, amosando as pakoras

Crónica do noso cociñeiro Iago Arias:

O menú seleccionado para este día constou dunha serie de pratos que protagonizan a extraordinaria cociña hindú.
Comezamos cun primeiro prato chamado “pakora”, consistente nunha fritura de verduras empregando para elo fariña de garabanzo, en troques da nosa fariña de trigo. De seguido, o tradicional polo ao curry, con arroz basmati, vianda representativa da cociña india, baseado no aderezo da carne coa mestura de distintas especies que constitúen o curry, garnecido con arroz basmati, caracterizado polos seus matices aromáticos. Poñendo fin a sobremesa cun refrescante batido de prátano.
Este tipo de xornadas bríndanos a oportunidade de coñecer e experimentar novos sabores vindeiros doutras gastronomías tan dispares á nosa, como a hindú, rica no emprego de multitude de especias, aromas e matices, sabores exóticos que nos transportan a outros mundos a través do padal.
Convén aproveitar iniciativas coma esta para traballar dende a escola o coñecemento de distintas culturas gastronómicas, dando un pequeno paso na formación culinaria dos mozos e as mozas.
Iago Arias

A INDIA RURAL E A FUNDACIÓN VICENTE FERRER (I)

Xoves 10 de Decembro de 2009: Os alumnos e alumnas de 3º e 4º da E.S.O. foron os protagonistas dunha xornada de difusión do importantísimo labor de Vicente Ferrer na India. Realizaron actividades deseñadas para o Proxecto School to School que estase levando a cabo este curso, facendo un intercambio cultural entre o noso centro e unha escola de Anantapur, na India. As actividades consistiron en:
1.- Impartir charlas co título "A India rural e o proxecto da Fundación Vicente Ferrer", con visionado de diapositivas.
2.- Realización de diversos obradoiros na Biblioteca Escolar: danzas típicas da India, láminas e debuxos apreciando diferencias entre a nosa cultura e a cultura india, vestimentas típicas da India, etc.

Programamos todas as actividades que se realizaron simultáneamente en diferentes espazos do noso centro. Distribución:

-Espazo UUMM1, de 14:45 a 16:25, o alumnado 4º E.S.O. imparte a charla ao alumnado 2º Ciclo Ed. Primaria
-Espazo UUMM2, de 14:45 a 15:35, o alumnado 3º E.S.O. (grupo A) imparte a charla ao lumnado Ed. Infantil
-Espazo UUMM2, de 15:35 a 16:25, o alumnado de 3º E.S.O. (grupo B) imparte a charla ao lumnado 1º Ciclo Ed. Primaria
-Bibliteca Escolar, de 14:45 a 15:35, o alumnado de 3º E.S.O. (grupo B) realiza obradoiros para o alumnado de 1º Ciclo de Ed. Primaria.
-Biblioteca Escolar, de 15:35 a 16:25, o alumnado de 3º E.S.O. (grupo A) realiza obradoiros para o alumnado de Ed. Infantil.

Saúdo "namasté", e mandalas de fondo

Danzas tradicionais da India


Iria, Desiré e Vanesa no obradoiro de debuxos


Mandalas


Obradoiro de debuxos

Desiré, Iria e Vanesa (3º E.S.O.) impartindo a charla


Luz Mery (3º E.S.O.) impartindo a charla e Alejandro de técnico de imaxe e son



Luz Mery falando de Vicente Ferrer

lunes, 30 de noviembre de 2009

DÍA MUNDIAL DA SIDA

1 de Decembro, Día Mundial da Sida.

VISITA AO C.P.I. "CRUZ DO SAR", BERGONDO

O luns 30 de novembro 3 alumnas do noso centro, acompañadas pola profesora Yolanda Castro, visitaron o C.P.I. Cruz do Sar, en Bergondo (A Coruña) para presentar o noso proxecto Monferosolidario, convidados pola O.N.G. Entreculturas.











jueves, 26 de noviembre de 2009

25 NOVEMBRO.DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

“A EDUCACIÓN EN IGUALDADE, EIXE PRIORITARIO NA LOITA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO.

A violencia contra as mulleres segue presente no noso mundo como unha lacra social que repercute directa ou indirectamente na vida de todas as mulleres.
A violencia de xénero, que consiste na violencia que se exerce sobre as mulleres, polo simple feito de selo, ten a súa orixe na posición de desigualdade na que as mulleres están situadas na sociedade.A violencia contra as mulleres, represéntase de moi diversas formas: violacións, acosos sexuais e laborais, no sexismo publicitario, na trata de mulleres e nenas, na prostitución, na mutilación xenital, na feminización da pobreza, na marxinación da política, na invisibilidade das nosas achegas, na eliminación da nosa Historia,…
Todos deberíamos ter claro que a violencia de xénero non desaparecerá mentres non acabemos coa discriminación que as mulleres sofren nesta sociedade.


En España, 800.000 nenos e nenas sofren as súas consecuencias.
Independentemente de que os nenos e nenas estean presentes ou non en escenas de violencia explícita, a tensión que se vive nestes fogares lles afecta directamente e ten consecuencias a curto, medio e longo prazo, afectando a todas as esferas de desenvolvemento dos nenos e nenas. En España existen 800.000 nenos e nenas vítimas de violencia de xénero e, deles, 200.000 son fillos e fillas de mulleres que recibiron ordes de protección, e calcúlase que tan só o 4% do total reciben atención especializada.
Sen embargo, os nenos e as nenas, fillos e fillas das mulleres vítimas de violencia de xénero non están sendo considerados vítimas directas desta violencia, quedando invisibilizados.
“Os fillos e fillas de mulleres vítimas de violencia de xénero adoitan presentar alteracións físicas, emocionais e conductuais tales como trastornos do sono ou da alimentación, cadros de ansiedade, estrés, baixa autoestima ou depresión, agresividade ou depresión, dificultades de concentración e alteracións no rendemento escolar”.
( Montserrat Tohà directora da Fundación IreS)
Por todo, queremos alzar a nosa voz para reclamar que se recoñeza aos nenos e nenas que sofren violencia familiar e de xénero na casa como vítimas desta violencia, que se cuantifique o número real de nenos e nenas que se encontran nesta situación e que todos aqueles profesionais que realicen unha intervención con estes nenos e nenas teñan unha formación específica tanto en infancia coma en violencia de xénero; especialmente os profesionais dos xulgados de violencia de xénero que atenden ás mulleres e os seus fillos e fillas cando van a pór unha denuncia.



Unha vida sin violencia é un dereito humano fundamental.

Testimonios dos fillos e fillas da violencia de xénero



domingo, 22 de noviembre de 2009

A CIDADE DA ALEGRÍA


Drama sobre a pobreza baseado no best-seller homónimo de Dominique Lapierre, sobre os desherdados e a miseria dos habitantes da India. A película céntrase na historia dun xoven cirurxián norteamericano desilusionado (Patrick Swayze) que, tras perder a unha paciente, viaxa á India en busca de paz espiritual. En Calcuta, tras ser mallado e roubado, é axudado por un campesiño indio e unha enfermeira que o levan a unha clínica na Cidade da alegría, unha das zonas máis pobres de Calcuta. Condenados a ser heroes, pelexarán, loitarán e vencerán no medio das inundacións, a pobreza, a miseria, os deuses, as festas e as setenta mil "luces do mundo "que poboan A cidade da Alegría. A súa epopeia é un canto de amor, un himno á vida, unha lección de tenrura e de esperanza para todas as persoas do noso tempo.


jueves, 19 de noviembre de 2009

20 DE NOVEMBRO: DÍA INTERNACIONAL DOS DEREITOS DOS NENOS

Día Mundial da Infancia: o dereito a vivir en Paz.

Todos temos dereitos, adultos e nenos. A gran diferenza é que os adultos podemos pelexar por eles, esixir que se cumpran, en cambio os nenos, necesitan de nós para que os seus dereitos respétense. O neno debe ser protexido e coidado, non só pola súa familia e o seu grupo primario, polo Estado, polos políticos, pola cidadanía enteira. Os dereitos dos nenos son tan amplos como amplos son os aspectos dunha vida, teñen dereito a estudar, a vivir en condicións dignas, a que se coide da súa saúde (física e mental), a ser alimentados e sobre todo amados. Cada un de nós, seguramente desde o seu lugar, tenta que estes dereitos sexan respetados, pero non sempre a realidade permite que iso se cumpra. As políticas de seguridade social, saúde, educación moitas veces non contemplan estes dereitos básicos. É un deber de todos coñecer cales son os dereitos que os nosos mozos teñen porque, coñecendo, é máis fácil loitar por que todos gocen deles.
Todos e cada un dos dereitos da infancia son inalienables, irrenunciables, innatos e imprescindibles para unha boa infancia.

A proposta didáctica deste ano para o 20 de novembro céntrase na interculturalidade, entendida como unha diversidade positiva e enriquecedora. O obxectivo é que os nenos, nenas e moz@s comprendan que na realidade coexisten opinións diferentes, relixións diferentes e nacionalidades diferentes, sen ser unhas máis válidas que as outras e merecendo todas o mesmo respecto.

miércoles, 18 de noviembre de 2009

REMATE DA CAMPAÑA "SHOES FOR AFRICA"

O martes 17 de Novembro dimos por concluída a campaña de sensibilización "Shoes for Africa", levada a cabo no noso centro dende o 3 ao 16 de Novembro, seguindo a iniciativa de Kiwi (coidado para o calzado), o Corte Inglés e Hipercor e co apadriñamento da Fundación de Samuel Eto'o. Durante duas semanas o alumnado e as familias achegáronse ao centro para depositar calzado usado, e deste xeito aprender do consumo responsable, posibilitando otro uso a obxectos xa utilizados, e aportando a nosa pequena contribución para que homes, mulleres en nenos en África podan levar zapatos.



Teresa, profe de CCSS e encargada de AAEE, posa coas alumnas de 3º da E.S.O.,
amosando a cantidade de material recollido.

.

Yolanda, profe de Relixión, entregando as bolsas con zapatos no Corte Inglés da Coruña.

martes, 17 de noviembre de 2009

VISITA A SOTAVENTO

O luns 16 de Novembro de 2009 visitamos o Parque Eólico Experimental de Sotavento, ubicado na Serra de Loba, entre os municipios de Xermade (Lugo) e Monfero (A Coruña), inaugurado no 2001. O parque investiga, desenvolve e produce enerxía, contando cunha selección de 24 aeroxeneradores. Conta tamén cun plan educativo divulgativo propio que, iniciado en Xaneiro de 2002, que consiste en promover o aforro e a eficiencia enerxética entre os escolares.

Consideramos de gran interese a adquisición de coñecementos e conciencia crítica para reforzar os contidos impartidos dende as materias de Tecnoloxía, Ciencias Sociais e Educación para a Cidadanía, na E.S.O.

O alumnado de 1º, 2º e 3º da ESO realizou unha visita guiada polas instalacións. Os monitores explicaron de maneira lúdica e amena a importancia das enerxías renovables en Galicia: solar, hidráulica, de hidróxeno, biocombustible, e sobre todo eólica. Percorrimos as instalacións do centro, visionamos un documental sobre a producción de enerxía, aprendemos ideas para o aforro energético doméstico, que tentaremos levar á practica nas nosas propias casas, fixemos un pequeno paseo (en bus, xa que a choiva nos acompañou nesta xornada) polo parque, ollando de preto os aeroxeneradores. Os profesores acompañantes tiveron a oportunidade de mostrar as súas dotes de condutores nun pequeno obradoiro de condución eficiente.




Atendendo ás explicacións do monitor

O alumnado descubrindo as propiedades do hidróxeno

O alumnado co profe de Tecnoloxía e a profe de CCSS


Visita ao Parque Eólico. Vista dun aeroxenerador


Os profes de Tecnoloxía, CCSS e EPC no curso de Condución Eficiente

martes, 10 de noviembre de 2009

A ESPALDA DO MUNDO




Primeira longametraxe do peruano Javier Corchera, autor de varios documentais como Minuesa, una ocupación con historia (1994); Refugiados (1995); Perú, presos inocentes (1996) o Chiapas, hablan los rebeldes (1998). O guión é do propio Javier Corchera, Fernando León de Aranoa (director de Barrio) e de Elías Querejeta, que é tamén o productor. O guión deste documental comenxou a xestarse en París, nos días nos que se conmemoraba o 50 aniversario da Declaración dos Dereitos Humáns.

Guinder Rodríguez ten once anos. Pertence a unha familia composta por pai, nai, e tres irmáns máis. Viven nunha casa-chabola en Carabaillo, un pobo na periferia de Lima, Perú. Igual que os seus amigos, Michael, Cuti, Raúl e Martín, Guinder trabilla como picapedreiro e intenta compaxinar traballo e educación.










viernes, 6 de noviembre de 2009

CONCURSO DE LOGOTIPOS "MONFERO SOLIDARIO"

O Departamento de Debuxo en colaboración co proxecto Monfero Solidario” organiza un concurso de logotipos dirixido a todos os alumnos e alumnas deste centro.

BASES:

1. Dirixido a : Todos os alumnos/as do CPI “Virxe da Cela”, que poderán participar de forma individual ou por parellas.

2. Tema: O Concurso ten por obxecto a creación dun deseño gráfico que identifique Monfero Solidario en todos os ámbitos, e á vez convertirase na imaxe representativa do mesmo. Valorarase calquera tipo de referencia que se identifique coas actividades de “Monfero Solidario”.

3. Lema: O logotipo poderá incluír texto: “Monfero Solidario” ou ser simplemente gráficos (unha imaxe). Tamén se poden presentar lemas relativos ao tema.

4. Formato: Tamaño mínimo un A4 (21x29,7 cm) e máximo un A3 (29,7x42 cm).

5. Técnica: Poderase utilizar calquera tipo de técnica bidimensional: rotuladores, lapis, témperas, collage, ordenador etc. Non poderá ter ningún tipo de elemento tridimensional: cortes, encartados, obxectos pegados, etc. Non se poden usar cores metalizadas nin purpurina.

6. Características: So poden utilizarse un máximo de 2 cores planas, sin contar o branco . Ten que ser unha imaxe moi sinxela tanto na forma como na súa interpretación.

7. Data límite de entrega: Mércores 9 de decembro de 2009. Entregaranse ás profesoras de Plástica ou nos Departamentos de Música e Relixión.

8. Premios: Os premios entregaranse o día 22 de decembro. Outorgaranse tres premios consistentes en cheques-regalo para a compra de material escolar. Un premio para infantil e primaria, outro premio para secundaria e o 1º premio, que ademais do cheque-regalo será o logotipo que “Monfero Solidario” utilizará no blogue e en calquera outro soporte que represente ao proxecto. Farase unha exposición dos traballos presentados no centro e no blogue.

9. Xurado: O xurado estará composto por profesores/as deste centro.
Animádevos!!!