jueves, 21 de marzo de 2013

DOWN CORUÑA



Por segundo ano consecutivo a Asociación Down Coruña visitou o CPI Virxe da Cela para impartir un obradoiro de sensibilización sobre a discapacidade. A través da charla e de diversas dinámicas, os catro monitores/as trataron de construír no noso alumnado de ESO e PCPI unha imaxe máis acertada das persoas que padecen Síndrome de Down, xa que moitas veces a discapacidade está na mirada dos outros. Esta actividade tivo lugar o pasado martes 19 de marzo de 2013, aproveitando que é nesta semana cando se celebra do Día Mundial do Síndrome de Down (21 de marzo). No ano 2006, a Down Sindrome International, fixou ao 21 de marzo como a data para celebrar o día mundial das persoas que padecen este síndrome. Elixiron esta data por ser o Síndrome de Down unha trisomía do par 21, é dicir, que no par 21 teñen 3 cromosomas. O obxectivo desta celebración é promover na sociedade o coñecemento e a comprensión coas persoas con Síndrome de Down, creando así unha conciencia positiva, para apoialos, respectalos e recoñecer a súa dignidade, os seus dereitos e o seu benestar.

1 comentario:

  1. sandra y jennifer8 de abril de 2013, 16:26

    Sandra y Jennifer: Os alumnos de 3º e 4º de Eso tivemos o día 21 de marzo que foi o día mundial do Síndrome de Down. Viñeron tres persoas a falarnos sobre como se sinten ou os problemas que teñen, xa que teñen o mismo dereito que todos. Fixemos uns xogos que nos situaban na situación que se encontran eles nalgúns momentos e así relacionarnos con todos.

    ResponderEliminar