A SAME (Semana de Acción Mundial pola Educación) é unha das actividades máis significativas da Campaña Mundial Pola Educación (CME). Desde Monferosolidario queremos convidarvos a facer unha sinxela actividade co voso alumnado na semana do 22 ao 28 de abril de 2024: -A cada titoría entregarase un póster de Super-T (o superheroe desta campaña) e un modelo de “bocadillos” para fotocopiar e cubrir polo alumnado. -Nos “bocadillos” o alumnado escribirá diferentes mensaxes con ideas para transformar e mellorar o mundo acabando coas inxustizas para que convivamos en paz. -O venres 28 de abril de 2024, como acto de clausura desta Semana de Acción Mundial Pola Educación, os titores/as baixarán co seu alumnado ao patio cuberto a pegar nun panel xigante as súas propostas para transformar o mundo.
lunes, 22 de abril de 2024
jueves, 18 de abril de 2024
Visita á illa de Santa Cruz
O alumnado de 5º e 6º EP foi a visitar illa de Santa Cruz e a sede do CEIDA. Durante a visita, os nosos nosos acompañantes (expertos do CEIDA), contáronnos a historia do castelo (dende o seu pasado como fortaleza militar, pasando a ser a vivenda de verán de Emilia Pardo Bazán, os seus anos como orfanato ou a súa actual labor como espazo didáctico de divulgación medioambiental. Tal e como aprendimos hoxe, a historia da illa marca o seu pasado protector: social, ambiental e militar.
Ademais, coñecemos as diferentes expecies protexidas que viven na illa, aprendendo a lenda da herba de namorar, o uso do muro do castelo como cetárea ou a historia da pardela cincenta que durante 15 anos, voluntariamente, durmiu por tempadas na recepción dun hotel próximo, ata adicáronlle un maio!
Para rematar, coñecemos a Sven, un escultor alemán que empregando lixo atopado na praia de Muros constriu un transformer de plástico que busca concienciar sobre os destragos que causa o lixo mariño.
viernes, 12 de abril de 2024
martes, 9 de abril de 2024
jueves, 4 de abril de 2024
TRANSFORMA-T PARA CON(VIVIR): CAMPAÑA MUNDIAL POLA EDUCACIÓN 2024
A través do lema “Transforma-T para (con)vivir”, neste 2024 a CME quere visibilizar a loita contra os discursos de odio e como a educación transformadora é a ferramenta para conseguir unha sociedade máis xusta e igualitaria. A coalición galega de Campaña Mundial quere facer unha chamada para que toda a sociedade se mobilice e reclame o cumprimento íntegro dos compromisos políticos en favor do ODS 4, unha Educación inclusiva, equitativa, igualitaria e de calidade para todas e todos.
Este año queremos poner el foco en identificar las causas y posibles consecuencias del discurso de odio, así como procesos para deconstruir pensamientos y narrativas violentas y construir otras prosociales y transformadoras, al tiempo que desarrollar habilidades necesarias para la convivencia en la pluralidad. En este contexto, la Educación Transformadora para la Ciudadanía Global (ETCG) es clave para hacer frente a la incitación al odio y avanzar hacia sociedades pacíficas, justas e inclusivas que posibiliten el logro de los siguientes Objetivos de Desarrollo Sostenible (ODS): ODS 4 Garantizar una educación inclusiva, equitativa y de calidad y promover oportunidades de aprendizaje durante toda la vida para todas las personas, ODS 10 Reducir la desigualdad en y entre los países, ODS 16 Promover sociedades justas, pacíficas e inclusivas.
A CAMPAÑA MUNDIAL POLA EDUCACIÓN é unha coalición internacional formada por ONG, sindicatos do entorno educativo, centros escolares e movementos sociais de moi diverso signo, que ten o obxectivo principal de mobilizar á cidadanía para reclamar o cumprimento íntegro dos compromisos internacionais asinados polos estados, e así garantir o acceso a unha educación pública e de calidade para todas as persoas do mundo. O empoderamento e mobilización das persoas son un rol fundamental da Campaña Mundial pola Educación: a unión de toda a sociedade baixo a mesma mensaxe e co mesmo obxectivo a defensa do dereito humano á Educación.
lunes, 1 de abril de 2024
PROTECCIÓN DOS ANIMAIS
https://www.ivoox.com/o-alumnado-4-ep-entrevista-a-marise-da-audios-mp3_rf_126274120_1.html
Descripción de O alumnado de 4ºEP entrevista a Marisé da protectora de animais de Irixoa
Cales son as principais causas do abandono animal? Que hai que facer cando atopas un animal abandonado?
Marisé, da protectora de animais Francisco de Asis de Irixoa responde tódalas dúbidas plantexadas polo alumnado de 4º...e foron moitas!!!
RTVEnxebre é un proxecto de Ayuda en Acción co apoio de Fundación Repsol e Fundación La Caixa. Desenvolve: AGARESO, Asociación Galega de Comunicación para o Cambio Social
miércoles, 20 de marzo de 2024
CONSELLO DA INFANCIA
lunes, 18 de marzo de 2024
ESCRIBINDO CARTAS AOS RAPACES E RAPAZAS DA INDIA
lunes, 11 de marzo de 2024
Donas de sí en infantil
Dende a etapa de Infantil e dentro do proxecto Donas de sí, as titorías estiveron a traballar o papel importante da familia e o rol das mulleres dentro dela. Este foi o resultado:
martes, 5 de marzo de 2024
"O MUNDO DAS CORES": APRENDENDO IGUALDADE
"O mundo das cores! é un conto nas que as protagonistas son as cores, unhas cores que non están dacordo cos seus roles e están dispostas a misturarse e a ser quen realmente queren ser.
Aquí vos deixamos o conto narrado polo alumnado de 1º de ESO
viernes, 1 de marzo de 2024
8M
Exposición de fotografías na cortiza do patio cuberto. Un membro maior (varón) do alumno/a aparece cun cartel na man onde se inclúe un consello a transmitir ás nenas de hoxe en día).
No corredor de secundaria podedes visitar esta interesante exposición para conmemorar o 8 de marzo, Día Internacional da Muller, que recolle a biografía e fai repaso dos logros de diferentes mulleres galegas en diferentes eidos: a arte, a literatura, o deporte, a pedagoxía, a ciencia, etc. Figuras destacadas como Rosalía de Castro, Isabel Zendal, Verónica Boquete, Maruja Mallo, entre outras, son as mulleres protagonistas desta exposición.
jueves, 22 de febrero de 2024
OBRADOIROS DE EDUCACIÓN EMOCIONAL
O xoves 22 de febreiro de 2024, Martín Mejuto, psicólogo, visitou o noso centro para impartir obradoiros sobre Educación Emocional. Estas visitas realízanse de maneira quincenal nas aulas de educación primaria e 1º e 2º da ESO do CPI Virxe da Cela, grazas ao patrocinio da Fundación Ayuda en Acción. Estes obradoiros xa deron comezo o curso pasado impartidos pola psicóloga Helena García, e tiveron moi boa acollida. Os nenos e nenas e os mozos e mozas están encantados con esta formación na que se traballan aspectos tan importantes como a autoestima, a igualdade e a xestión de conflitos.